A asociación Costa da Morte GDR aproba a proposta de selección de proxectos para as solicitudes de a
A Xunta Directiva da asociación Costa da Morte GDR, presidida por Manuel Muíño, celebrada onte, 17 de marzo, revisou as solicitudes de axuda presentadas ata o 31/03/2017 ao Programa Leader 2014-2020, e tomou os seguintes acordos:
1º.- Lectura e aprobación, se procede das actas de sesións anteriores.
Aprobáronse as actas das sesións anteriores.
2º.- Aprobación , se procede, de proxectos non produtivos do Programa Leader Galicia 2014-2020.
Presentáronse 3 solicitudes de axuda:
1.- Exp: L17-1920-22-0016 “Aula Aberta de Formación e Investigación Apícola (AFIA)”
O proxecto foi desestimado e realizouse un ICE Desfavorable xa que o expediente non presentara coa solicitude de axuda a documentación mínima esixida polas bases para o seu estudo. Polo que se acordou a resolución de arquivo do proxecto.
2.- Exp: L17-1920-22-0017 “Aula Aberta de Formación e Investigación Apícola (AFIA)”
Recibiuse de Agader Informe de Non Verificación do ICE Favorable que enviara o GDR, polo que se acordou a resolución de arquivo do proxecto, xa que non se pode aprobar ningún proxecto que non sexa verificado favorablemente por Agader. Así mesmo, acordouse transmitir á entidade promotora do proxecto a posibilidade de reformulación do mesmo para estudar na vindeira convocatoria, facendo as modificacións pertinentes para que o proxecto se poida considerar elixible.
3.- Exp: L17-1920-22-0022 “Desenvolvemento da marca colectiva “Costa da Morte”
Recibiuse de Agader Informe de Non Verificación do ICE Favorable que enviara o GDR, polo que se acordou a resolución de arquivo do proxecto, xa que non se pode aprobar ningún proxecto que non sexa verificado favorablemente por Agader. Así mesmo, acordouse transmitir á entidade promotora do proxecto a posibilidade de reformulación do mesmo para estudar na vindeira convocatoria, para o cal solicitarase unha xuntanza con Agader para determinar en que condicións podería ser subvencionable esta iniciativa.
3º.- Aprobación , se procede, de traspaso de fondos de proxectos non produtivos a proxectos produtivos.
Unha vez comprobado que non hai mais proxectos non produtivos de natureza privada acordouse traspasar os fondos sobrantes (87.574,38€) para o financiamento de proxectos produtivos.
Así mesmo, unha vez revisadas as propostas de axuda previstas nos ICEs de proxectos presentados por concellos, que se prevén resolver con cargo a convocatoria 2017-2018, acordouse traspasar os fondos sobrantes (57.245,72€) para o financiamento de proxectos produtivos.
Co cal acordouse modificar o cadro financeiro da convocatoria 2017-2018, traspasando un total de 144.820,10€ de proxectos non produtivos para proxectos produtivos.
4º.- Aprobación, se procede, de proxectos produtivos
Procedeuse a analizar os proxectos produtivos para a súa proposta de resolución segundo a orde de prioridade, establecida en primeira instancia pola puntuación obtida na baremación e en caso de empate por orde da data na que foi completado o expediente para remisión do ICE a Agader, quedando da seguinte forma:
Proxectos Produtivos Seleccionados:
1º.- Exp: L17-1920-22-0001 “Centro de Día Aurum”, en Zas. O orzamento ascende a 138.690,83€, e o importe da axuda sitúase nos 50.483,46€.
2º.- Exp: L17-1920-22-0024 “Creación Centro Welness”, en Escaselas (Fisterra). O orzamento ascende a 667.811,17€, e o importe da axuda sitúase nos 200.000,00€.
3º.- Exp: L17-1920-22-0019 “Campamento Turístico en Brandoñas”, Zas. O orzamento ascende a 384.500,00€, e o importe da axuda sitúase nos 130.730,00€.
4º.- Exp: L17-1920-22-0008 “Creación Carpintería de Aluminio e PVC”, no polígono de Cee. O orzamento ascende a 751.601,84€, e o importe da axuda sitúase nos 200.000,00€.
5º.- Exp: L17-1920-22-0006 “Campamento de Turismo Corzón”, en Corzón (Mazaricos). O orzamento ascende a 172.025,09€, e o importe da axuda sitúase nos 57.800,40€.
6º.- Exp: L17-1920-22-0027 “Modernización dunha Oficina de Enseñaría”, en Limideiro (Zas). O orzamento ascende a 16.111,56€, e o importe da axuda sitúase nos 5.091,25€.
7º.- Exp: L17-1920-22-0015 “Fabricación de Substrato de Cultivo a partir de Residuos”, en Castrelo (Vimianzo). O orzamento ascende a 148.287,00€, e o importe da axuda sitúase nos 45.079,25€.
8º.- Exp: L17-1920-22-0014 “Creación de Carpintería de Madeira”, no polígono de Bértoa (Carballo). O orzamento ascende a 303.356,49€, e o importe da axuda sitúase nos 26.747,09€ e tamén queda na lista de agarda con 64.259,86€.
Co que, o montante de investimento aceptado destes 8 proxectos ascende a 2.582.383,98€, a axuda concedida 715.931,48€, o emprego a consolidar 16,72 UTAs e o emprego a crear 23,50 UTAs.
Proxectos Produtivos en Lista de Agarda:
Quedaron en lista de agarda outros 9 Proxectos:
1.- Melloras Tecnolóxicas en Industria Cárnica (Vimianzo)
2.- Investimento Parque Multiaventura e curso de Formación (A Laracha)
3.- Creación – Instalación Panadería (Cabana de Bergantiños)
4.- Residencia Canina (Carballo)
5.- Melloras para Aforro Enerxético (Vimianzo)
6.- Construción Nave e Modernización maquinaria no polígono de Cee
7.- Adquisición de Maquinaria para retirada de herba artificial (Vimianzo)
8.- Instalacións para mellora de competitividade no comercio ao por maior (Carballo)
9.- Ampliación capacidade produtiva da empresa (Vimianzo)
Proxectos Produtivos Arquivados:
1.- Acordouse arquivar os seguintes proxectos por haber renunciado o promotor:
1º.- Exp: L17-1920-22-0028 “Creación de Fábrica de Cervexa Artesanal en Fornelos” (Zas)
2º.- Exp: L17-1920-22-0005 “Instalación de caldeira xeotérmica con chan radiante para criadeiro de setas” (Cabana de Bergantiños)
3º.- Exp: L17-1920-22-0023 “Mellora Sistema Produtivo da Empresa” (Carballo)
4º.- Exp: L17-1920-22-0026 “Mellora Competitiva e Capacidade Produtiva da Empresa” (Carballo)
2.- Acordouse arquivar os seguintes proxectos por ter verificación de ICE Desfavorable por non presentar coa solicitude de axuda a documentación mínima esixida polas bases para o seu estudo.
1º.- Exp: l17-1920-22-0004 “Adquisición de maquinaria para a retirada de herba articificial” (Vimianzo)
2º.- Exp: L17-1920-22-0011 “Melloras para aforro enerxético” (Vimianzo)
Logo enviouse AGADER a proposta de selección/non selección dos proxectos para que emita as resolucións correspondentes a esta convocatoria de selección e lle las envíe aos promotores
5º.- Modificación de gastos de funcionamento da submedida 19.4.A.
Procedeuse a explicar a necesidade de modificar os importes entre partidas do proxecto de Gastos de Funcionamento para 2017 que está aprobado por Agader, para adaptalas as cifras de execución. Unha vez explicada a modificación prevista acordouse aprobala.
6º.- Aprobación, se procede, dun novo proxecto de promoción con cargo á submedida 19.4.B
Informouse que continuando coa campaña inicial de promoción do territorio Costa da Morte faise necesario unha segunda fase para completar as accións que se están desenvolvendo con cargo a submedida 19.4.B do Leader na anualidade 2017.
Acordouse levar a cabo o proxecto “Campaña de Difusión Promocional dos servizos, dos Recursos e Fidelización do Territorio Costa da Morte” por un importe de 27.328,07€ e que sexa encadrado na mencionada submedida 19.4.B e propoñendo o seu financiamento ao 100%.
7º.- Informes de Presidencia
O Presidente informa que despois de terse celebrado o 27/07/2017 a Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación de GDRs de Galicia, entre outros asuntos acordouse propoñer a celebración dunha xuntanza dunha Comisión formada por dous directivos da Asociación e tres xerentes dos GDRs coa Conselleira do Medio Rural, para darlle traslado dunha serie de propostas para mellorar o funcionamento e a xestión do programa Leader en Galicia, destacando os seguintes puntos a mellorar:
Axilización de pagamentos dende o FOGGA e as tramitacións en AGADER
Medidas para intentar acadar o 100% de Certificación de fondos no 2017
Creación dun Grupo Técnico de Traballo con Agader para analizar a curto prazo o posible cambio das Bases Reguladoras, para axilizar as tramitacións.
Modificar o PDR ao respecto da elixibilidade de pequenos proxectos de transformación e comercialización agraalimentaria (actualmente limitado a un investimento máximo de 30.000€