Sesións informativas do GDR Costa da Morte sobre a nova convocatoria de axudas LEADER
- Admin
- hace 13 horas
- 2 Min. de lectura
Vimianzo, 9 de febreiro de 2026
O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Costa da Morte, tras a publicación o pasado 2 de febreiro da nova convocatoria de axudas para as anualidades 2026, 2027 e 2028, organiza tres sesións informativas dirixidas a persoas emprendedoras, empresas, asociacións e entidades públicas interesadas nas axudas do programa LEADER PEPAC 2023-2027. Estas sesións teñen como obxectivo dar a coñecer as características da convocatoria e do procedemento de solicitude das axudas.
As sesións celebraranse nas seguintes datas e localizacións, todas elas en horario de 18:30 a 20:00 horas:
• Luns 23 de febreiro, no Centro Sociocultural de Baio (Zas)
• Martes 24 de febreiro, na Casa da Cultura da Laracha
• Mércores 25 de febreiro, na Casa da Cultura de Corcubión
Durante as sesións informarase sobre o funcionamento do programa, os requisitos para acceder ás axudas, os criterios de valoración dos proxectos, os prazos e procedementos de solicitude, así como aclaración de dúbidas sobre posibles iniciativas que poden optar ao financiamento.
O obxectivo destas accións é achegar o programa LEADER ao tecido social e económico do territorio, promovendo proxectos que impulsen a diversificación da economía rural, a mellora da calidade de vida e dos servizos á poboación, a conservación do patrimonio e o emprendemento.
A asistencia é aberta e gratuíta, sendo recomendable para todas aquelas persoas e entidades interesadas en impulsar proxectos no ámbito rural a través do programa LEADER.
DESCARGAS:
> Departamento de comunicación do GDR Costa da Morte
Para máis información:
- 981 71 73 58 (Centraliña) - www.gdrcostadamorte.com -Twitter: @GDRCostadamorte - gdrcostadamorte.wordpress.com - Tamén podes visitar a nosa páxina en Facebook




































Comentarios