

> Proxectos Non Produtivos
Listaxe de Proxectos
Proxectos Non Produtivos Aprobados
> Ampliación e Reestruturación das instalacións para Centro de Día e Centro
Ocupacional
Expediente: 7119-22-0032
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Aceptado:
Subvención Aprobada:
Descrición:
Asociación INTEGRO
A Pedra - Nantón (Cabana de Bergantiños)
56 puntos
Alta
86,40%
289.802,19 €
38.000,00 €
O proxecto contempla a ampliación e reorganización funcional das instalacións, creando novos espazos e adaptando outros existentes para optimizar a súa funcionalidade. Crearase unha nova aula ocupacional destinada a actividades de innovación tecnolóxica, equipada cun laboratorio de impresión 3D e corte láser.
Obxectivo xeral: Mellorar a calidade de vida da poboación usuaria do centro de día e do centro ocupacional, mediante a ampliación e modernización das instalacións e a incorporación de novos servizos ocupacionais, terapéuticos e formativos baseados na innovación social e na inclusión.
Obxectivos específicos: Ampliar a capacidade do centro ocupacional mediante a creación de novos espazos formativos; Mellorar os servizos de atención terapéutica incorporando unha aula de integración sensorial; Introducir novas actividades ocupacionais baseadas na innovación tecnolóxica, como a impresión 3D e a fabricación dixital; Reforzar os procesos de inclusión social e integración socio laboral das persoas usuarias; Mellorar a organización interna do centro mediante novos espazos de coordinación profesional; Incrementar a oferta de servizos sociais no territorio rural; Contribuír á transición dixital no ámbito social e ocupacional.
> Ampliación Estruturas; xerando Servizo de Transporte
Expediente: 7119-22-0045
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Aceptado:
Subvención Aprobada:
Descrición:
Asociación ASPABER
A Brea (Carballo)
51 puntos
Alta
84,40%
56.500,00 €
38.000,00 €
A ampliación do Centro de Día da entidade, con 35 novas prazas supón un incremento significativo da capacidade de atención e da demanda de servizos asociados, especialmente o transporte diario. Esta necesidade vese condicionada pola localización rural da entidade, no lugar da Brea, sen acceso a transporte público e cunha elevada dispersión xeográfica das persoas usuarias, procedentes de 14 concellos: Coristanco, Carballo, Puenteceso, Laracha, Cabana de Bergantiños, A Coruña, Arteixo, Malpica, Laxe, Zas, Tordoia, Santa Comba, Cerceda e Val do Dubra.
Neste contexto, o proxecto consiste na adquisición dunha furgoneta EcoBlue. Os obxectivos principais son: garantir un servizo de transporte accesible e continuo que facilite a asistencia diaria das persoas usuarias; favorecer a súa inclusión social e a conciliación da vida familiar; mellorar a eficiencia enerxética do servizo; reducir o impacto ambiental e a pegada de carbono, especialmente nun territorio integrado na Rede Natura Baldaio-Razo; e impulsar a innovación na prestación de servizos sociais no ámbito rural, contribuíndo ademais á creación de emprego.
> Centro de Interpretacion Espazo Aberto Costa da Morte 3.0 Agricultura e
Comunidade
Expediente: 7119-22-0054
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Aceptado:
Subvención Aprobada:
Subvención en Reserva:
Descrición:
Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Montecelos
Carnés (Vimianzo)
53 puntos
Media
65,20%
56.835,00 €
35.660,71 €
1.395,71 €
O proxecto consiste na creación dun centro de interpretación sito no núcleo de Carnés, aberto á itinerancia, unha iniciativa innovadora que permitirá levar a cultura, o patrimonio e a participación comunitaria a diferentes núcleos poboacionais do territorio.
A proposta combina recuperación patrimonial e etnográfica, actividades participativas e accións educativas, cun enfoque centrado na visibilización da vida rural, en especial a muller rural e colectivos desfavorecidos. Co seu carácter fixo e móbil permite maximizar o impacto territorial e optimizar a inversión pública, ao actuar en múltiples localizacións sen necesidade de máis infraestruturas. Incorpora un enfoque interxeracional, promovendo o intercambio de coñecementos entre persoas maiores, infancia e mocidade. Neste sentido, desenvolveranse unidades didácticas específicas dirixidas aos centros educativos da Costa da Morte, co obxectivo de achegar o alumnado ao patrimonio, á memoria colectiva e ás formas de vida tradicionais do rural. Tamén se complementará con visitas organizadas de centros educativas ao centro de interpretación ou mostras itinerantes. O abano de destinatarios do centro de interpretación ampliarase ó colectivo de maiores, podendo organizarse visitas de residencias de maiores, vivendas comunitarias e centros de día. De forma puntual tamén se poderá organizar unha mostra itinerante nas súas instalacións. Deste xeito, o proxecto non só difunde contidos, senón que xera aprendizaxe, participación e transmisión cultural activa, consolidándose como unha ferramenta educativa e comunitaria ao servizo do territorio.
> Creación dunha Aula Audiovisual
Expediente: 7119-22-0048
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Aceptado:
Subvención Aprobada:
Descrición:
Concello de Coristanco
Coristanco
44 puntos
Alta
81,60%
13.971,85 €
11.401,03 €
Con este proxecto pretendese acondicionar un local, ubicado no edificio de servizos múltiples, no que se creará un aula de audivisuais cunha dotación de equipamento axeitado para o desenvolvemento das distintas areas de traballo. Sería un espazo deseñado especificamente para mellorar a comunicación, a colaboración e as experiencias de aprendizaxe . Un espazo especializado que integra tecnoloxía de son e imaxe para mellorar a comunicación, a colaboración e a aprendizaxe. Estas contornas permiten non só o consumo de contido multimedia, senón tamén a produción, fomentando a creatividade, o pensamento crítico e a alfabetización dixital.
Estes recursos non só documentan o proceso de ensino-aprendizaxe, senón que serven como unha ferramenta de innovación educativa e, en contextos históricos, como un piar para a reconstrución da memoria colectiva e a cultura escolar .
> Proxecto de ampliación do equipamento das aulas de informática do
Concello de Zas
Expediente: 7119-22-0030
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Aceptado:
Subvención Aprobada:
Descrición:
Concello de Zas
Zas
40 puntos
Alta
80,00%
12.500,01 €
10.000,01 €
Co obxectivo de aumentar os recursos dispoñibles ós usuarios e garantir un acceso axeitado ás ferramentas dixitais, proponse a adquisición de novo equipamento tecnolóxico destinado ás dúas aulas municipais. Este equipamento permitirá mellorar as condicións de uso das aulas e ampliar as posibilidades de desenvolvemento de actividades formativas e divulgativas relacionadas co ámbito dixital.
O obxectivo principal por tanto, é mellorar o acceso da cidadanía ás tecnoloxías da información e da comunicación mediante a ampliación do equipamento das aulas de informática municipais, que se conseguirá a través dos obxectivos específicos como son: Incrementar o número de postos informáticos dispoñibles para o uso público; Facilitar a realización de actividades formativas relacionadas co uso das ferramentas dixitais; Apoiar á cidadanía na realización de trámites administrativos en liña. Favorecer a inclusión dixital e reducir a fenda tecnolóxica na poboación; Mellorar os recursos tecnolóxicos dispoñibles nos espazos públicos municipais.
> Creación do sitio web do Concello de Mazaricos
Expediente: 7119-22-0031
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Aceptado:
Subvención Aprobada:
Descrición:
Concello de Mazaricos
Mazaricos
40 puntos
Alta
80,00%
7.260,00 €
5.808,00 €
O sitio web oficial de Mazaricos supón un investimento estratéxico na modernización e dixitalización dos servizos públicos locais. O proxecto nace como resposta aos retos de despoboación, envellecemento e dispersión xeográfica que caracterizan o municipio. A dixitalización dos servizos públicos locais constitúe unha ferramenta estratéxica para mellorar a calidade de vida da cidadanía e reducir as dificultades de acceso presencial á administración local. O proxecto ten os seguintes obxectivos específicos: Mellorar a comunicación e transparencia municipal, facilitando o acceso permanente á información institucional e aos trámites administrativos, centralizando a información sobre servizos sociais, recursos de conciliación familiar e laboral, actividades municipais e información de interese para os veciños e veciñas; Reducir a fenda dixital no medio rural mediante unha web accesible (WCAG 2.1) para todos os perfís de usuarios, incluíndo persoas maiores e con discapacidade; Centralizar a información sobre servizos sociais, conciliación familiar e recursos de igualdade, mellorando a calidade de vida da poboación; Promover o turismo e o patrimonio natural e cultural de Mazaricos e da Costa da Morte, contribuíndo á desestacionalización turística e á valorización do territorio.
> Dixitalización da Casa de Cultura de Berdeogas
Expediente: 7119-22-0035
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Aceptado:
Subvención Aprobada:
Descrición:
Concello de Dumbría
Berdeogas (Dumbría)
39 puntos
Alta
79,60%
7.260,00 €
5.778,96 €
Os centros socioculturais de Dumbría son o eixo das actividades recreativas e culturais da poboación rural, e que están situados estratexicamente ao longo da xeografía municipal. A modernización e adaptación dos centros de acordo coas novas esixencias das tecnoloxías da información e comunicación vense beneficiadas pola chegada da fibra óptica á práctica colectividade do concello, atopándose cun embudo nos equipamentos existentes ao non ser capaces de rentabilizar esta nova oportunidade. Dende hai uns 30 anos as casas da Cultura e/ou Centros Sociais municipais contan co seu equipamento obsoleto, polo que a súa actividade é máis ben baixa e xa está fóra de lugar, e precísase a súa revitalización con medios axeitados aos novos tempos.
Obxectivos previstos: Fomentar o uso de recursos audiovisuais para mellorar a comprensión e retención dos contidos curriculares; Desenvolver habilidades técnicas e creativas na produción e edición de contidos dixitais, como vídeos, podcasts e presentacións interactivas; Promover a participación activa e o traballo en equipo mediante actividades colaborativas en contornas dixitais; Impulsar a alfabetización dixital e habilidades de comunicación nos estudantes, preparándoos para un mundo cada vez máis tecnolóxico; Incrementar a motivación e o interese nas materias a través de metodoloxías innovadoras e recursos multimedia atractivos.
> Instalación de cadeira de salvaescadas na "Casa do Mar de Lira"
Expediente: 7119-22-0022
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Aceptado:
Subvención Aprobada:
Descrición:
Concello de Carnota
Lira (Carnota)
31 puntos
Alta
76,40%
26.579,65 €
20.000,00 €
Instalación dun sistema de salvaescadas no edificio municipal da Casa do Mar de Lira, ben entregado ao concello de Carnota polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións en data 01/01/2025, para mellorar a accesibilidade interior e garantir un uso máis inclusivo e seguro para os usuarios.
O edificio dispón de comunicación vertical mediante escaleira interior, e non dispón de medios que permitan o acceso autónomo a persoas con mobilidade reducida.
O obxectivo principal é mellorar as condicións de accesibilidade e facilitar o uso universal destas dependencias, coa colocación de salvaescadas adaptado ao espazo existente. A actuación consiste na instalación dun sistema composto de cadeira motorizada despregable sobre carrís adaptados a escaleira con sistema de seguridade, control e alimentación electricamente integrada. Con esta instalación darase acceso a que se poida impartir todo tipo de cursos de formación.
> Creación dunha páxina web municipal do Concello de Camariñas para
mellora dos servizos dixitais e a dinamización territorial
Expediente: 7119-22-0050
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Aceptado:
Subvención Aprobada:
Descrición:
Concello de Camariñas
Camariñas
29 puntos
Alta
75,60%
15.000,00 €
10.000,00 €
O presente proxecto ten por obxecto a creación dunha páxina web municipal para o Concello de Camariñas, orientada a mellorar o acceso da cidadanía á información pública, facilitar a interacción coa administración local e potenciar a promoción do territorio, especialmente no ámbito turístico e dos recursos locais.
> Creación da páxina web do Concello de Laxe
Expediente: 7119-22-0042
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Aceptado:
Subvención Aprobada:
Descrición:
Concello de Laxe
Laxe
27 puntos
Alta
74,80%
11.525,25 €
8.620,89 €
Creación dun portal cidadán de información útil xunto cunha ferramenta bidireccional de comunicación e participación cidadán, novedosa e en constante evolución.
O que se pretende é habilitar canais de comunicación cos cidadáns e potenciar á imaxe do Concello como institución moderna e na vangarda da tecnoloxía.
Obxectivo Xeral: Dotar ao Concello de Laxe dunha páxina web institucional que funcione como canle oficial de información e relación coa cidadanía, cumprindo os requisitos legais e técnicos esixidos.
Obxectivos específicos: Crear un portal web municipal cun deseño claro e accesible; Publicar de forma estruturada a información institucional do Concello; Habilitar canles de contacto cos distintos servizos municipais; Integrar, na medida do posible, trámites básicos en liña ou, cando menos, acceso á sede electrónica ou sede asociada; Garantir o cumprimento do estándares de accesibilidade.
> Creación nova páxina web do Concello de Malpica de Bergantiños
Expediente: 7119-22-0023
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Aceptado:
Subvención Aprobada:
Descrición:
Concello de Malpica de Bergantiños
Malpica de Bergantiños
26 puntos
Alta
74,40%
10.000,00 €
7.440,00 €
O proxecto consiste na creación dunha páxina web municipal. Esta páxina está enfocada a permitir a dixitalización de diferentes servizos aos veciños e veciñas, como é o caso da Sede Electrónica e un sistema de comunicación entre a cidadanía e a administración local. Este portal institucional e oficial do Concello será unha ferramenta estratéxica para manter ao día a información relevante sobre a institución, os seus servizos, proxectos, noticias e axenda de eventos de interese.
Esta mellora contribúe a achegar a xestión municipal á veciñanza, permitindo que o contribuínte poda realizar xestións e consultas ante o Concello sin ter que facer desprazamentos e nun entorno seguro. Isto supón unha importante vantaxe dada a dispersión da poboación do municipio.
A web estará deseñada para ser usada dende ordenadores de sobremesa ou dispositivos móbiles, tales como smartphones, tablets ou similares. Deste xeito facilítase a usabilidade e navegación pola páxina, contando cunha estrutura de navegación sinxela e intuitiva.
Contará con dous idiomas, galego e castelán, e contará con información das concellerías, a axenda de actualidade e as citas e avisos de interese para o cidadán.
> Desenvolvemento dunha aplicación móbil municipal para o Concello de
Fisterra
Expediente: 7119-22-0039
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Aceptado:
Subvención Aprobada:
Descrición:
Concello de Fisterra
Fisterra
26 puntos
Alta
74,40%
12.100,00 €
9.002,40 €
Creación dunha aplicación móbil de carácter xeral, que será a canle oficial do Concello de Fisterra. Obxectivos previstos: Crear unha canle oficial de comunicación directa entre o Concello de Fisterra e a cidadanía; Centralizar a información municipal (bandos, avisos, noticias e axenda) nun único punto de acceso; Facilitar ao veciño o acceso aos servizos e comunicacións do Concello dende o seu dispositivo móbil; Ofrecer ao visitante información turística actualizada sobre praias, rutas, restaurantes e eventos; Promover os negocios locais de hostalería, comercio e servizos a través da app; Dotar ao Concello dunha ferramenta moderna e autónoma de xestión de contidos e comunicacións.
> Elaboración dun portal web de Turismo para o Concello de Fisterra
Expediente: 7119-22-0040
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Aceptado:
Subvención Aprobada:
Descrición:
Concello de Fisterra
Fisterra
26 puntos
Alta
74,40%
12.100,00 €
9.002,40 €
Creación dun portal web profesional de turismo, accesible, moderno e optimizado para buscadores, que sirva como escaparate dixital oficial de Fisterra.
Obxectivos: Crear unha presenza dixital oficial, profesional e actualizada do turismo de Fisterra; Mellorar o posicionamento en buscadores (Google, Bing) para atraer visitantes orgánicos; Centralizar toda a información turística do municipio nun único punto de acceso claro e atractivo; Dar visibilidade ao destino mediante a tradución a tres idiomas (galego, castelán e inglés); Ofrecer ferramentas útiles ao visitante: mapas interactivos, rutas descargables, directorio de servizos e axenda de eventos; Promover os negocios locais de hostalería, comercio e servizos turísticos.
> Creación de páxina web municipal do Concello de Muxía
Expediente: 7119-22-0041
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Aceptado:
Subvención Aprobada:
Descrición:
Concello de Muxía
Muxía
26 puntos
Alta
74,40%
12.100,00 €
9.002,40 €
O proxecto enmárcase dentro das políticas públicas de dixitalización da administración local, co obxectivo de mellorar a eficiencia administrativa, a transparencia e a comunicación coa cidadanía, especialmente en contornos rurais así como tamén o aproveitamento e posta en valor dos recursos turísticos posto que o sector turístico se está a converter nos últimos anos nun dos motores de crecemento da economía do noso concello.
A proposta presentada pretende a posta en marcha dunha páxina web municipal baseada nos principios de accesibilidade universal, tecnoloxía avanzada e sostibilidade que achegue a administración aos cidadáns e que poña en valor todos os recursos do noso municipio
Os obxectivos principais son: Crear unha plataforma web moderna, accesible e segura; Facilitar o acceso da cidadanía á información pública e aos principais trámites administrativos; Promover o turismo e os recursos locais; Cumprir coa normativa vixente en materia de accesibilidade, seguridade e protección de datos.
> Plataforma web de pasarela de pagos e control de accesibilidade
Expediente: 7119-22-0055
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Aceptado:
Subvención Aprobada:
Descrición:
Concello de Ponteceso
Ponteceso
26 puntos
Alta
74,40%
9.994,60 €
7.453,98 €
Creación dunha páxina web municipal, concebida como unha ferramenta clara, accesible e orientada á cidadanía. O proxecto inclúe a definición dunha arquitectura da información sinxela e intuitiva, o deseño dunha interface visual actual e coherente coa identidade do Concello de Ponteceso, e o desenvolvemento dunha web optimizada para todos os dispositivos. Implementarase un sistema de xestión de contidos que permita a actualización autónoma por parte do persoal municipal, con organización por perfís e áreas. Inclúe unha estrutura optimizada para SEO, así como a integración coa sede electrónica da Deputación e a creación das principais seccións informativas (concello, servizos, novas, axenda e contacto).
Os obxectivos previstos son os de chegar ás persoas visitantes da web do Concello de Ponteceso de forma sinxela, así como actualizar contidos e información dirixida ás persoas visitantes da web sobre todas as actividades que se están a realizar no Concello de Ponteceso (dende obras, servizos, bandos, etc).
> Plataforma web de pasarela de pagos e control de accesibilidade
Expediente: 7119-22-0056
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Aceptado:
Subvención Aprobada:
Descrición:
Concello de Ponteceso
Ponteceso
26 puntos
Alta
74,40%
9.551,74 €
7.106,49 €
Creación e implantación dunha plataforma web de pasarela de pago con control de acceso, cuxo obxectivo, ademais do control do pago de prezos públicos e/ou taxas, axilice o acceso a diferentes eventos ás persoas asistentes, obtendo ademais un control do número de persoas que asisten aos mesmos.
> Pantalla LED exterior
Expediente: 7119-22-0060
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Aceptado:
Subvención Aprobada:
Descrición:
Concello de Malpica de Bergantiños
Malpica de Bergantiños
26 puntos
Alta
74,40%
9.551,74 €
7.106,49 €
Os principais obxectivos de instalar una pantalla LED exterior céntranse en transformar a comunicación municipal para que sexa máis directa, dinámica e eficiente. Esta tecnoloxía busca ademais de informar, tamén modernizar a xestión e comunicación urbana e transparencia.
O obxectivo primordial é manter á cidadanía informada en tempo real sobre a actividade municipal en diversos aspectos: Difusión da axenda cultural (promocionar eventos; festas locais; obradoiros e actividades deportivas;...); Información de servizo público (mostrar horarios de oficinas; farmacias de garda; teléfonos de interese;...); Transparencia (acercar a administración ao cidadán proxectando unha imaxe de institución accesible e moderna); Xestión de Emerxencias e Seguridade (emitir avisos urxentes sobre emerxencias climáticas; alertas sanitarias ou riscos de seguridade cidadá); Información de tráfico (axudar a mellorar a mobilidade informando en tempo real sobre retencións; cortes de vía por obras ou derivar a zonas de aparcamento); Promoción turística e do comercio local (orientar aos visitantes con mapas dixitais, puntos de interese histórico e recomendacións gastronómicas; apoio ao comercio local); Eficiencia e Sostibilidade (substituír o soporte físico polo dixital permite alcanzar metas de xestión interna aforro de custes e integración tecnolóxica; datos en tempo real e interactividade).
> Subministración e instalación de pantalla LED informativa na praza de Caión
Expediente: 7119-22-0038
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Aceptado:
Subvención Aprobada:
Descrición:
Concello da Laracha
Caión (A Laracha)
22 puntos
Alta
72,80%
9.256,80 €
6.738,73 €
O proxecto ten como finalidade a adquisición e instalación dunha pantalla informativa dixital na praza principal de Caión, no municipio da Laracha. Trátase dun dispositivo de comunicación visual de carácter turístico e informativo, deseñado para ofrecer información actualizada, accesible e de interese xeral tanto para residentes como para visitantes.
A pantalla permitirá difundir contidos dinámicos relacionados coa oferta turística local (recursos naturais, patrimonio, eventos culturais...) Coma información de utilidade pública (avisos municipais, campañas institucionais, emerxencias, servizos dispoñibles...). A súa localización estratéxica nun punto de alta afluencia garantirá unha ampla visibilidade e alcance.
O proxecto enmárcase dentro da estratexia de comunicación, modernización e dixitalización das canles de comunicación municipal, contribuíndo a mellorar a experiencia do visitante e a reforzar a identidade e proxección turística de Caión como punto costeiro de referencia.
> Acondicionamento da Capela do Pilar para actos culturais divulgativos e
formativos
Expediente: 7119-22-0051
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Aceptado:
Subvención Aprobada:
Descrición:
Concello de Corcubión
Corcubión
19 puntos
Media
51,60%
8.442,16 €
4.356,15 €
Dotación de equipamento básico para o acondicionamento dun espazo destinado á realización de actividades culturais, educativas e formativas. Este espazo pretende converterse nun punto de encontro para a cidadanía, facilitando o acceso á cultura, á formación continua e á participación social. Para esta finalidade preténdese a adquisición de material audiovisual e mobiliario axeitado, preténdese garantir unhas condicións óptimas para o desenvolvemento de conferencias, cursos de formación, presentacións de libros, obradoiros e outros actos de carácter cultural e divulgativo.
Na actualidade, o espazo dispoñible carece dos medios necesarios para acoller actividades cun mínimo de calidade técnica e confort para as persoas asistentes. A ausencia de equipamento audiovisual limita significativamente a capacidade de realizar presentacións ou accións formativas, mentres que a falta de mobiliario adecuado reduce o aforo e a comodidade.
Con esta actuación preténdese a consecución, entre outros dos seguintes obxectivos: dotar o espazo de equipamento audiovisual funcional e moderno; crear un espazo versátil para diferentes tipos de actividades (cursos, actividades culturais, presentacións, proxeccións...); promover a cultura, a educación e a participación social.
> Pan de Carballo
Expediente: 7119-22-0059
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Aceptado:
Subvención Aprobada:
Descrición:
Concello de Carballo
Carballo
18 puntos
Media
51,20%
26.261,37 €
10.000,00 €
O proxecto ten como finalidade a posta en valor do pan de Carballo como símbolo identitario, económico e cultural do municipio, ao tempo que se pretende fortalecer o tecido rural e promover un desenvolvemento sostible baseado nos recursos propios. O proxecto busca tamén preservar a memoria colectiva arredor do pan e de todo o proceso de produción: dende o traballo agrícola ata a moenda, a preparación das masas e a cocción nos fornos tradicionais. A recuperación destes coñecementos e relatos populares contribúe á conservación do patrimonio inmaterial e serve de base para o deseño de novas iniciativas culturais, educativas e turísticas.
Así mesmo, preténdese difundir o valor dos recursos naturais asociados á elaboración do pan no municipio de Carballo, con especial atención á calidade da auga, un ingrediente fundamental que incide directamente nas propiedades e no sabor do produto final. A existencia de mananciais e sistemas de abastecemento que permiten dispor dunha auga limpa e pura constitúe un factor diferencial que importa poñer en valor, tanto dende o punto de vista produtivo como patrimonial e ambiental.
> Deseño e desenvolvemento de nova web wordpress do Concello de
Coristanco
Expediente: 7119-22-0013
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Aceptado:
Subvención Aprobada:
Descrición:
Concello de Coristanco
Coristanco
41 puntos
Alta
80,40%
10.587,50 €
8.512,35 €
O proxecto consiste en desenvolver unha nova web en wordpress que xere credibilidade e axude ao concello para destacarse utilizando un deseño que atraia e á vez utilizando última tecnoloxía en canto a desenvolvemento e programación. A páxina web será completamente accesible a través de dispositivos móbiles, tablets e computadores e se adaptará independentemente do seu tamaño. Búscase a facilidade de uso, organizando a súa estrutura cunha navegación sinxela que atraia ao usuario.
Obxectivos: conseguir un portal institucional do concello como ferramenta esencial, que proporcione aos usuarios información relevante sobre a institución, os seus servizos, proxectos, noticias e eventos. Así como realizar servizos en liña.
> Nova web do Concello de Zas
Expediente: 7119-22-0017
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Aceptado:
Subvención Aprobada:
Descrición:
Concello de Zas
Zas
40 puntos
Alta
80,00%
15.004,00 €
10.000,00 €
O proxecto consiste na elaboración da nova páxina web do Concello de Zas, un proxecto integral que abarca desde a planificación inicial ata a posta en marcha e mantemento do sitio. O obxectivo principal é ofrecer unha plataforma moderna, intuitiva e segura, que mellore a comunicación institucional e impulse o turismo na Costa da Morte interior, destacando os recursos naturais e culturais do municipio.
A nova web estará estruturada en dous grandes apartados: un institucional, con información municipal e noticias de interese para a cidadanía, e outro turístico, onde se potenciarán os atractivos naturais de Zas. Ademais, o proxecto inclúe a migración de contidos da web anterior, o traslado dos dominios ao novo servidor e a implementación de medidas avanzadas de seguridade e rendemento.
Con este proxecto, o Concello de Zas contará cunha presenza online renovada, moderna, funcional e segura que ofrecerá unha infraestrutura robusta e protexida, garantindo a continuidade e fiabilidade do servizo.
> Aula audiovisual dixital en Olveira
Expediente: 7119-22-0008
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Aceptado:
Subvención Aprobada:
Descrición:
Concello de Dumbría
Olveira (Dumbría)
39 puntos
Alta
79,60%
17.908,00 €
14.254,77 €
Proxecto de creación de aula audiovisual dixital equipada con recursos tecnolóxicos avanzados, como computadoras, cámaras, micrófonos e sistemas de proxección, que faciliten a integración de contidos multimedia no proceso de ensino e aprendizaxe. A súa finalidade é potenciar o interese, a creatividade e as habilidades dixitais dos participantes, adaptándose ás demandas da sociedade moderna.
Obxectivos previstos: fomentar o uso de recursos audiovisuais para mellorar a comprensión e retención dos contidos curriculares; desenvolver habilidades técnicas e creativas na produción e edición de contidos dixitais, como vídeos, podcasts e presentacións interactivas; promover a participación activa e o traballo en equipo mediante actividades colaborativas en contornas dixitais; impulsar a alfabetización dixital e habilidades de comunicación nos estudantes, preparándoos para un mundo cada vez máis tecnolóxico; incrementar a motivación e o interese nas materias a través de metodoloxías innovadoras e recursos multimedia atractivos.
> Centro de envellecemento activo e saudable en Orbellido
Expediente: 7119-22-0016
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Aceptado:
Subvención Aprobada:
Descrición:
Concello de Vimianzo
Orbellido (Vimianzo)
32 puntos
Alta
76,80%
25.842,45 €
19.847,00 €
O proxecto consiste na creación dun centro de envellecemento activo e saudable en Orbellido, a partir dun edificio municipal que estivo dedicado a centro de interpretación do encoro. Este novo espazo funcionará como punto de encontro e dinamización para persoas maiores, ofrecendo actividades adaptadas ao seu benestar físico e emocional, así como servindo de base para saídas organizadas de sendeirismo polo contorno natural do encoro e para actividades de observación astronómica, aproveitando as condicións privilexiadas do lugar. Este novo recurso encaixa nos programas do Concello de Vimianzo (educación social para maiores, actividades de memoria, loita contra a soidade, etc.).
> Obras de acondicionamento interior para aula de formación en Corcoesto
Expediente: 7119-22-0020
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Aceptado:
Subvención Aprobada:
Descrición:
Concello de Cabana de Bergantiños
Corcoesto (Cabana de Bergantiños)
27 puntos
Alta
74,80%
27.723,23 €
20.736,98 €
Preténdese levar a cabo as obras de acondicionamento necesarias para implementar unha aula de formación nun local social no lugar de Cures (parroquia de Corcoesto).
O obxecto previsto é ter unha aula en condicións para poder ofrecer aos veciños/as actividades de formación abertas para todos os públicos.
> Adaptación do salón de actos da Casa de Cultura para a realización de
congresos e actividades formativas
Expediente: 7119-22-0009
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Aceptado:
Subvención Aprobada:
Descrición:
Concello de Corcubión
Corcubión
22 puntos
Alta
72,80%
18.016,90 €
13.116,30 €
A actuación proposta céntrase na adaptación do Salón de actos da Casa da Cultura de Corcubión para a realización de congresos, cursos e formación diversa. Prevese así a dotación dun novo sistema de imaxe e son neste salón de actos, que conta cunha capacidade para 374 persoas e pola sua dotación actual está infrautilizado que permita permitindo así ser usado como un espazo de congresos e aula de formación. Para iso proponse a execución dun novo sistema de audio e imaxe completo (altofalantes, microfonía, mesa de son, proxector, pantalla de grandes dimensións e ordenador portatil).
Con este investimento en novas tecnoloxías crearíase un novo espazo onde poder realizar cursos de formación e albergar congresos que darían un pulo económico a unha vila como Corcubión.
Trátase porén e dotar de recursos tecnolóxicos un espazo infrautilizado cos obxectivos de: poder realizar presentacións, congresos e actividades formativas diversas; accesibilidade do público en xeral á formación e as novas tecnoloxías; creación dun espazo inexistente no Concello (aula formativa dixital).
> Proxecto de desenvolvemento da aplicación informática para a inscrición
nos servizos e nas actividades culturais e deportivas municipais
Expediente: 7119-22-0014
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Aceptado:
Subvención Aprobada:
Descrición:
Concello da Laracha
A Laracha
20 puntos
Alta
72,00%
23.232,00 €
10.000,00 €
Consiste na posta en marcha dunha nova ferramenta informática a través da que se poderá facer a inscrición de actividades deportivas e culturais municipais en liña, dun xeito sinxelo, áxil e rápido. Preténdese dotar á cidadanía dunha aplicación intuitiva, funcional e dinámica, para poder consultar a dispoñibilidade das actividades deportivas e culturais municipais coa finalidade de realizar inscricións no momento sen ningún tipo de complicación, dun xeito moi práctico e cómodo dende o móbil ou outro dispositivo electrónico.
Trátase dunha ferramenta que facilitará enormemente os trámites a todo aquel que estea interesado en realizar inscricións nas actividades deportivas e culturais. Con esta aplicación, o concello segue a dar pasos importantes no seus obxectivos de convertela nunha administración máis moderna e de facer que as plataformas virtuais sexan importantes ferramentas de información e xestión aínda máis accesibles, áxiles e adaptadas ás necesidades reais do cidadán.
> Rehabilitación e recuperación das Fontes e Lavadoiro do Bieiteiro, no
Concello de Laxe
Expediente: 7119-22-0012
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Aceptado:
Subvención Aprobada:
Subvención en Reserva:
Descrición:
Concello de Laxe
Laxe
29 puntos
Media
55,60%
15.606,24 €
7.483,24 €
1.193,83 €
As actuacións a executar buscan mellorar a funcionalidade, a integración paisaxística e a seguridade no uso das instalacións, levándose a cabo as seguintes actuacións:
- Fonte e lavadoiro Rúa Río: limpeza con auga a presión de ambos elementos; reparación do picho da fonte; substitución dos elementos deteriorados que conforman o contorno (bancos).
- Fonte prolongación Rúa Roda: limpeza con auga a presión da fonte e do contorno; chapado de fonte e muro de contención co fin de acadar unha integración correcta no entorno; substitución de reixas en mal estado; colocación de banco; colocación de varandas en escaleiras de chegada a zona.
> Acondicionamento de local do teleclub de Buño como centro de inclusión
para combater a soidade non desexada no medio rural (programa
acompáña-te no rural)
Expediente: 7119-22-0005
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Aceptado:
Subvención Aprobada:
Descrición:
Asociación Cultural Progreso
Buño (Malpica de Bergantiños)
51 puntos
Alta
84,40%
73.948,79 €
38.000,00 €
O proxecto consiste en acondicionar o local denominado teleclub de Buño para adaptalo ás novas necesidades que xorden na localidade, e que neste caso trátase de combater a soidade non desexada das xentes das aldeas e parroquias próximas, e que se atopan soas nas súas casas. Persoas (maiores ou non maiores) que deixan de socializar pola perda de poboación no rural.
O obxectivo principal e dotar á poboación afectada dun espazo de encontro onde podan acudir a realizar actividades de ocio e/ou desenvolver algunha actividade programada, charlas, cursos de formación etc. Tamén se contempla un servizo de acompañamento para facer xestións ordinarias, asistencia a centro médico,... Por tal motivo contarse cun grupo de voluntarios para xestionar as actividades do centro.
> Centro de innovación e transferencia agraria
Expediente: 7119-22-0053
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Aceptado:
Subvención Proposta:
Descrición:
Asociación EFA Fonteboa
Feiranova (Coristanco)
48 puntos
Media
63,20%
61.402,24 €
38.000,00 €
O proxecto consiste na creación dun Centro de Innovación e Transferencia Agraria mediante a instalación dun módulo técnico prefabricado de 44,25 m² na contorna do Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa, no municipio de Coristanco, nun contexto cunha forte base produtiva vinculada ao cultivo da pataca e outras producións hortofrutícolas. Esta infraestrutura funcionará como almacén loxístico e nodo de apoio técnico á experimentación agraria aplicada, orientado á validación de solucións técnicas en condicións reais de cultivo no exterior e á xeración de resultados directamente aplicables ás explotacións do territorio.
O centro actuará como base operativa para coordinar e dar soporte a ensaios sistemáticos sobre variedades, técnicas de manexo e prácticas agrarias. O módulo servirá para o resgardo seguro de ferramentas e equipos de medida, así como para centralizar o procesamento informático dos datos agronómicos e ambientais recollidos mediante sensorización en campo. Estes datos serán analizados en gabinete co obxectivo de identificar patróns produtivos, avaliar a influencia das condicións climáticas e optimizar a toma de decisións no manexo dos cultivos.
> Memoria viva do rural: Plataforma Dixital participativa para a preservación
do Patrimonio inmaterial e a inclusión social no rural profundo da comarca
de Bergantiños
Expediente: 7119-22-0046
Promotor:
Lugar:
Investimento previsto:
Descrición:
Asociación Adival Atlántico
Leiloio (Malpica de Bergantiños)
10.587,50 €
O proxecto céntrase en preservar o patrimonio inmaterial de Bergantiños coa gravación dun documental de testemuños a maiores de 55 anos e a creación dunha plataforma web gratuíta que inclúe un arquivo oral e mapas do patrimonio xeolocalizado.
OBXECTIVOS: Preservación: Rexistrar a memoria oral e os saberes tradicionais; Inclusión: Combater o illamento dos maiores e reducir a fenda dixital; Sociedade: Fomentar a relación interxeracional e visibilizar á muller rual; Turismo: Promover rutas sostibles e poñer en valor a Rede Natura 2000.
Proxecto arquivado por desestimento do promotor.
> Portal web do Concello de Cee
Expediente: 7119-22-0010
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Aceptado:
Subvención Aprobada:
Descrición:
Concello de Cee
Cee
23 puntos
Alta
73,20%
12.100,00 €
8.857,20 €
A proposta presentada pretende a mellora do portal web do concello de Cee de forma que sexa unha plataforma dixital innovadora que facilite a interacción entre turistas, residentes e xestores do destino. O seu deseño estará baseado nos principios de accesibilidade universal, tecnoloxía avanzada e sostibilidade, aliñándose co modelo do Destino Turístico Intelixente (DTI). Entre os obxectivos a acadar atópanse o desenvolvemento dun espazo dinámico e interactivo que impulse o turismo en Cee e mellore a experiencia de visitantes e residentes, facilitando a accesibilidade universal garantindo que o portal sexa accesible para persoas con discapacidade, mellorar a semántica web, fomentar o turismo sustentable, promovendo prácticas responsables e minimizando o impacto ambiental, posicionando a Cee como un destino Turístico Intelixente, incrementando o seu atractivo.
Proxecto arquivado por renuncia expresa do Concello.
> Rehabilitación de muro medianero na Casa do Concello (Fisterra)
Expediente: 7119-22-0018
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Aceptado:
Subvención Proposta:
Descrición:
Concello de Fisterra
Fisterra
28 puntos
Media
55,20%
30.891,24 €
17.051,96 €
As obras proxectadas afectan ao muro medianeiro existente na parte posterior da Casa do Concello de Fisterra. O muro obxecto do proxecto consiste nun muro de formigón, con alzado en forma trapecial e cun chanzo a media altura por redución do seu espesor. O muro fai de medianeira entre o espazo libre existente na parte posterior da Casa do Concello e as edificacións acaroadas no seu vento suroeste. A superficie é de 136,75 m². No seu encontro co paseo Calafigueira remata nun muro de cachotería, vestixio dalgunha antiga edificación ou muro que existiron no lugar. Cabo do muro existe unha pérgola metálica cuberta en parte con vidro. No seu estado actual o muro presenta un acabado a base de pintura plástica de cor verde, con restos de vexetación trepadora e con cableado de instalacións eléctricas a media altura e no seu lateral esquerdo, en mal estado de conservación. Proponse repara-lo muro de cachotería e o alzado do muro de formigón, ocultar a canalización vistas, revestir a metade inferior do muro cun aplacado de granito sobre perfís metálica, pintar a metade superior e cubrir con pedra decorativa o terreo en contacto coa súa base. Para a pérgola, proponse limpar toda a súa superficie por medio de granallado ata retirar todo o ferruxe e a pintura existente, para posteriormente pintala con pintura de protección anticorrosión.
Arquivouse por tratarse dunha solicitude que non puido ser atendida no período correspondente á anualidade na que se presentou.
> Pan de Carballo, Produto Artesán
Expediente: 7119-22-0019
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Aceptado:
Subvención Proposta:
Descrición:
Concello de Carballo
Carballo
18 puntos
Media
51,20%
25.079,20 €
10.000,00 €
O proxecto ten como finalidade a posta en valor do pan de Carballo como símbolo identitario, económico e cultural do municipio, ao tempo que se pretende fortalecer o tecido rural e promover un desenvolvemento sostible baseado nos recursos propios. O proxecto busca tamén preservar a memoria colectiva arredor do pan e de todo o proceso de produción: dende o traballo agrícola ata a moenda, a preparación das masas e a cocción nos fornos tradicionais. A recuperación destes coñecementos e relatos populares contribúe á conservación do patrimonio inmaterial e serve de base para o deseño de novas iniciativas culturais, educativas e turísticas.
Así mesmo, preténdese difundir o valor dos recursos naturais asociados á elaboración do pan no municipio de Carballo, con especial atención á calidade da auga, un ingrediente fundamental que incide directamente nas propiedades e no sabor do produto final. A existencia de mananciais e sistemas de abastecemento que permiten dispor dunha auga limpa e pura constitúe un factor diferencial que importa poñer en valor, tanto dende o punto de vista produtivo como patrimonial e ambiental.
Arquivouse por tratarse dunha solicitude que non puido ser atendida no período correspondente á anualidade na que se presentou.

