top of page
Ancla 1

>  Proxectos Produtivos

Listaxe de Proxectos

Proxectos Produtivos Aprobados

Ancla 2

> Centro de Día Nicoli

   Expediente: 7119-22-0004

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aceptado:

Subvención Aprobada:

Descrición:

Centro de Día Nicoli, S.L.

Coristanco
65 puntos
40,00%
317.374,36 €
125.000,00 €

​O Centro de Dia Nicoli crease coa idea de dar servizo aos maiores e aos familiares con necesidades especiais durante o día, sobre todo para a conciliación laboral e familiar. Este servizo na Comarca de Bergantiños e ofrecido polos  Concellos, pero as prazas existentes nos centros públicos da comarca son insuficientes para cubrir a gran demanda existente. O  obxectivo  deste  proxecto é que os clientes deben estar activos, atendidos e ocupados con diferentes terapias e actividades grupais e individuais segundo a necesidades dos mesmos, para tratar de ser o seu segundo fogar. Elixese esta ubicación dado que Coristanco non ten ningún Centro de Día e ademáis está a menos de 3 km do centro urban de Carballo, a 35 km de A Coruña e 40 km de Santiago. O principal obxetivo é realizar un centro de día con capacidade para 60-70 persoas e ofrecer diferentes servizos: gerontogimnasia, psicomotricidade, estimulación verbal e mental, manualidades, exercicios de memoria, musicoterapia, animación lúdica, baile e cancións, atención famaceútica, psicoloxía, enfermería, introdución ás novas tecnoloxías, e transporte adptado dende as súas vivendas ao centro.

Creación de emprego: 5 UTAs das cales 3 serán de colectivos desfavorecidos.

> Ampliación e acondicionamento de edificación existente para destinar a

   carnicería, charcutería e obradoiro

   Expediente: 7119-22-0006

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aceptado:

Subvención Aprobada:

Descrición:

Juan Carlos Amigo Montero

Quintáns (Muxía)
46 puntos
32,40%
58.692,70 €
19.016,43 €

​A finalidade deste proxecto a ampliación da capacidade da carnicería é a posta en funcionamento dunha nova actividade de venta de produtos alimentarios e de bebidas e para elo van facer a ampliación e acondicionamento dunha edificación existente para destinala a carnicería - charcutería e obrador.
O investimento consiste na realización da obra civil reflexada no proxecto redactado polo arquitecto técnico Carlos González García, colexiado nº 3000 do COAATAC, así como os honorarios do arquitecto.
As actividades que se van facer son: venda de carne e elaborados cárnicos; venda de produtos alimenticios e de bebidas; obrador de produtos alimenticios.
Principais obxectivos: a través do obrador poderán facer pratos elaborados, e tódolos productos van encamiñados a atender a demanda local de productos cárnicos e tamén a proporcionar a peregrinos e turistas produtos turísticos de calidade no trazado do Camiño de Santiago cara Fisterra e Muxía. Preténdese dar máis valor engadido aos productos e materias primas da zona. Consolídase o emprego da empresa (2 UTAs).

​

> Ampliación de empresa de excavacións

   Expediente: 7119-22-0003

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aceptado:

Subvención Aprobada:

Descrición:

Iván Martínez Otero

Castrobo (Coristanco)
43 puntos
31,20%
208.500,00 €
65.052,00 €

​O proxecto consiste na adquisición dunha nova excavadora de cadeas. En concreto unha JCB 145xr con cazos de 600, 800, 1000 e 1300 mm, o que lle da a posibilidade de facer diferentes tipos de traballos. Tamén incorpora un martillo picador HM090T. A máquina vai equipada cun sistema de enganche rápido hidráulico, o que permite o cambio de cazo de maneira rápida e sen baixar da máquina. A máquina estará equipada cun sistema Leica 3D. Este sistema permite volcar á máquina os planos topográficos para as excavacións, e o operador teraos a vista na pantalla, tendo todas as medidas, cotas e niveis necesarios para levar a cabo os traballos encargados. Tamén realiza  medicións e niveis automáticamente. 
Os obxectivos son: consolidar o emprego da empresa (1 UTA); uso de novas tecnoloxías na empresa; apertura a novos mercados.

> Nova instalación para empresa de Climatización e Frío Industrial

   Expediente: 7119-22-0015

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aceptado:

Subvención Aprobada:

Subvención en Reserva:

Descrición:

Proxectos Climáticos de Galicia, S.L.

Vimianzo (Polígono Industrial)
40 puntos
30,00%
540.333,33 €
84.231,85 €

40.768,15 €

​O proxecto consiste na compra dunha parcela e a construcción  dunha nave industrial de uns 667 metros cadrados. A nave contará cunha zona administrativa, vestiarios e zona de almacén e de preparación de conductos de frío en fibra de vidro. Na planta baixa haberá unha zona de almacén de produtos para as instalacións de climatización que se fan, así como unha zona de elaboración dos conductos de fibra.
Tamén estarán delimitados tres postos de traballo, onde se levarán a cabo pequenas reparacións de maquinaría de frío, sobre todo en caso de averías que poidan ter os clientes.
Os principais obxectivos son:
A creación dunhas novas instalacións da empresa; a consolidación do emprego (9,61 UTAs) e a creación de 2 UTAs de colectivos desfavorecidos; a ampliación da capacidade produtiva da empres, así como a potenciación das enerxías renovables e as TICs.

> Pensión Air Fervenza

   Expediente: 7119-22-0033

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aceptado:

Subvención Aprobada:

Descrición:

Aeroservicios T&J, S.L.

Os Vaos (Mazaricos)
62 puntos
38,80%
221.900,00 €
86.097,20 €

​O proxecto consiste na creación dunha pensión de 3 estrelas no Aeródromo da Fervenza, Lugar de Pazos, Parroquia de Vaos, Concello de Mazaricos. Este proxecto consta das seguintes fases: 1) Reforma dun local existente, adaptando o mesmo ao uso de pensión, e obtendo nove cuartos dobres e un cuarto individual, o que fai un total de 19 prazas de aloxamento. 2) Acondicionamento do terreo arredor do edificio con actuacións de pavimentación e axardinado. 3) Compra do mobiliario necesario para os cuartos e zonas comúns do establecemento.
Os obxectivos son: A creación (1 UTA) e consolidación do emprego (2,91 UTAs); a posta en marcha de un novo establecemento; a dinamización do territorio, apostando por empresas da zona para o proxecto; o uso de enerxías renovables e das TIC´S, e a promoción de produtos locais. Preténdese dar maior vida a un entorno como o do embalse da fervenza complementando as actividades deportivas e de ocio que xa se ofertan.

> Pensión Mar de Ardora en Carnota

   Expediente: 7119-22-0044

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aceptado:

Subvención Aprobada:

Descrición:

Mar de Ardora, S.L.

Canedo (Carnota)
48 puntos
33,20%
424.002,51 €
125.000,00 €

​O presente proxecto consiste en rehabilitar unha vivenda tradicional de dous andares e baixo-cuberta nunha pensión de tres estrelas con sete cuartos dobres. En planta baixa, haberá dous cuartos dobres, un deles adaptado, e unha sala de estar, tamén adaptada; en planta primeira, disporanse catro cuartos dobres; e en planta baixo-cuberta, un cuarto dobre. Tódolos cuartos terán baño propio. O proxecto localizarase no Lugar de Canedo, no municipio de Carnota, dentro dunha contorna rural de carácter marcadamente natural e cun elevado valor paisaxístico, ofertando tamén servizos complementarios como sendeirismo, rutas en bicicleta, aluguer de tablas de surf, etc.
Os obxectivos son a posta en marcha de un novo negocio, a creación de emprego (1 UTA creada), a aposta polas enerxías renovables e as TIC´S, así como a dinamización da zona apostando por empresas do territorio para levar a cabo o proxecto.

> Clínica dental en Ponte do Porto

   Expediente: 7119-22-0037

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aceptado:

Subvención Aprobada:

Descrición:

Manuel Martín Castiñeira Vidal

Ponte do Porto (Camariñas)
47 puntos
32,80%
376.801,16 €
123.590,78 €

​O presente proxecto consiste en rehabilitar unha vivenda tradicional de dous andares e baixo-cuberta nunha pensión de tres estrelas con sete cuartos dobres. En planta baixa, haberá dous cuartos dobres, un deles adaptado, e unha sala de estar, tamén adaptada; en planta primeira, disporanse catro cuartos dobres; e en planta baixo-cuberta, un cuarto dobre. Tódolos cuartos terán baño propio. O proxecto localizarase no Lugar de Canedo, no municipio de Carnota, dentro dunha contorna rural de carácter marcadamente natural e cun elevado valor paisaxístico, ofertando tamén servizos complementarios como sendeirismo, rutas en bicicleta, aluguer de tablas de surf, etc.
Os obxectivos son a posta en marcha de un novo negocio, a creación de emprego (1 UTA creada), a aposta polas enerxías renovables e as TIC´S, así como a dinamización da zona apostando por empresas do territorio para levar a cabo o proxecto.

> Instalación Carpintería de Madeira

   Expediente: 7119-22-0025

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aceptado:

Subvención Aprobada:

Descrición:

Medulio Servicios y Obras, S.L.

Polígono Industrial da Laracha - Raxido (A Laracha)
45 puntos
32,00%
561.212,51 €
125.000,00 €

​O proxecto consiste na creación dun novo taller de carpintería de madeira, no polígono industrial da Laracha, lugar de Raxido. O proxecto consiste na construcción dunha nave industrial de 1.079,40 metros cadrados construidos, divididos da seguinte maneira: Pranta baixa de 900 metros construidos, cunha zona de taller de 773,75 metros, e que tamén conta con distribuidor, aseo, vestiario, sala de usos múltiples, pañol de ferramentas e escaleiras; Pranta 1, de 89,70 metros construidos, con aseo, despacho, oficina, e sala de usos múltiples; Pranta 2, de 89,70 metros cunha sala usada como arquivo. Ademais da construción da nave, tamén se levará a cabo unha actualización e mellora da web.

Os obxectivos son: duplicar a capacidade produtiva da empresa; a creación e consolidación de emprego (3 UTAs creadas e 9,26 UTAs consolidadas); a dinamización da zona e a aposta por ubicar a actividade nun polígono industrial. Tamén se promove o uso de novas tecnoloxías e de enerxías renovables.

> Creación Pensión en Muxía

   Expediente: 7119-22-0029

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aceptado:

Subvención Aprobada:

Descrición:

Mouro Costa da Morte, S.L.

Muxía
42 puntos
30,80%
287.250,31 €
88.473,10 €

​O proxecto consiste na creación  dunha pensión de 1 estrela no Concello de Muxía. Este proxecto consta das seguintes fases: compra do local onde se desenvolverá o proxecto; reforma do local, adaptando o mesmo ao uso de pensión, e obtendo cinco cuartos dobres e dous cuartos individuais, o que fai un total de 12 prazas de aloxamento; compra do mobiliario necesario para equipar o establecemento; compra dunha lavadora e unha secadora para uso da clientela en réxime de autoservicio; elaboración dunha páxina web.
Os obxectivos son a creación de emprego para mulleres (0,50 UTAs consolidadas e 1 UTA creada), a posta en marcha dun novo negocio e a promoción e mellora económica do territorio, así como o fomento de uso das enerxías renovables e das TIC´S.

> Instalación planta RCD´s

   Expediente: 7119-22-0036

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aceptado:

Subvención Aprobada:

Descrición:

Ecodaisan, S.L.

Senande (Muxía)
42 puntos
30,80%
452.809,26 €
125.000,00 €

​O proxecto consiste na posta en marcha dunha nova planta de tratamento de residuos da construcción, no lugar de Senande, Concello de Muxía. Na parcela faranse movementos de terras e explanacións, así como a construcción  dunha nave de triaxe cuberta e prefabricada de formigón (superficie en planta de 344,7 m²), a fin de poder habilitar a finca para o uso previsto, e con zonas separdas para cada tipo de residuo que vaiamos a tratar.
Os obxectivos son a posta en marcha dunha nova actividade de reciclaxe de residuos, que non existe no Concello, así como a consolidación e creación de emprego (0,50 UTAs consolidadas e 3 UTAs creadas). Tamén se aposta por dinamizar o territorio coa contratación de empresas da zona, e polo uso das TIC´S.

> Ampliación obrador de produtos frutícolas

   Expediente: 7119-22-0047

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aceptado:

Subvención Aprobada:

Descrición:

Santiago Yáñez de Frutos

Quintáns (Muxía)
41 puntos
30,40%
57.439,26 €
17.461,54 €

​O presente proxecto consiste en construír unha pequena nave de uns 164 metros cadrados, no lugar de Quintáns, no Concello de Muxía, a fin de ampliar as instalacións actuais. Preténdese aumentar espazo, tanto para traballar, como para almacenar a materia prima e sobre todo o produto rematado. A proposta exposta responde á necesidade de dotar á explotación existente dun espazo adecuado para o desenvolvemento da actividade de primeira transformación artesanal de produtos frutícolas, garantindo condicións funcionais, técnicas e construtivas acordes coa normativa vixente e coa contorna rural no que se localiza.
Os obxectivos son a consolidación do emprego (1 UTA consolidada), a aposta polas enerxías renovables, a transformación e venda de produtos locais da agricultura, así como a dinamización do territorio, contando con empresas da zona para desenvolver o proxecto.

> Pensión Cabañas Orballo

   Expediente: 7119-22-0058

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aceptado:

Subvención Aprobada:

Subvención en Reserva:

Descrición:

María Josefa Vigueret Martínez

​

41 puntos
30,40%

331.009,49 €
62.281,65 €

​38.345,23 €

​O presente proxecto consiste en realizar os investimentos necesarios para a posta en marcha dunha pensión con tres apartamentos, situada no lugar de Neaño. Dúas das cabanas terán unha superficie de 51 metros cadrados, e contan con cociña-salón-comedor, un cuarto de baño e terraza cuberta. Tamén teñen unha terraza exterior duns 6,60 metros cadrados. A outra cabana conta con 57 metros cadrados con unha distribución similar as anteriores, pero cunha terraza cuberta máis grande e con ducha exterior. O complexo terá unha recepción-office, cun baño e unha terraza exterior. As cabanas terán unha capacidade de dúas prazas mais unha convertible, excepto unha delas que vai ter dúas prazas mais dúas convertibles. 
Os obxectivos son a creación de emprego (1 UTA creada), a dinamización da zona ao contar con empresas do territorio para executar o proxecto, a aposta polas enerxías renovables e as TIC´S, así como o aforro enerxético.

Ancla 3

Proxectos Produtivos en Trámite

> Modernización taller metálico

   Expediente: 7119-22-0026

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aceptado:

Subvención Proposta:

Descrición:

López Corte y Plegados, S.L.

Polígono Industrial Bértoa - Mirón (Carballo)
39 puntos
29,60%
453.490,00 €
125.000,00 €

​O proxecto consiste na compra dunha nova máquina de corte por laser. A máquina conta coas seguintes características: mesas de cortes, cunhas dimensións útiles de 1.500 x 3.000 / 2.000 x 4.000 mm; fonte láser IPG de fibra; cabezal de corte Precitec; sistema de mesas intercambiables automáticas 1530 / 2040, para cambio automático de mesa segundo as necesidades.

Tamén se creará unha web para a empresa.
Os obxectivos son a modernización e ampliación da capacidade produtiva da empresa, así como a creación do emprego e o aforro enerxético coa nova máquina
 e a consolidación e creación de emprego (12,33 UTAs consolidadas; 2 UTAs creadas).

> Instalación de showroomcooking e exposición de equipos de hostelería

   Expediente: 7119-22-0052

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aceptado:

Subvención Proposta:

Descrición:

Martínez y Villar, S.C.

Polígono Industrial Vimianzo
39 puntos
29,60%
399.122,83 €
118.140,36 €

​O proxecto consiste na creación dunhas novas instalacións para a empresa, nas que pretende instalar unha  "Aula de formación (Showroom cooking)", exposición e almacén de equipamientos de hostelería. Este proxecto levarase a cabo nunha parcela no polígono industrial de Vimianzo. O proxecto consiste na construcción dunha nave industrial de uns 751 metros cadrados, incluida a superficie destinada a almacén, construida nunha primeira planta, e cunha planta de 35 x 15 metros. Nesta nave instalarase unha cociña para a aula de formación, donde se levarán a cabo demostracións en vivo con cociñeiros da zona, a fin de promocionar os nosos produtos entre os potenciais clientes.
Os obxectivos son a consolidación e creación de emprego, a aposta polas empresas da zona, o uso de enerxías renovables e a mellora mediomabiental da empresa e das súas actuacións. C
onsolidación e creación de emprego (4,82 UTAs consolidadas; 1 UTA creada).

> Ampliación capacidade produtiva e automatización empresa de ferraxes

   metálicos

   Expediente: 7119-22-0028

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aceptado:

Subvención Proposta:

Descrición:

Accesorios Lelo, S.L.

Polígono Industrial Bértoa - Mirón (Carballo)
33 puntos
27,20%
135.874,00 €
36.957,73 €

​O proxecto trata de ampliar e modernizar a capacidade produtiva da empresa. O investimento a realizar é a adquisición de nova maquinaria, e sería a seguinte: centro de mecanizado de alta velocidad PRIMINER ALPHA CENTER V11L, que permite a elaboración e mecanizado de pezas de xeito automatizado, sen necesidade de intervención de man de obra no proceso,con un custe de 104.854 euros; plataforma montacargas tipo EH500 con capacidade de carga de ata 750 kgs, a instalar no oco existente entre a planta baixa e  sótano, cun custe de 31.020 euros. 
Os obxectivos son a ampliación da capacidade produtiva da empresa, o crecemento da mesma, a consolidación e creación de emprego 
(12,57 UTAs consolidadas; 1 UTA creada), e a dinamización do territorio.

> Ampliación capacidade produtiva e automatización empresa de ferraxes

   metálicos

   Expediente: 7119-22-0049

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aceptado:

Subvención Proposta:

Descrición:

Mecanizados Ainan, S.L.

Polígono Industrial Bértoa - Mirón (Carballo)
30 puntos
26,00%
112.257,90 €
29.187,05 €

​O proxecto consiste na compra dunha liña de mecanizado de pezas MERCOGAL que permite a mecanización e a instalación dos tornillos nas escuadras de xeito automatizado, con un custe de 112.257,90 euros. Este proxecto permite optimizar os recursos da empresa, xa que a fase de mecanizado e ensamblado  que agora se fai manualmente, pasa a ser automatizada, o que é claramente innovador para e empresa. Por outra banda tamén permite reducir os custes de fabricación, o que aumenta a súa competitividade.
Os obxectivos do proxecto son a consolidación e creación de emprego 
(10,12 UTAs consolidadas; 1 UTA creada), a aposta pola mecanización e redución de consumos de enerxía no proceso produtivo da empresa, así como a realización de boas prácticas medioambientais na empresa. 

> Ampliación de capacidade produtiva de Carpintería Metálica

   Expediente: 7119-22-0001

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aceptado:

Subvención Proposta:

Descrición:

Martínez y Caamaño, S.L.

Vilaseco (Vimianzo)
39 puntos
29,60%
331.500,00 €
98.124,00 €

​O proxecto consiste na compra dos seguintes equipos: equipo de corte laser de chapa metálica BODOR C6; plegadora de chapa ADIRA PA022040PLS PLUS; kit de utillaxe necesario para a plegadora; actualización da páxina web da empresa.
Con este proxecto, a empresa vai a incrementar a capacidade produtiva da mesma de maneira importante, xa que complementa a maquinaria actual e supón a mellora e automatización de procesos de corte e plegado de chapa.
Obxectivos: Incremento da capacidade produtiva da empresa e  consolidación e creación de emprego (24,72 UTAs consolidadas; 2 UTAs creadas).

> Nova planta de formigón en Vimianzo

   Expediente: 7119-22-0007

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aceptado:

Subvención Proposta:

Descrición:

Norgalicia Formigón, S.L.

Vimianzo (Polígono Industrial)
36 puntos
28,40%
84.804,11 €
24.084,37 €

​O proxecto consiste na creación dunha nova planta de formigón, na parcela A1-A4 do polígono industrial de Vimianzo. A parcela ten unha superficie total de 4.773,66 metros cadrados.
Sobre esta parcela instalarase a planta de formigón, e terá a seguinte distribución: planta de formigón ; zona de acopio; zona de servizos auxiliares; edificio auxiliar; zonas de acceso e circulación e zonas axardinadas.
Os obxectivos son a instalación dunha nova planta de formigón en polígono industrial, así como a consolidación do emprego (7,08 UTAs); uso das TICs e potenciación de medidas de control medioambiental.

Ancla 4

Proxectos Produtivos Arquivados

> Ampliación da capacidade produtiva da instalación existente

   Expediente: 7119-22-0011

Promotor:

Lugar:

Descrición:

Savelo, S.L.
Polígono Industrial de Bértoa (Carballo)

O proxecto ten como finalidade a ampliación da capacidade produtiva da empresa mediante a adquisición dun compresor industrial de alto rendemento. Este equipamento é esencial para mellorar a eficiencia nos procesos de fabricación que requiren o uso de aire comprimido como parte do proceso produtivo.

Arquivouse por renuncia expresa do promotor.

> Campamento Turístico en Buño

   Expediente: 7119-22-0021

Promotor:

Lugar:

Descrición:

Complejo Turístico Nordés, S.L.
Buño (Malpica de Bergantiños)

O proxecto consiste en crear un campamento turístico en Buño, con 15 cabañas dun cuarto, 5 cabañas de 2 cuartos,  así como un servizo de tenda e restaurante. Irá equipado con piscina e instalacións deportivas.

Emitiuse ICE desfavorable xa que o promotor non presentou documentación requirida para a tramitación do expediente en tempo e forma. Así mesmo non se acredita a viabilidade financeira do proxecto. Verificado por AGADER.

> Ampliación de empresa de instalacións de fontanería e renovables

   Expediente: 7119-22-0002

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aceptado:

Subvención Aprobada:

Descrición:

Carlos Gabín Riveiro

Os Muíños (Zas)
50 puntos
34,00%
84.667,33 €
28.786,89 €

​O proxecto consiste na creación dunhas novas instalacións para a empresa, na que se pretende instalar un taller, almacén e exposición de material de fontanería e enerxías renovables.

Arquivouse por renuncia expresa do promotor.

> Nova instalación para empresa de xestión forestal

   Expediente: 7119-22-0024

Promotor:

Lugar:

Descrición:

María Raquel Pérez Castro

A Barreira (A Laracha)
​O proxecto consiste na creación dunhas novas instalacións para a empresa, nunha parcela que teñen no lugar de A Barreira, no Concello da Laracha, parcela da súa propiedade.
O proxecto consiste na construcción dunha nave industrial de uns 800 metros cadrados en planta baixa, e uns 199 na planta alta.

Emitiuse ICE desfavorable xa que o promotor non presentou documentación requirida para a tramitación do expediente en tempo e forma. Así mesmo, non se acredita o requisito de ter un mínimo do 50% de facturación vinculada ao uso da madeira como materia prima e fonte de enerxía. Verificado por AGADER.

> Alma Salvaxe Carnota

   Expediente: 7119-22-0034

Promotor:

Lugar:

Descrición:

Alma Salvaxe Ecoturismo, S.L.

Cornido (Carnota)​

O proxecto consiste na creación dun establecemento clasificado segundo a lexislación vixente como tipo pensión, estruturado en 4 unidades de aloxamento independentes integradas nunha finca de ampla dimensión e carácter singular, con servizos omplementarios diferentes aos habituais. O complexo estará formado por 4 unidades de aloxamento independentes. Cada unha delas terá 2 prazas e unha a maiores en cama supletoria. Tres das unidades situaranse nunha franxa superior da finca, implantadas en posición elevada respecto do terreo natural, e a cuarta unidade situarase nunha zona máis baixa, en contacto directo co terreo, e estará deseñada para garantir as condicións de accesibilidade universal.

Emitiuse ICE desfavorable xa que o proxecto non é viable economicamente. Verificado por AGADER.

> Costa da vida: vanguardia tecnolóxica na Costa da Morte

   Expediente: 7119-22-0057

Promotor:

Lugar:

Descrición:

Nordes Tech, S.L.

Ponte do Porto (Camariñas)​

O proxecto Costa da Vida: Centro Nacional de Formación e Innovación Marítima-Tecnolóxica ten como finalidade transformar a Costa da Morte nun referente de innovación aplicada ao sector marítimo, integrando a tradición pesqueira con tecnoloxías avanzadas como drons (aéreos e submarinos), impresión 3D e sistemas autónomos de seguridade e rescate. Exponse como un centro formativo e tecnolóxico que impulsa a modernización do sector, mellora a seguridade marítima e xera novas oportunidades económicas e de emprego na contorna rural.

Emitiuse ICE desfavorable xa que o promotor non presentou documentación requirida para a tramitación do expediente en tempo e forma. Verificado por AGADER.

> Pensión Air Fervenza

   Expediente: 7119-22-0027

Promotor:

Lugar:

Descrición:

Aeroservicios T&J, S.L.

Os Vaos (Mazaricos)
​O proxecto consiste na rehabilitación dun edificio existente para o seu acondicionamento como pensión turística.

Arquivouse por renuncia expresa do promotor.

> Resort Canino Villapatas

   Expediente: 7119-22-0061

Promotor:

Lugar:

Descrición:

Villapatas, S.L.

O Sixto (Zas)​

O proxecto consiste en crear un resort canino con dous edificios independentes, ambos dunha soa planta. Cada un deles ten unha cuberta que unifica os módulos que alberga baixo ela. O primeiro edificio alberga o salón de peiteado canino, recepción, oficinas, o centro de adestramento, o descanso de persoal, as instalacións e a gardería canina.  O segundo edificio alberga exclusivamente o hotel canino, e contará con dúas salas de illamento, así como con 30 habitacións para cans. Tamén se realizará a urbanización do terreo con zonas de aparcamento, zonas de esparexemento e xardíns.

Arquivouse por renuncia expresa do promotor.

+ Info I 981 717 358

  • Black Facebook Icon
  • Black Instagram Icon
  • Black YouTube Icon

VIMIANZO

Edificio Servicios Múltiples.

Rúa A Torre, s/n

15129 - Vimianzo

T. 678 648 065

MALPICA DE BERGANTIÑOS

Centro Comarcal de Bergantiños.

A Camposa, s/n

15111 - Buño

T. 608 633 222

xunta.jpg
MAPA.Gob.Web.gif
bottom of page