top of page
Ancla 1

>  Proxectos Produtivos

Listaxe de Proxectos

Proxectos Produtivos Aprobados

Ancla 2

Centro de Día Aurum

   Expediente: L17-1920-22-0001

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aceptado:

Subvención Aprobada:

Descrición:

Zascor Aurum, S.L.

Zas

56 puntos

36,40

138.527,69 €

50.424,08 €

O proxecto consiste na creación e posta en marcha dun centro de día para maiores na localidade de Zas. Poderá  acoller a 60 usuarios. Crearanse 5 postos de traballo e consolidarase 1.

Creación de Centro Wellnes en Fisterra

   Expediente: L17-1920-22-0024

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aceptado:

Subvención Aprobada:

Descrición:

Estévez Medín, S.L.

Escaselas (Fisterra)

52 puntos

34,80

667.811,17 €

187.729,89 €

O proxecto consiste na creación dun centro recreativo wellnes, dotado de Spa, Sauna, Baño Turco e Fitness e contará con servizo de masaxes. Creanse 3,2 UTAs e consolidanse 6,58.

Campamento Turístico en Brandoñas

   Expediente: L17-1920-22-0019

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aceptado:

Subvención Aprobada:

Descrición:

Busto Espasandín

Brandoñas (Zas)

50 puntos

34,00%

199.386,18 €

67.791,30 €

O proxecto consiste na creación dun campamento turístico. Haberá zona de acampada, zona de carabanas, zona de ocio, barbacoa ,etc; así mesmo haberá bloques de aseos, recepción almacén/lavandería,… Haberá un máximo de 127 prazas (50 de acampada, 25 de acampada para grupos, 6 prazas en bungalows, 6 en casa de pedra e 40 en zona carabanas). Creación dun emprego.

Creación Carpintería de Aluminio e PVC

    Expediente: L17-1920-22-0008

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aceptado:

Subvención Aprobada:

Descrición:

Dumbría Aluminio e PVC, S.L.

Polígono Industrial de Cee

45 puntos

32,00%

669.767,09 €

200.000,00 €

Vaise crear unha carpintería de aluminio e PVC para o cal hai que construir unha nave no polígono. Vai haber unha zona empresarial de 476,82m2, con oficina ao público, zona de exposición, despachos, sala de reunións; e unha zona industrial de 1.117,76 m2 onde irá a fabricación, almacén de residuos, caldeira de biomasa,…. Consolídanse 2 empregos e créanse 3.

Campamento de Turismo de Corzón

   Expediente: L17-1920-22-0006

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aceptado:

Subvención Aprobada:

Descrición:

Manuel Antonio Paris Blanco

Busto – Corzón (Mazaricos)

48 puntos

33,20

171.876,40 €

57.062,96 €

Creación dun Campamento de turismo de segunda categoría en pleno Camiño de Santiago a Fisterra-Muxía. Ofrecerá servizos ao aire libre con fins vacacionais, turísticos ou educacionais, baixo a fórmula de aluguer de espazos, tendas ou bicicletas. Ademais organizará eventos e actividades como senderismo, rutas culturais, excursións, obradoiros de cociña,… Creáronse 2 empregos.

Modernización dunha oficina de Enxeñería e Diversificación a

   Actividade de Xestión Administrativa con unha Oficina Móbil

   Expediente: L17-1920-22-0027

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aceptado:

Subvención Aprobada:

Descrición:

Álvaro Núñez Ferreiro

Limideiro – Brandomil (Zas)

44 puntos

31,60

13.409,58 €

4.237,43 €

Facer as inversións necesarias para crear unha oficina para a actividade de enxeñería. Equipará a oficina cun equipo informático e creará unha páxina web . Consolidará 1 emprego.

Fabricación de Sustrato de Cultivo a partir de Residuos

   Expediente: L17-1920-22-0015

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aceptado:

Subvención Aprobada:

Descrición:

Servicios Industriales y Ambientales Vimianzo, S.L.

Lavandeira – Castrelo (Vimianzo)

41 puntos

30,40

80.404,55 €

24.442,98 €

O proxecto consiste en facer as inversións necesarias para fabricar un abono ecolóxico a partires de produtos reciclados, utilizando e valorizando residuos forestais e as cunchas do mexillón. Consolidaranse 6,26 empregos e crearase 1 novo.

Creación de carpintería de madeira

    Expediente: L17-1920-22-0014

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aceptado:

Subvención Aprobada:

Subvención en Reserva:

Descrición:

Carpintería Hertai, S.L.

Polígono Industrial de Bértoa (Carballo)

40 puntos

30,00

206.513,10 €

47.383,35 €

11.342,47 €

O promotor vai construir unha nave duns 920 m2 onde instalará o taller de carpintería, unha zona de exposición e unha zona de oficinas e atención ao público. Consolídase 1 emprego e créanse 2 novos.

Casa de Turismo Rural en Carnota

   Expediente: L18-1920-22-0053

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aceptado:

Subvención Aprobada:

Descrición:

O Lar dos Vagalumes, S.L.
Freán (Carnota)
51,0
34,40%
356.758,27 €
122.724,84 €
O proxecto consiste na rehabilitación dunha antiga casa de aldea para a creación dun establecemento de turismo rural. A casa contará con 4 cartos dobres e unha suite na planta baixa que estará acondicionada para minusválidos. Todas as habitacións terán o seu propio cuarto de baño. Así mesmo acondicionarase toda a finca e construirase unha piscina. O establecemento clasifícase como Casa de Aldea con 5 habitacións dobres (10 prazas de aloxamento). Creación dun emprego (unha muller).

Comercio Rural “Casa Xalleiro de Lago”

   Expediente: L17-1920-22-0029

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aceptado:

Subvención Aprobada:

Descrición:

Lorena Moledo Cives

Mazaricos

53 puntos

35,20%

7.453,22 €

2.623,53 €

O proxecto consiste na instalación e apertura dunha tenda “Comercio de Alimentación” ubicada nun emprazamento do Camiño de Santiago, no lugar de Lago, parroquia de Mazaricos. Acondicionarase unha antiga construción propiedade da familia antigamente adicadas a crianza de gando, garda e custodia de maquinaria agrícola. Enfócase o proxecto cara unha demanda de peregrinos da zona, así como para surtir de produtos de primeira necesidade aos habitantes da aldea.Creación dun posto de traballo (a propia promotora, muller menor de 41 anos).

Instalación de Carpintería Metálica

   Expediente: L18-1920-22-0051

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aceptado:

Subvención Aprobada:

Descrición:

Germán y Caamaño, S.L.
Polígono Industrial de Vimianzo
52,0
34,80%
471.103,43 €
163.944,00 €
O proxecto consiste na creación dunha nova instalación para Taller de Carpintería Metálica no polígono industrial de Vimianzo, mediante a construción dunha nave industrial de 1.432 metros cadrados construídos que se destinará á instalación dun tren de lacado de pezas metálicas. Consolidaranse 19,41 UTAs e crearanse 5 novos empregos, dos cales 2 serán ocupados por mulleres.

Modificación de Flitchs de madeira para pezas de alto valor engadido

   Expediente: L18-1920-22-0045

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aceptado:

Subvención Aprobada:

Descrición:

Talendis Interesa, S.L.
Buxán (Coristanco)
48,0
33,20%
22.297,17 €
7.402,66 €
O proxecto da empresa Talendis consiste na creación dunha instalación de tratamento de madeira mediante biotecnoloxía e na instalación de elementos de manutención e manipulación da madeira; así como a elaboración dun manual de traballo e outro de inoculación e manexo de fungos. O principal obxectivo do proxecto é aumentar o valor engadido dos produtos procedentes da primeira transformación da madeira. Consolidaranse 1,04 UTAs e crearase 1 novo emprego (menor de 41 anos).

Instalación carpintería de madeira en Carballo

   Expediente: L17-1920-22-0042

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aceptado:

Subvención Aprobada:

Descrición:

JOCAR DISEÑO, S.L.

Cabana de Bergantiños

45 puntos

32,00%

240.673,13 €

77.015,40 €

O proxecto consiste en construír unhas novas instalacións para albergar o taller produtivo da empresa, no polígono de Bértoa (Carballo). Construirase unha nave onde instalarán o taller de fabricación de mobiliario, así como unha parte das oficinas da empresa e equiparase coa maquinaria necesaria para poder desenvolver a actividade. Consolidación de emprego (13,75 UTAs) e creación dun emprego (1 mozo menor de 41 anos).

Mellora de empresa de vidrio

   Expediente: L18-1920-22-0052

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aceptado:

Subvención Aprobada:

Descrición:

Grupo Vevey Vidrio, S.L.
Polígono Industrial de Cee
43,0
31,20%
363.207,48 €
113.320,73 €
O proxecto consiste na construción dunha nova nave para a empresa situada no polígono industrial de Cee, dedicándoa a taller, oficina e exposición. Nesta nova nave instalarase unha ponte-grúa, así como a maquinaria que xa ten a empresa, á que se engade un centro de traballo CNC usado que adquiriu recentemente. Tamén se instalará unha estufa de pellets, e informatizarase o proceso produtivo. Os obxectivos principais son modernizar e facer mais competitiva a empresa, así como a creación de emprego no territorio. Consolidaranse 7,06 UTAs e crearanse 2 novos empregos (mozos menores de 41 anos).

Creación de Fábrica de Cervexa artesanal en Fornelos

   Expediente: L19-1920-22-0087

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aceptado:

Subvención Aprobada:

Descrición:

HOSTELVIM, S.L.
Fornelos (Zas)
54,0
35,60%
147.562,19 €
52.532,14 €

O proxecto consiste na rehabilitación dunha vivenda rural unifamiliar con anexos e cabazo para destinar a fábrica de cervexa artesanal. O obxectivo principal e conseguir un produto cun sabor alternativo ás cervexas clásicas que hai no mercado. Preténdese crear un produto natural e de calidade que se diferencie das cervexas industriais.
Con este proxecto vanse consolidar 3,41 UTAs e crear 1 UTA nova.

 

Creación de Pensión de tres estrelas en Dumbría

   Expediente: L19-1920-22-0077

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aceptado:

Subvención Aprobada:

Descrición:

Elena Dosinda Maceiras Lago
Castro (Dumbría)
49,8
33,90%
261.667,00 €
88.705,11 €

O proxecto consiste na creación dunha nova pensión de tres estrelas no Lugar de Castro (Concello de Dumbría). Trátase dunha vivenda antiga cunha pequena parcela posterior, propiedade da promotora do proxecto. A pensión contará con 6 habitacións sendo unha delas adaptada para persoas con diversidade funcional. O proxecto consiste na reforma da edificación e na adquisición de mobiliario e equipamento necesarios para a actividade. Isto completarase coa creación dunha páxina web e dun programa de xestión.

Con este proxecto vanse consolidar unha UTA e crearase 0,25 UTAs de emprego dunha muller.

Instalación de fábrica de pinturas e produtos químicos

   Expediente: L19-1920-22-0092

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aceptado:

Subvención Aprobada:

Descrición:

VTECQUIM SOLUTIONS, S.A.
Mirón, Polígono Industrial de Bértoa (Carballo)
46,0
32,40%
401.272,44 €
125.000,00 €

O proxecto consiste na creación dunha nova instalación para unha fábrica de produtos químicos e pinturas, no polígono industrial de Bértoa, concretamente na parcela F3 do mesmo, no Concello de Carballo. O proxecto consta das seguintes fases ou capítulos: compra da parcela do polígono; construción dunha nave industrial na citada parcela, de 1.183,90 m2 construídos; equipamento da nave coa maquinaria precisa para realizar o traballo; actualización da páxina web da empresa e melloras informáticas.

Con este proxecto vanse consolidar 2,76 UTAs e crearanse 3 UTAs das que dúas serán de colectivos desfavorecidos.

Elaboración de iogur artesanal

   Expediente: L19-1920-22-0095

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aceptado:

Subvención Aprobada:

Descrición:

Granxa Moreira, S.C.
Loalo (Muxía)
48,0
33,20%
25.810,00 €
8.568,92 €

Este proxecto consiste en diversificar a produción de leite fresco con produtos elaborados (iogures artesanais) coa intención de buscar mais valor engadido e a súa vez buscar produtos frescos e con máis duración co leite. O obxectivo principal é producir un iogur artesanal de máxima calidade utilizando leite fresco pasteurizado das
vacas da explotación propia da empresa, empregando coma envase do iogur vasos de vidro, co obxectivo de apoiar á terra e reducir o uso de plásticos.

Con este proxecto vaise consolidar 1 UTA.

Campamento Turístico de Bungalows en Laxe

   Expediente: L19-1920-22-0098

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aceptado:

Subvención Aprobada:

Descrición:

Carmen Pose Blanco
A Torre (Laxe)
48,0
33,20%
207.225,57 €
68.798,89 €

O proxecto consiste en crear un campamento turístico de luxo con bungalows no lugar da Torre, Concello de Laxe, na mesma finca que a promotora xa ten o actual hotel e resturante. Este ten como finalidade a implantación de bungalows na parcela Sur do Complexo Turístico Rural de “A TORRE DE LAXE”, para completar a demanda de aloxamentos na zona cun carácter de aloxamento de luxo, nunha parcela rodeada de árbores e a posibilidade de compartir instalacións do complexo hostaleiro. Proxéctase a instalación de tres bungalows de dous cuartos dobres  e unha terraza exterior aberta e unha construción, tamén prefabricada en madeira para: recepción, local para persoal de servizo e lavandería.
Con este proxecto vanse consolidar 3,44 UTAs.

Pensión de tres estrelas en Fisterra

   Expediente: L19-1920-22-0089

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aceptado:

Subvención Aprobada:

Descrición:

María Pilar Pérez Castro
Fisterra
42,5
31,00%
434.393,03 €
125.000,00 €

O proxecto consiste na ampliación dunha pensión dunha estrela e aumentar de categoría pasando a tres estrelas. Localízase no núcleo de Fisterra. Co proxecto pasaríase a dedicar todo o edificio á actividade, pasando dunha planta a catro plantas e de 7 habitacións a 24. A temática principal do establecemento xirará en torno ao deporte, combinando as estancias coa realización de actividades de ocio ou deportivas cos clientes. A ampliación supón reformar e equipar todo o establecemento, así como a creación dunha páxina web e dunha app con rutas propias para realizar cos clientes e descargalas no móbil. Crearanse 1,50 empregos de colectivos desfavorecidos e consolidaranse 2,64.

Proxecto de melloras tecnolóxicas en industria hortofrutícola

   Expediente: L19-1920-22-0082

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aprobado:

Subvención Aprobada:

Descrición:

Hortalizas R. López, S.L.
A Laracha
36,0
28,40%
58.350,00 €
16.571,40 €

O proxecto consiste na implantación  dunha liña de envasado en Flow Pack destinada principalmente a diferentes variedades de tomate ecolóxico provintes da explotación hortícola do propio solicitante. O promotor ten unha explotación hortícola que está en proceso de conversión a ecolóxica (CRAEGA) e quere recuperar o cultivo e o interese comercial de produtos de orixe local e de variedades propias da comunidade.
Vanse consolidar 9,01 UTAs (2 autónomos e 7,01 empregados)

Creación instalación de panadería

   Expediente: L17-1920-22-0013

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aceptado:

Subvención Aprobada:

Subvención en Reserva:

Descrición:

Panadería O Sabio, S.L.

Ponteceso

38,5 puntos

29,40%

204.517,47 €

47.273,62 €

12.854,52 €

Construción dunha nave no lugar do Bronllo, no concello de Cabana de Bergantiños, onde se instalará un obrador de panadería e pastelería, así como unha pequena Sala Museo con un muíño antigo de panadería. Creación dun emprego e consolidación de 14,48 UTAs

Proxecto para a modernización, ampliación e melloras tecnolóxicas

   Expediente: L19-1920-22-0088

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aceptado:

Subvención Aprobada:

Descrición:

Agromascotas Bergantiños, S.L.
Mirón - Bértoa (Carballo)
31,0
26,40%
57.510,70 €
15.182,82 €

A empresa dedícase fundamentalmente á clasificación, manipulación, envasado e comercialización por xunto de cereais para alimentación animal. Adquirirase unha completa liña de proceso con envasado que permitirá practicamente automatizar en gran medida un proceso que agora se realiza de forma totalmente manual, mellorándose as condicións de traballo, a calidade do produto que se verá sometido a menos manipulacións e a unha clasificación en criba automática más exhaustiva, mellorando a atención ao cliente racionalizando a produción e aumentando a produtividade reducindo os tempos de procesos. Ademais, este equipo posibilitará novas presentacións como envasados diferentes. 

Consolídanse 2,38 empregos.

Modernización de empresa de obras e servizos

   Expediente: L18-1920-22-0071

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aceptado:

Subvención Aprobada:

Descrición:

Movimientos Santa Cristina, S.L.
Santa Cristina (Vimianzo)
30,0
26,00%
199.500,00 €
51.870,00 €

O proxecto consiste na adquisición de maquinaria para unha empresa de preparación de terreos para obras en xeral e outros servizos. O principal obxectivo é modernizar a empresa en traballos concretos de obras e servizos, para poder competir no mercado e evitar así quedar relegada na contratación de determinados traballos que supoñen o mantemento da empresa. Búscase a mellor tecnoloxía dispoñible para realizar os traballos, en canto a seguridade, eficiencia e calidade dos traballos que se pretenden realizar.
Con este proxecto vanse consolidar 4,06 UTAs e crear 1 UTA nova.

 

Pensión Rústica en Zas

   Expediente: L20-1920-22-0116

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aceptado:

Subvención Aprobada:

Descrición:

María Belén Trigo Osinde
Lamas (Zas)

54,5

35,80%

215.875,45 €
77.283,41 

O proxecto consiste na creación dunha pensión rústica de 2 estrelas no Concello de Zas. O investimento levarase a cabo nunha finca con casa, propiedade da promotora, situada no lugar de A Braña –parroquia de Lamas, Concello de Zas. A edificación é unha vivenda tradicional galega, do século XIX, casa de aldea, con alpendre e un hórreo. A parcela onde está a casa ten 1.151 m2 e a superficie total construida vai ser 225,04 m2. Contará con 4 habitacións con baño (das cales 1 é para minusválidos), cociña, salón, lareira, obradoiro de pan, almacén e cuarto de instalación.

Consolídase o emprego da promotora e créanse 0,5 UTAs para unha muller.

Modernización empresa Produtos Químicos

   Expediente: L20-1920-22-0118

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aceptado:

Subvención Aprobada:

Descrición:

Savelo, S.L.
Mirón, Polígono Industrial de Bértoa (Carballo)
46,0
32,40%
532.617,02 

125.000,00 €

O proxecto consiste na construción dunha nave no polígono industrial de Bértoa en Carballo, nas parcelas D4, D5 e D6 do mesmo para destinala a almacén e fabricación de produtos de limpeza, perfumería e droguería por parte da empresa SAVELO, S.L.
Con esta nave preténdese modernizar a empresa e incrementar a capacidade produtiva da planta actual (Coristanco). A nova planta vai ter unha superficie de 2.645 metros cadrados. Estará distribuída en dúas plantas cunha zona de traballo e almacenamento, e outra para oficinas, aseos e vestiarios do persoal.

Crearase un emprego cunha persoa xoven menor de 41 anos e manteranse 8,22 empregos.

Proxecto de ampliación e mellora de tenda agraria

   Expediente: L20-1920-22-0114

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aceptado:

Subvención Aprobada:

Descrición:

COREBER, S.C.G.
Pazos (Ponteceso)

45,0

32,00%

125.420,63 €
40.134,60 €

Ampliación de tenda agraria para optimizala e facela máis operativa. Remodelación interior, ampliación e acondicionamento exterior e adquisición de mobiliario e equipamento novos.

Coa actuación que se vai levar a cabo aumentaranse os servizos de venda de productos, ademáis de dar un servizo de perruquería canina. Consolidaranse 12,47 empregos.

Mellora empresa de Instalacións Eléctrica

   Expediente: L20-1920-22-0119

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aceptado:

Subvención Aprobada:

Descrición:

Miguel Ángel Pérez Méndez
Quintáns (Muxía)

39,5

29,80%

38.032,41 
11.333,66 

O proxecto consiste na construción dunha pequena nave para almacén de material, así como para realizar traballos de electricidade e probas piloto de enerxías renovables. Este proxecto vaise realizar no lugar de Quintáns, nº 11, parroquia de San Martiño, no Concello de Muxía, nunha parcela que lle cede a súa familia ao promotor para levar a cabo este proxecto. Todo isto vaise complementar coa elaboración da páxina web promocionando e ofertando os servizos, como un paso mais na modernización e uso das TIC´S na empresa.

Crearase 0,5 UTA´s de emprego cunha persoa xoven menor de 41 anos e manteranse 2,16 empregos.

Creación Pensión 3 Estrelas

   Expediente: L21-1920-22-0131

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aceptado:

Subvención Aprobada:

Descrición:

CB Hnos., S.L.

Os Muíños – Moraime (Muxía)

50,0

34,00%

218.950,00 €

74.443,00 €

O proxecto consiste na creación dunha pensión de 3 estrelas no Lugar dos Muiños, Concello de Muxía. Trátase de rehabilitar unha vivenda rural existente, que ten planta baixa, primeira e baixo cuberta e un alpendre en estado ruinoso, para adaptala ao uso de pensión e obtendo 5 cuartos dobres e un cuarto individual, que será adaptado para persoas con discapacidade.
Créanse 2,5 UTAs, os dous socios (1 moza e un mozo) e máis unha muller a media xornada.

Ampliación Comercio de Maquinaria e Ferretería

   Expediente: L21-1920-22-0132

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aceptado:

Subvención Aprobada:

Descrición:

Antonio Riveiro Remuiñán

Coristanco

52,0

34,80%

159.670,25 €

55.565,25 €

O proxecto consiste na ampliación dun comercio de maquinaria en Coristanco, e incrementar a actividade poñendo a venda tamén produtos de ferretería (co cal daríase de alta nunha nova actividade económica). A finca ten unha superficie de 464 metros cadrados, e vaise facer unha nova construción de 309,70 metros cadrados, así como a compra de equipamento (mobiliario, expositores e estanterías).
Creación e consolidación de emprego na zona. A empresa vai crear dous novos postos de traballo (colectivos desfavorecidos), así como consolidar 3,04 postos de traballo actuais.

Ampliación Centro Canino en Brandomil

   Expediente: L21-1920-22-0144

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aceptado:

Subvención Aprobada:

Descrición:

Ethical Services For Animals, S.L.

Limideiro - Brandomil (Zas)

54,0

35,60%

422.100,00 €

125.000,00 €

O proxecto consiste na ampliación dun centro canino que ten a empresa no lugar de Limideiro, concello de Zas. Este proxecto pretende ampliar as instalacións existentes, cun edificio exclusivo para albergar os cans abandonados que se recollan, outro para gatos abandonados, outro conxunto de pequenas estancias para aloxamento dos cans de cría, e o último un edificio exclusivo para recibir aos clientes, con salas de consulta veterinaria, de infeccións, vestiarios do persoal. Ademais no edificio asistencial vaise a instalar un sistema de calefacción con estufa de pellets para climatizala no inverno, e vaise facer unha mellora da web con información completa de todos os servizos ofertados.
Creación dun emprego con colectivo desfavorecido (xoven menor de 40 anos) e consolidación de 6,32 UTAs.

> Campamento de Turismo AIR-Fervenza

   Expediente: L21-1920-22-0121

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aceptado:

Subvención Aprobada:

Descrición:

Aeroservicios T&J, S.L.
Vilafernández - Olveira (Dumbría)
43,0
31,20%
172.668,01 €
53.872,42 €

O proxecto consiste na habilitación dunha zona de campamento turístico composta por 5 cabanas prefabricadas das cales unha delas estará reservada para recepción e catro destinadas ao aloxamento. Unha das construcións estará habilitada con elementos de accesibilidade para persoas con problemas de discapacidade. A capacidade de aloxamento será de 12 persoas. Manteranse 2,81 empregos.

> Creación de empresa auxiliar de servizos de instalación de tubería

   Expediente: L21-1920-22-0130

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aceptado:

Subvención Aprobada:

Descrición:

Instatube, S.L.
A Trabe (Ponteceso)
32,0
26,80%
4.454,00 €
1.193,67 €

O proxecto consiste en crear unha empresa nova por parte de tres socios para adicarse a empresa auxiliar de servizos de instalación de tubería, que orientará a súa producción a satisfacer principalmente a numerosa demanda existente ofertada por grandes empresas.
Crearanse 3 UTAs, as dos socios da empresa (1 deles é menor de 41 anos).

> Proxecto de melloras tecnolóxicas en planta de Pensos Compostos

   Expediente: L21-1920-22-0143

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aceptado:

Subvención Aprobada:

Descrición:

Agrosoneira, S.L.
Salto - Reparada (Vimianzo)
32,0
26,80%
59.890,00 €
16.050,52 €

O proxecto consiste na ampliación das celas destinadas aos correctores para fabricación de pensos para gando. Os pensos na actualidade, ademais de cereais, subprodutos, etc. inclúen os denominados correctores, que non son outra cousa que complementos vitamínicos que corrixen as deficiencias nutricionais que poidan padecer estes animais na súa explotación intensiva e deste modo poder maximiza-la saúde do animal e os seu resultados produtivos. 
Consolidaranse 15,42 empregos en total.

> Lavandería Autoservizo

   Expediente: L21-1920-22-0129

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aceptado:

Subvención Aprobada:

Descrición:

Covasower, S.L.
A Trabe (Ponteceso)
28,0
25,20%
48.826,05 €
12.304,16 €

O proxecto consiste na creación dunha empresa dedicada a ofrecer servizos de lavandería autoservizo, para o cal instalará maquinaria con funcionamento mediante domótica de secado e lavado de maneira independente. A apertura e peche do local controlarase de forma remota.

> Instalación de planta de RCDs

   Expediente: L23-1920-22-0156

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aceptado:

Subvención Aprobada:

Descrición:

Gesmaga, S.L.
Furoca (Coristanco)
48
33,20%
281.950,00 €

93.607,40 

O proxecto consiste na posta en marcha dunha nova planta de tratamento de residuos da construción nunha parcela da súa propiedade. A planta de tratamento consta das seguintes partes: instalación dunha tolva par recepción dos produtos iniciais; tromel de 8 metros de longo; unha cinta de alimentación do tromel de 1 metro de ancho; unha cinta transportadora de 65 cm de ancho para transportar os residuos de rechazo dende o tromel á cabina de triaxe; dúas cintas de acopio para acopio e separado de materiais; separador magnético para separación de metais; soplador/separador por caudal de aire para elementos lixeiros de rechazos; sistema de triaxe formado por banda reforzada de 14,5 metros; cabina de triaxe de 3,25 metros. Ademais da liña de tratamento de residuos da construción, crearase unha páxina web para a empresa.
Con este proxecto, a empresa vai a xestionar todo tipo de residuos da construción. 

Crearase 1 UTA e consolidaranse 6,04 UTAs.

> Campamento de Turismo Espazo Razo - Carballo

   Expediente: L23-1920-22-0157

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aceptado:

Subvención Aprobada:

Descrición:

Espazo Nature Retreat, S.L.
Cambre (Carballo)
52
34,80%
703.750,00 €
125.000,00 €

Instalación e explotación dun campamento turístico de alta calidade na contorna da praia de Razo (Carballo), con oferta integrada de cabanas ecosostibles, tendas de glamping e caravanas, e un edificio central de servizos.
A seña de identidade de todo o complexo é un deseño de alta calidade, primando a sustentabilidade e integración na contorna natural, con cubertas axardinadas e estruturas lixeiras de madeira para convertelas en pequenos almacéns de CO2. Ademais, a disposición interior está enfocada ao confort dos usuarios, cun ambiente acolledor e coidado, contando con baño propio, cociña, jacuzzi exterior, terraza.
Trátase dun proxecto certificado turismo verde: enerxía renovable para calefacción e a.c.s., integración paisaxística con tellados axardinados, cabanas de madeira elevadas do chan para non prexudicar a biodiversidade. Fomentarase a colaboración con outros negocios locais.

Crearanse 2 UTAs.

> Lavandería Autoservizo en A Picota

   Expediente: L23-1920-22-0165

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aceptado:

Subvención Aprobada:

Descrición:

Lavandería JYF, S.C.
A Picota (Mazaricos)
49,5
33,80%
33.103,00 €
11.188,81 €

O proxecto consiste na creación dunha empresa adicada a ofrecer servizos de lavandería autoservizo, para o cal instalarán maquinaria de lavado e secado (2 lavadoras e 2 secadoras). A apertura e peche do local controlarase de forma remota, ao igual que a atención das incidencias. Usarase unha aplicación móbil para controlar a apertura e o peche. Dende o teléfono móbil, Tablet ou ordenador pódese controlar todo o proceso. 
Crearase 1 UTA.

> Campamento en Alborés

   Expediente: L23-1920-22-0166

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aceptado:

Subvención Aprobada:

Descrición:

Aldea Rural Fonte Seca, S.L.
Alborés (Mazaricos)
66,5
40,00%
504.370,10 €
125.000,00 €

O proxecto consiste na creación dun campamento turístico  de 3 estrelas no Lugar de Alborés, Concello de Mazaricos. Contará con 10 pequenas instalacións estables (cabanas/bungalows), con dúas tipoloxías de cabanas. Cada cabana vai estar nunha parcela delimitada e independente das demais. Contará tamén con 31 parcelas mais para tendas de campaña, caravanas, autocaravanas. Total 139 prazas. Construiranse tamén 3 volúmes máis: un para bar e oficinas, outro para ocio e recepción e un terceiro para vestiarios. 

Crearanse 0,5 UTAs e consolidaranse 0,5 UTAs.

> Ampliación empresa de mecanizados

   Expediente: L23-1920-22-0173

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aceptado:

Subvención Aprobada:

Descrición:

Mecanizados Ainán, S.L.
Polígono Industrial de Bértoa - Mirón (Carballo)
52
34,80%
535.591,16 €
125.000,00 €

O proxecto consiste na creación dunha nova instalación, no polígono industrial de Bértoa, Carballo, concretamente na parcela número I-9 do mesmo, con frente a Rúa Titanio. O proxecto consta das seguintes fases ou capítulos: construción dunha nave industrial na citada parcela de 1.896 metros cadrados construídos, dedicada á fabricación de accesorios para a carpintería metálica e PVC; equipamento da nave coa maquinaria precisa para realizar o traballo; creación de páxina web para promocionar a empresa e produtos.

Crearanse 2 UTAs con colectivos desfavorecidos e consolidaranse 6,67 UTAs.

> Pensión de 2 estrelas en San Adrián de Castro

   Expediente: L23-1920-22-0177

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aceptado:

Subvención Aprobada:

Descrición:

Delfina Varela Castro
San Adrián de Castro (Zas)
52
34,80%
292.621,31 €
101.832,21 €

O proxecto consiste na rehabilitación dunha vivenda que data do 1850 (o semisótano) e dúas plantas reformadas nos anos 60. Crearase unha pensión de dúas estrelas que constará de tres apartamentos: dous na planta baixa cunha habitación dobre, baño, salón comedor e cociña e un na planta alta con dúas habitacións dobres, 2 baños, salón comedor e cociña. No semisótano instalaranse servizos como a lavandería. Tamén se creará un aparcamento.

Consolidarase 1 UTA.

> Melloras tecnolóxicas en fábrica de pensos

   Expediente: L22-1920-22-0151

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aceptado:

Subvención Aprobada:

Subvención en Reserva:

Descrición:

Agrosoneira, S.L.
Salto - Reparada (Vimianzo)
32
26,80%
56.430,00 €
4.185,77 €

10.937,47 €

O proxecto consiste na instalación dun sistema de aspiración sobre a piqueira que permita recuperar a maior parte dos finos xerados durante a descarga das materias primas, moitas delas subministradas en forma de fariñas. Para minimizar ó máximo as mermas procederase a instalar na piqueira dito sistema de aspiración composto por dous filtros de mangas que proporcionan unha superficie filtrante de 43 m2 con sistema neumático de limpieza para as mangas, alimentados por medio dun ventilador de 20 CV de potencia, controlado todo electrónicamente a fin de automatiza-lo proceso. O ventilador disporase nunha bancada, montada con silentblocks a fin de minimiza-las vibracións, sobre a piqueira.

Consolidaranse 16 UTAs.

> O Petroglifo: de casa labrega a aloxamento turístico

   Expediente: L23-1920-22-0160

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Aceptado:

Subvención Aprobada:

Descrición:

O Caseiro Inversións, S.L.U.
Canedo (Carnota)
43,5
31,40%
77.269,88 €
24.262,74 €

O proxecto consiste na rehabilitación integral e equipamento dunha antiga casa labrega de pedra para convertela nunha pensión con 4 apartamentos totalmente equipados, sendo 1 deles practicable. Ademais, acondicionarase unha parcela próxima con 4 prazas de aparcamento para dar servizo o aloxamento. Toda esta rehabilitación farase mantendo a estrutura orixinal da casa. O uso de enerxías alternativas e unha prioridade do proxecto e instalarase aerotermia tanto para a ACS como para a climatización.
Crearanse 0,5 UTAs.

> Pensión de 3 estrelas en Touriñán

   Expediente: L23-1920-22-0161

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Previsto:

Subvención Prevista:

Descrición:

Valentín Amigo Pombo
Campos - Touriñán (Muxía)
46,5
32,60%
438.923,25 €
125.000,00 €

O proxecto consiste na rehabilitación de edificación existente para a creación dun establecemento hostaleiro situado na Fonte dos Corvos s/n, Campos, Parroquia de Touriñán, CP 15124, Concello de Muxía (A Coruña). A edificación existente que se pretende rehabilitar componse de seis naves encostadas e interconectadas entre si, todas dunha soa planta con cuberta inclinada a unha ou dúas augas. As seis naves no seu conxunto conforman unha edificación dunha soa planta, perímetro irregular e cuberta fragmentada, aspectos que resultan da xustaposición das naves que a compoñen. Desas seis naves existentes, dúas foron construídas conxuntamente formando no seu día a construción orixinaria, á que posteriormente se foron engadindo as demais naves anexas.
O proxecto expón a rehabilitación das dúas naves orixinarias e a demolición do resto de naves anexas que foron construídas posteriormente. Recuperando por tanto o que no seu día foi a construción orixinaria e considerada tradicional en base á súa antigüidade.

Crearanse 0,5 UTAs e consolidarase 1 UTA.

Proxectos Produtivos en Trámite

Ancla 3

> Modernización de vestiarios, aseo e laboratorio

   Expediente: L22-1920-22-0154

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Previsto:

Subvención Prevista:

Descrición:

Agrosoneira, S.L.
Salto - Reparada (Vimianzo)
32
26,80%
59.543,26 €
15.957,59 €

O proxecto xurde polos seguintes requirimentos, produto do crecemento da industria tanto en volume de materias primas procesadas como persoal incorporado ó plantel, ademais da necesidade de adaptarse ás novas normativas no que a benestar laboral dos seus empregados respecta.

Reorganización da zona adicada a comercial, é dicir a actual zona comercial trasládase a outra nave, co que lle vai quedar a actual zona que comprende: Aseo, Vestiario, recepción e tenda, que abarca uns 152 m2 libre para albergar as novas dependencias  para o cal se fai este proxecto e que vai conter: Cuarto de limpeza, aseo adaptado, vestiario masculino, vestiario feminino, muestroteca da fábrica de pensos e laboratorio, así como zona de descanso e/ou comedor, o que permitirá mellorar a calidade da instalación de cara ó operario, logrando deste modo un mellor ambiente laboral.
Consolidaranse 16,22 UTAs.

> Modernización empresa obras e servizos

   Expediente: L23-1920-22-0163

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Previsto:

Subvención Prevista:

Descrición:

Movimientos Santa Cristina, S.L.
Santa Cristina (Vimianzo)
28
25,20%
327.573,45 €
82.548,51 €

Os obxectivos deste proxecto son a ampliación do parque de maquinaria actual da entidade adicados o mantemento e conservación de obras públicas. Os traballos relacionados con esta actividade consisten en dar servizo de mantemento e conservación de viais, xeralmente a entidades públicos estatais, autonómicos ou municipais. Para realizar ditos traballos a entidade conta con persoal propio contratado, non en tanto, coa previsión de aumentar os servizos prestados grazas a compra destas novas máquinas, prevese un aumento das contratacións e un aumento da plantilla en un traballador.

Crearase 1 UTA e consolidaranse 22,62 UTAs.

> Modernización procesos produtivos Montajes Lourido

   Expediente: L23-1920-22-0168

Promotor:

Lugar:

Puntuación:

% de Axuda:

Investimento Previsto:

Subvención Prevista:

Descrición:

Montajes Lourido, S.L.
Vimianzo
25
24,00%
120.840,00 €
29.001,60 €

O proxecto consiste na compra dun novo equipamento especializado para a carpintería, consistente en: centro de mecanizado CNC; canteadora; compresor de tornillo.

Consolidaranse 8 UTAs.

Proxectos Produtivos Arquivados