

Baremo e POrcentaxe
de Axuda
Baremo
Unha vez que o promotor presente a solicitude de axuda, xunto con toda a documentación necesaria para a tramitación do expediente, o equipo técnico do GDR deberá elaborar o Informe de Control de Elexibilidade (ICE) para remitir á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER).
Unha das cousas que hai que reflexar no ICE é a baremación e puntuación acadada polo proxecto. No ICE informarase de se o proxecto é subvencionable ou non, da puntuación acadada e da subvención que lle corresponde, se é o caso. Se o proxecto é subvencionable, en función da puntuación acadada corresponderalle unha determinada porcentaxe de subvención.
Hai un baremo para proxectos productivos e outro baremo para proxectos non productivos.
Porcentaxe de Axuda
A valoración do GDR determinará a porcentaxe de subvención para cada proxecto. Os proxectos de natureza produtiva non han superar nunca o 40% de axuda pública, cunha contía máxima de 125.000 € por proxecto. Os de natureza non produtiva poden chegar a acadar o 90% do financiamento, sempre atendendo a súa priorización segundo os criterios de baremación establecidos e cunha contía máxima de axuda de ata 38.000 € por promotor.