> Como Facerte Socio
Composición
A Asociación Costa da Morte-GDR estará integrada por un conxunto equilibrado e representativo dos interlocutores dos diferentes sectores socioeconómicos, tanto públicos como privados, con arraigo no ámbito de actuación da asociación, debendo ter tamén un carácter equilibrado e representativo no plano territorial.
Non poden formar parte da asociación as persoas físicas e as sociedades mercantís, excepto as seguintes entidades da economía social: cooperativas, sociedades agrarias de transformación e sociedades laborais.
Rexe o principio de portas abertas, tanto para incorporación de novos asociados como para quenes queiran deixar de selo.
Adquisición da condición de Asociado
Para adquirir a condición de asociado haberá que presentar unha solicitude de ingreso xunto coa seguinte documentación:
> Acordo do órgano competente da entidade que exprese a vontade de ser asociado
> Acordo do órgano competente nombrando a persoa que a representará na asociación
e quen a sustituia.
> Copia dos Estatutos
> Copia da Acta de Constitución
> Copia do C.I.F. da entidade e do N.I.F. do representante e Sustituto
> Autorización de domiciliación das cotas en conta bancaria
> Acreditación dun ano de actividade no territorio
Cando o candidato a ser asociado non teña o seu domicilio social no ámbito de actuación desta asociación deberá demostrar que desenvolve unha actividade relevante e consolidada no tempo en dito ámbito territorial.
Número de Asociados Fundadores por Mesas Sectoriais
> Sector Agrario e Gandeiro: 29 asociados
> Sector Forestal: 18 asociados
> Asociacións de Mulleres: 10 asociados
> Asociacións Xuvenís: 2 asociados
> Asociacións Culturais, Recreativas e Medio Ambientais: 42 asociados
> Asociacións Deportivas: 17 asociados
> Asociacións de Veciños: 26 asociados
> Asociacións multisectoriais de empresarios, axentes sociais e sectores non adscritos noutras mesas: 22 asociados
> Sector Turismo, Hostalería e Artesanía: 7 asociados
> Sector Institucional: 10 asociados
Total: 183
Listaxe de descargas
> Modelo de solicitude de ingreso
> Modelo de autorización de domiciliación das cotas en conta bancaria