top of page

>  Criterios xerais

Territorio Elixible

O ámbito territorial cuberto pola Medida Leader no Marco da PEPAC 2023-2027 que xestiona a Asociación Costa da Morte - GDR  corresponde coa totalidade do territorio dos concellos do ámbito de actuación desta asociación, que son os seguintes: Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas.

Requisitos Xerais

Estar localizados no territorio elixible da Asociación Costa da Morte –GDR.

Ser viables técnica, económica e financeiramente, para proxectos de natureza produtiva e técnica e financeiramente para proxectos non produtivos.

> Axustarse á normativa sectorial (comunitaria, estatal e autonómica) que resulte de aplicación para cada tipo de proxecto.

Que o investimento non estea iniciado na data de presentación da solicitude de axuda.

Ser finalistas, é dicir, que na data da xustificación final dos investimentos os gastos subvencionados cumpran os obxetivos e funcións para os cales foron aprobados os proxectos.

Beneficiarios

Poderá ser beneficiario destas axudas calquera persoa física ou xurídica que promova un proxecto no ámbito de actuación da Asociación Costa da Morte – GDR, polo que os proxectos poderán ser promovidos por:

Persoas físicas


Persoas xurídicas de carácter privado:

. Sociedade laboral

. Sociedade mercantil

. Sociedade civil

. Soc. Agraria de transformación

. Cooperativa

. Asociación

. Fundación

Entidades públicas de carácter local ou comarcal: concellos, mancomunidades, consorcios e entidades dependentes das anteriores.


As comunidades de montes veciñais en mancomún e as súas mancomunidades

AS COMUNIDADES DE BENS NON PODEN SER BENEFICIARIAS

Non poderán ser beneficiarios as agrupacións de persoas xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade que careza de personalidade xurídica propia.

 

Os beneficiarios deberán cumprir os requisitos de pequena empresa.

Tipoloxía de Proxectos Subvencionables

Serán subvencionable os proxectos que teñan encadramento na Estratexia de Desenvolvemento Local do GDR e sempre e cando cumpran as condicións de subvencionabilidade que se especifican nas  Bases Reguladoras da Medida Leader.

PROXECTOS PRODUTIVOS

Sector da produción agraria primaria.
. Investimentos en explotacións agrarias, destinados á mellora da eficiencia enerxética e/ou ao emprego de fontes de enerxía renovables.
. Investimentos dirixidos á implantación dunha actividade agrícola, gandeira ou agroforestal, complementaria a unha actividade principal non agraria (investimento máximo subvencionable de 30.000 €).
. Proxectos ata un máximo de 40.000 € de investimento, sempre que non exista unha liña de axudas pola Cosellería do Medio Rural.
. Investimentos vinculados a procedementos ou instrumentos de mobilización ou recuperación de terras.

 

Transformación e comercialización de produtos agrarios.
Investimentos para a creación, ampliación e modernización de empresas destinadas á transformación e/ou comercialización de produtos agrarios.

 

Transformación e comercialización de produtos forestais.
Operacións anteriores a primeira transformación da madeira. Investimentos para uso da madeira como materia prima e fonte de enerxía, a produción de bioprodutos forestais, a produción de cogumelos  
baixo sustrato forestal, equipamento, recolla e procesado da castaña.
 

Creación, modernización ou ampliación de empresas que desenvolvan actividades non agrarias.
. Investimentos que supoñan a creación, ampliación e modernización de pequenas empresas en sectores da economía distintos ao da produción agraria primaria.

 

Bono activa rural
. Axudas para a creación e posta en marcha de actividades non agrarias non vinculadas a investimento, para persoas físicas que se dean de alta en autónomos, xeren actividade empresarial e creen o seu posto de traballo. Axuda máxima ata 12.500 €.

PROXECTOS NON PRODUTIVOS

Proxectos de interese público ou colectivo e que non supoñan o inicio ou desenvolvemento dunha actividade económica:
. Investimentos dirixidos ao mantemento, recuperación e rehabilitación do patrimonio cultural e natural.
. Investimentos referidos á creación, mellora ou ampliación de servizos para a poboación rural, como as actividades recreativas e culturais, xunto coas correspondentes infraestruturas a pequena escala.

Gastos e Investimentos Subvencionables

. Construción, adquisición (límite do 50% sobre o total investimento admisible) e mellora de bens inmobles.
. Adquisición de terreos ata o límite do 10% do total dos gastos subvencionables.
. Adquisición de maquinaria e equipamento novos.
. Adquisición e desenvolvemento de programas informáticos, creación de páxinas web, estudos e publicacións.
. Custos xerais vinculados aos gastos de investimento (honorarios de profesionais, estudos de viabilidade,…). Máximo do 12% sobre o total do investimento aceptado.
. Gastos notariais e rexistrais e adquisición de patentes e licenzas, dereitos de autor e marcas rexistradas. Máximo do 20% sobre o total do investimento aceptado xunto cos custes xerais.
. Medios e equipos de transporte (exceptuando os investimentos realizados por empresas do sector do transporte, tanto de persoas como de mercadorías).

Presentación Solicitudes de Axuda

As solicitudes de axuda deberán presentarse por vía electrónica na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (procedemento MR701L)https://sede.xunta.gal

+ Info I 981 717 358

  • Black Facebook Icon
  • Black Instagram Icon
  • Black YouTube Icon

VIMIANZO

Edificio Servicios Múltiples.

Rúa A Torre, s/n

15129 - Vimianzo

T. 678 648 065

MALPICA DE BERGANTIÑOS

Centro Comarcal de Bergantiños.

A Camposa, s/n

15111 - Buño

T. 608 633 222

xunta.jpg
MAPA.Gob.Web.gif
bottom of page