

ACTIVIDADES DE FORMACIÓN 2025
aPRENDE E CRECE CON NÓS!!

ACTIVIDADES programadas
Desde o GDR Costa da Morte, ofrecemos ao longo do presente ano 2025 unha serie de cursos prácticos e gratuitos dirixidos a persoas emprendedoras, agricultores e gandeiros e amantes en xeral do campo e dos produtos locais.
Os cursos programados para a presente anualidade son os seguintes:
-
Caderno de Campo Dixital
-
Conservas Vexetais
-
Transición de Agricultura Convencional a Ecolóxica
Estes cursos levaranse a cabo en distintas localizacións do ámbito de actuación do GDR dende o mes de xuño ata outubro.
A continuación presentamos os carteis co calendario e programa dos cursos así como a localización prevista para a realización de cada un deles.

información e descargas
CALENDARIO DE CURSOS 2025
CARTEIS E PROGRAMA DOS CURSOS:
> Transición de Agricultura Convencional a Ecolóxica (Muxía - inicio 3 de xuño)
> Caderno Dixital Agrario (Dumbría - inicio 4 de xuño)
> Transición de Agricultura Convencional a Ecolóxica (A Laracha - inicio 5 xuño)
> Caderno Dixital Agrario (Cabana de Bergantiños - inicio 2 de xullo)
> Caderno Dixital Agrario (Vimianzo - inicio 10 de setembro)
Máis información:
Asociación Costa da Morte - GDR
Telf.: 981 717 358

