top of page
Trabajo en equipo Manos apiladas

COOPERACIÓN

proxectos de cooperación

Nesta sección recóllense os proxectos de cooperación nos que o noso GDR participa con outras entidades e Grupos, fomentando o desenvolvemento rural, o intercambio de experiencias e o fortalecemento de redes territoriais.

Nova Economía para a Aldea do Século XXI

Un proxecto de cooperación LEADER que une aldeas e GDR de Galicia, Asturias e Euskadi para repensar e dinamizar a vida rural a través de modelos de economía local sustentable. Busca consolidar sistemas agroecolóxicos, enerxéticos e empresariais locais, promover intercambio de experiencias e xerar sinerxías entre territorios rurais que afrontan retos comúns como o despoboamento, a innovación social e a sustentabilidade económica.

 

Interritmos – Raíces Vivas

Un proxecto promovido en rede polos GDR galegos e a Asociación Deloa, co obxectivo de poñer en valor o patrimonio cultural inmaterial a través da música tradicional. Interritmos busca acompañar a talentos da música de raíz, crear pontes entre tradicións culturais (como o patrimonio galego e o flamenco) e dinamizar a cultura no medio rural mediante encontros e actividades artísticas no territorio.

Comedores Responsables KM0

Coordinado polo GDR Terras de Compostela, este proxecto de cooperación Leader pretende xerar modelos alimentarios máis sostibles e de proximidade nos comedores colectivos (escolares, residencias, centros de día…). O programa está aliñado coa Estratexia Europea “Da Granxa á Mesa” e coa normativa estatal que impulsa o consumo de produtos locais nos comedores, e busca apoiar a transición cara a hábitos alimentarios saudables, reforzar os produtores locais e fortalecer as canles curtas de abastecemento.

Vía Mariana Luso-Galaica

Un proxecto que impulsa a promoción dunha ruta cultural e patrimonial entre Galicia e o norte de Portugal. A Vía Mariana é unha iniciativa que contribúe á dinamización sociocultural e turística do medio rural, poñendo en valor antigos camiños, santuarios marianos e elementos do patrimonio natural e inmaterial. A través da cooperación entre axentes do territorio, este proxecto busca recuperar e fomentar itinerarios históricos e culturais, así como potenciar o desenvolvemento local asociado ao turismo sostible e á interpretación patrimonial.

 

 

 

Que aportan estes proxectos?

 

Cada un deles contribúe ao desenvolvemento do medio rural desde unha perspectiva diferente, pero con valores comúns:

  • Impulsar o desenvolvemento económico e social do rural

  • Fomentar redes e colaboracións interterritoriais

  • Promover prácticas sostibles e innovación

  • Valorar e dinamizar o patrimonio cultural e natural

O NOSO TRABALLO

Ponte en contacto para que podamos empezar a traballar xuntos.

Gracias pola túa mensaxe!

+ Info I 981 717 358

  • Black Facebook Icon
  • Black Instagram Icon
  • Black YouTube Icon

VIMIANZO

Edificio Servicios Múltiples.

Rúa A Torre, s/n

15129 - Vimianzo

T. 678 648 065

MALPICA DE BERGANTIÑOS

Centro Comarcal de Bergantiños.

A Camposa, s/n

15111 - Buño

T. 608 633 222

xunta.jpg
MAPA.Gob.Web.gif
bottom of page