

tierra de oportunidades 2026
Caixabank, en colaboración co GDR Costa da Morte pon en marcha por segundo ano consecutivo, o programa “Tierra de Oportunidades”, unha iniciativa coa que apoia e impulsa o emprendemento rural e a creación de emprego, ao mesmo tempo que contribúe a defender o crecente despoboamento dos núcleos rurais.
A entidade financeira asinou un acordo coa “Asociación Costa da Morte - GDR” co obxectivo de impulsar á creación de emprego a través de dúas liñas de actuación: premios a emprendedores rurais e programas de formación e acompañamento para detectar as súas necesidades e impulsar os seus proxectos.
O convenio de colaboración, dotado con 10.000 euros, contempla o lanzamento dunha convocatoria de premios para emprendedores do territorio do GDR, entre os que se elixirán os catro proxectos cun maior potencial de crecemento e de creación de emprego rural, capacidade de innovación e viabilidade técnica e económica.
As iniciativas seleccionadas incorporaranse a unha comunidade on-line de emprendedores lanzada co impulso de CaixaBank. O Grupo de Desenvolvemento Rural poñerá en marcha, ademáis, diversas actividades formativas co apoio da entidade financeira.

información e descargas
FASE COMARCAL:
Esta convocatoria establece un prazo de presentación de candidaturas dende o 14 de maio (11:00 horas) ata o 4 de xuño (17:00 horas).
-
Información e acceso á convocatoria: Tierra de Oportunidades – CaixaBank
-
Rexistro de candidaturas: Plataforma de inscrición
MÁIS INFORMACIÓN:
Asociación Costa da Morte - GDR:
Telf.: 981 717 358
gdrcostadamorte@gdrcostadamorte.com
CaixaBank:


