
Terra Atlántica propón un Laboratorio Artístico en xuño
Vimianzo, 2 de maio de 2022 Desde a marca de territorio da Costa da Morte-Terra Atlántica vén de lanzarse unha nova actividade dentro do programa anual, un Laboratorio Artístico na Costa da Morte. Celebrarase no Ecomuseo Forno do Forte, en Buño, o vindeiro 5 de xuño de 2022 en horario de 12 a 20h. A proposta da Terra Atlántica fundaméntase en conseguir crear unha obra que represente a Costa da Morte dende unha perspectiva artística. Así, a marca fai un chamamento a creadoras