O GDR Costa da Morte aprobou o cadro financeiro das axudas LEADER para a convocatoria 2023-2024
Vimianzo, 16 de xaneiro de 2023 A Xunta Directiva da Asociación Costa da Morte GDR -presidida por Manuel Muíño- na reunión celebrada o pasado 10 de xaneiro, tomou entre outros o seguinte acordo: Aprobouse o cadro financeiro da convocatoria 2023-2024. O día 29 de decembro de 2022 AGADER publicou no DOG os fondos exactos que hai para cada GDR para a convocatoria Leader 2023-2024. Para os 24 GDRs de Galicia son 15.284.434,00€ (O 20% para a anualidade 2023 e o 80% para a anualid