Nova Xunta Directiva
A Asociación Costa da Morte GDR celebra o próximo xoves, 17 de Agosto, unha nova Xunta Directiva. Esta terá lugar no local da asociación, situado no Edificio de Servizos Múltiples de Vimianzo, e dará comezo ás 19:30 horas en primeira convocatoria e ás 20:00 horas en segunda convocatoria.
Na orde do día figuran os seguintes puntos:
> Lectura e aprobación, se procede, das actas de sesións anteriores. Aprobación, se procede dos proxectos non produtivos do Programa Leader 2014-2020.
> Aprobación, se procede, do traspaso de fondos de proxectos non produtivos a proxectos produtivos.
> Aprobación, se procede, de proxectos produtivos.
> Modificación de gastos de funcionamento da Submedida 19.4.A
> Aprobación, se procede, dun novo proxecto de promoción con cargo a Submedida 19.4.B
> Informes de Presidencia.
> Rogos e preguntas.