top of page

Ampliado o prazo para participar no programa "Tierra de Oportunidades 2026" ata o 11 de xuño

  • hace 1 día
  • 1 min de lectura

Vimianzo 28 de maio de 2026




A convocatoria do programa "Tierra de Oportunidades 2026" amplía o prazo de presentación de candidaturas ata o xoves 11 de xuño ás 17:00 horas, co obxectivo de facilitar a participación das persoas emprendedoras e promotoras de proxectos do territorio.


A iniciativa, impulsada por CaixaBank en colaboración coas entidades de desenvolvemento rural, ofrece unha oportunidade para formar parte dunha comunidade de proxectos de todo o territorio, ademais de acceder a apoio económico, mentoría e programas de acompañamento.


Entre os beneficios da convocatoria destacan un premio comarcal de 1.000 euros, o acceso a mentorías personalizadas durante seis meses, prazas de tándem universitario con U4Impact e a posibilidade de participar no concurso “El reto de Tierra de Oportunidades”, con novos premios e accións de promoción para os proxectos seleccionados.


A organización recomenda ás persoas solicitantes revisar ben a documentación e completar todos os campos da solicitude para evitar incidencias no proceso.


As candidaturas poderán presentarse ata o 11 de xuño ás 17:00 horas.




Máis información en:


Presenta a túa candidatura!!


ENLACES DE INTERESE


 
 
 

Comentarios


Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square

+ Info I 981 717 358

  • Black Facebook Icon
  • Black Instagram Icon
  • Black YouTube Icon

VIMIANZO

Edificio Servicios Múltiples.

Rúa A Torre, s/n

15129 - Vimianzo

T. 678 648 065

MALPICA DE BERGANTIÑOS

Centro Comarcal de Bergantiños.

A Camposa, s/n

15111 - Buño

T. 608 633 222

xunta.jpg
MAPA.Gob.Web.gif
bottom of page