top of page

Arranca o proxecto de cooperación "Saberes e Sabores do Territorio". Dinamización rural, comedores colectivos e produto de proximidade

hace 10 minutos
2 min de lectura

Vimianzo, 23 de outubro de 2026



  • O obxectivo principal do proxecto é poñer en valor os produtos de proximidade, salvagardar as tradicións culinarias locais e dinamizar a economía dos territorios participantes.

  • Esta iniciativa de desenvolvemento territorial conta coa participación dos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) Costa da Morte, Terras de Compostela, Asdecomor, Adercou, Sil Bibei Navea e Miño Ulla.


O proxecto Saberes e Sabores do territorio bota a andar de xeito oficial como unha aposta estratéxica pola recuperación do patrimonio inmaterial, a proxección dos produtores locais e a dinamización sustentable do medio rural. A iniciativa nace coa vontade de reforzar as sinerxías entre produción local, alimentación colectiva, educación alimentaria, sustentabilidade e patrimonio cultural, promovendo un modelo de cooperación territorial estable que permita fortalecer o tecido produtivo local e consolidar novas dinámicas de colaboración entre produtores, centros educativos, colectividades e comunidade local.


Saberes e Sabores ten como eixe principal a preservación do patrimonio, mediante a documentación e recuperación de receitas, técnicas e saberes tradicionais transmitidos entre xeracións, combinada coa mellora da visibilidade do tecido produtivo local e do consumo de produtos de proximidade (km 0). Así mesmo, o proxecto fomenta a dinamización socioeconómica, promovendo un modelo de turismo sustentable e xerando novas oportunidades que contribúan de xeito efectivo a fixar poboación no territorio.


Para acadar estes obxectivos, Saberes e Sabores artéllase a través da cooperación interterritorial dos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) Costa da Morte, Terras de Compostela, Asdecomor (Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes), Adercou (Asociación de Desenvolvemento Rural Comarca de Ourense), Sil Bibei Navea e Miño Ulla. No marco destas accións conxuntas, xa están programados os primeiros encontros participativos, xornadas e obradoiros en territorios como Sil Bibei Navea, Miño Ulla e Adercou, nos que se reunirán produtores, profesionais da hostalaría e veciñanza para afondar na transmisión dos saberes culinarios e no apoio aos elaboradores locais.


Esta actuación conta co apoio da Xunta de Galicia e atópase cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) a través do Plan Estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC), o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e a estratexia LEADER.


> Departamento de comunicación do GDR Costa da Morte 

Para máis información:

- 981 71 73 58 (Centraliña)

-Twitter: @GDRCostadamorte

- Tamén podes visitar a nosa páxina en Facebook

 
 
 

Comentarios


Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square

+ Info I 981 717 358

  • Black Facebook Icon
  • Black Instagram Icon
  • Black YouTube Icon

VIMIANZO

Edificio Servicios Múltiples.

Rúa A Torre, s/n

15129 - Vimianzo

T. 678 648 065

MALPICA DE BERGANTIÑOS

Centro Comarcal de Bergantiños.

A Camposa, s/n

15111 - Buño

T. 608 633 222

xunta.jpg
MAPA.Gob.Web.gif
bottom of page