
Concurso “A Receita do Mes” da Terra Atlántica
Vimianzo, 5 de abril de 2022 Dende a Terra Atlántica arrancamos abril con moitas novidades para continuar poñendo en valor a riqueza gastronómica, cultural e empresarial de todo o territorio da Costa da Morte. Entre as propostas creativas que se propoñen para os vindeiros meses, arrinca a primaveira cun concurso de receitas co fin de destacar a gran riqueza e calidade dos produtos do territorio, así como animar a todas as persoas que queiran amosar as súas destrezas culinaria