“Casa Luardo”, novo produtor de pataca adherido á marca de calidade "Costa da Morte – Terra Atlántica"
- hace 25 minutos
- 1 min de lectura
Vimianzo, 16 de xullo de 2026
A explotación de produción de pataca reafirma o seu compromiso coa calidade, o territorio e a produción local coa súa adhesión á marca promovida polo GDR Costa da Morte.
O presidente do GDR Costa da Morte visitou nos últimos días a explotación “Casa Luardo”, situada na parroquia de Leiloio, no concello de Malpica de Bergantiños, para facer entrega do distintivo da marca de calidade "Costa da Morte – Terra Atlántica" ao seu responsable, Manuel Suárez Garrido, nun acto que serviu para poñer en valor o traballo desenvolvido por esta explotación agrícola e o seu compromiso coa produción local.
“Casa Luardo” está especializada na produción de pataca (variedade kennebec), un cultivo de grande tradición na comarca de Bergantiños e un dos produtos agrícolas máis representativos do territorio. A súa incorporación á marca supón un recoñecemento ao labor realizado en favor dunha produción de calidade, vinculada á terra e baseada no respecto polos recursos locais.
O GDR destaca a importancia de seguir incorporando á marca produtores e empresas que contribúan a fortalecer a identidade da Costa da Morte a través dos seus produtos e servizos.
A entrega do distintivo foi acompañada dunha visita á explotación, na que se puido coñecer de primeira man o traballo realizado por “Casa Luardo” e a importancia do cultivo da pataca como actividade económica e elemento identificativo do rural da Costa da Morte.
NOVAS RELACIONADAS:





















Comentarios