top of page

Encontro INTERRITMOS en Mazaricos: Conexión coa tradición e a improvisación

  • hace 2 días
  • 1 Min. de lectura

Vimianzo 11 de maio de 2026



O proxecto de cooperación Interritmos Raíces Vivas continúa a deixar pegada nos distintos territorios participantes, e a pasada semana fixo parada en Mazaricos cunha xornada que reuniu arredor de 60 persoas no Auditorio da Casa da Cultura da Picota.

O encontro, celebrado o 8 de maio, desenvolveuse nun ambiente participativo e moi dinámico, no que o público puido gozar dunha experiencia arredor da música e da danza de raíz desde unha perspectiva contemporánea.

A actividade contou coa participación da bailaora Yolanda Osuna e do creador e intérprete Xurxo Fernandes, que guiaron unha proposta artística baseada na conexión coa tradición, a creación compartida e a expresión cultural a través da danza. Ademais, a sesión estivo amenizada musicalmente por Yas Deluaces, amosando o seu talento na súa terra e enriquecendo a experiencia das persoas asistentes.


Ao remate da xornada, o público desfrutou tamén dunha degustación de produtos locais, na que se continuou reforzando lazos entre a comunidade e cun acercamento a cultura dos distintos territorios participantes.


O proxecto de cooperación "Interritmos - Raíces Vivas" está promovido polos Grupos: Asociación Deloa (entidade coordinadora), Ribeira Sacra-Courel, Costa da Morte, Miño-Ulla, Salnés - Ulla - Umia, Asdecomor, Comarca de Lugo, Adercou, Terra e Auga, Sil Bibei Navea e Pontevedra Norte, no marco do Leader Galicia 2023–2027, coa colaboración da Fundación Paideia Galiza e da Fundación Paco de Lucía.

> Departamento de comunicación do GDR Costa da Morte 

Para máis información:

 

- 981 71 73 58 (Centraliña)

-Twitter: @GDRCostadamorte

- Tamén podes visitar a nosa páxina en Facebook

 
 
 

Comentarios


Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square

+ Info I 981 717 358

  • Black Facebook Icon
  • Black Instagram Icon
  • Black YouTube Icon

VIMIANZO

Edificio Servicios Múltiples.

Rúa A Torre, s/n

15129 - Vimianzo

T. 678 648 065

MALPICA DE BERGANTIÑOS

Centro Comarcal de Bergantiños.

A Camposa, s/n

15111 - Buño

T. 608 633 222

xunta.jpg
MAPA.Gob.Web.gif
bottom of page