top of page

Encontros para o Desenvolvemento da Vía Mariana en Baio

hace 3 horas
2 min de lectura

Vimianzo, 7 de outubro de 2026



O Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte organiza o próximo mércores 7 de outubro, ás 19:00 horas, no Centro Sociocultural de Baio (Zas), un encontro territorial no marco do proxecto de cooperación intraterritorial “Vía Mariana Luso Galaica”, desenvolvido ao abeiro da execución da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo do programa Leader.


O evento, baixo o título “Encontros para o desenvolvemento da Vía Mariana”, ten como finalidade dar a coñecer o proxecto, compartir as posibilidades que ofrece este itinerario e recoller achegas das persoas e entidades do territorio interesadas na súa posta en valor.


A Vía Mariana Luso Galaica é un itinerario que recupera e conecta antigas rutas que comunicaban boa parte dos santuarios marianos do norte de Portugal e Galicia. A iniciativa pretende contribuír á revitalización do medio rural a través da valorización do patrimonio cultural, relixioso, paisaxístico e etnográfico, ao tempo que favorece novas oportunidades vinculadas ao turismo e á economía local.

O proxecto aposta así pola recuperación e preservación da cultura popular e pola creación dun itinerario capaz de atraer visitantes e persoas peregrinas aos territorios polos que discorre, poñendo en valor os seus recursos e contribuíndo á dinamización das comunidades rurais.


A Vía Mariana é tamén coñecida como “O Camiño Feminino”, unha denominación que pon o foco na súa especial relación coa tradición mariana e co patrimonio cultural asociado ás mulleres e ás comunidades que historicamente mantiveron vivas estas manifestacións.


Un proxecto de cooperación entre territorios


A iniciativa está impulsada polo GDR Costa da Morte en colaboración con outros Grupos de Desenvolvemento Rural, co obxectivo de traballar conxuntamente na recuperación, promoción e dinamización da Vía Mariana como recurso de desenvolvemento territorial.

Os encontros territoriais permiten achegar o proxecto aos diferentes territorios polos que discorre a ruta, así como favorecer a participación de concellos, entidades, asociacións, empresas, axentes locais e persoas interesadas na súa evolución e desenvolvemento.


Información do encontro


Data: Mércores, 7 de outubro de 2026 – 19:00 h

Lugar: Centro Sociocultural de Baio (Zas)


Desde o GDR Costa da Morte anímase ás entidades e persoas interesadas no patrimonio, o turismo, la cultura e o desenvolvemento rural a participar neste encontro e coñecer de primeira man as posibilidades que ofrece a Vía Mariana Luso Galaica para o territorio.


> Departamento de comunicación do GDR Costa da Morte 

Para máis información:

- 981 71 73 58 (Centraliña)

-Twitter: @GDRCostadamorte

- Tamén podes visitar a nosa páxina en Facebook

 
 
 

Comentarios


Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square

+ Info I 981 717 358

  • Black Facebook Icon
  • Black Instagram Icon
  • Black YouTube Icon

VIMIANZO

Edificio Servicios Múltiples.

Rúa A Torre, s/n

15129 - Vimianzo

T. 678 648 065

MALPICA DE BERGANTIÑOS

Centro Comarcal de Bergantiños.

A Camposa, s/n

15111 - Buño

T. 608 633 222

xunta.jpg
MAPA.Gob.Web.gif
bottom of page