top of page

O GDR Costa da Morte convoca os "I Premios Costa da Morte Terra Atlántica" para recoñecer o compromiso empresarial co territorio

  • hace 4 horas
  • 2 min de lectura



Vimianzo, 15 de xuño de 2026


O certame está dirixido ás empresas adheridas á marca territorial e premiará as mellores iniciativas nos ámbitos do turismo, a agroalimentación, a cultura, artesanía e a industria / servizos.


O Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte vén de lanzar a primeira edición dos Premios Costa da Morte Terra Atlántica, unha iniciativa creada para recoñecer e dar visibilidade ás empresas que contribúen a fortalecer a identidade territorial da Costa da Morte a través da innovación, a sostibilidade e o compromiso co territorio.

Os galardóns nacen coa vontade de converterse nun referente para o tecido empresarial da comarca, destacando aqueles proxectos que apostan pola valorización dos recursos locais e polo desenvolvemento económico e social da Costa da Morte. A participación estará reservada ás empresas adheridas á marca territorial Costa da Morte Terra Atlántica, impulsada polo GDR Costa da Morte.

As candidaturas poderán presentarse desde o 12 de xuño ata o 14 de xullo de 2026 a través da páxina web oficial da marca. As empresas participantes deberán explicar a súa actividade, o seu vínculo co territorio e o uso que realizan da marca Costa da Morte Terra Atlántica.

Os premios estruturaranse en catro categorías:

• Turismo

• Agroalimentación

• Cultura e Artesanía

• Industria e Servizos

A selección das empresas gañadoras realizarase mediante un sistema mixto que combinará a valoración dun xurado profesional coa participación cidadá. O xurado terá un peso do 70 % na puntuación final, mentres que a votación pública representará o 30 % restante.

Durante o mes de xullo, unha comisión interna seleccionará entre tres e cinco finalistas por categoría. Posteriormente, durante o mes de agosto, abrirase a fase de votación pública e o xurado realizará a avaliación técnica das candidaturas.

As empresas gañadoras recibirán un trofeo artesanal, un diploma acreditativo e unha importante difusión a través das canles oficiais da marca. A gala de entrega dos premios celebrarase durante o último semestre de 2026 nun acto que reunirá representantes institucionais, empresariais e sociais do territorio.

Desde o GDR Costa da Morte destácase que estes premios pretenden reforzar a comunidade empresarial adherida á marca e poñer en valor exemplos de boas prácticas que contribúan a construír unha imaxe sólida, moderna e diferenciada da Costa da Morte.

As bases completas e o formulario de inscrición están dispoñibles na web oficial da marca Costa da Morte Terra Atlántica.

DESCARGAS:


MÁIS INFORMACIÓN: >Terratlantica

 
 
 

Comentarios


Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square

+ Info I 981 717 358

  • Black Facebook Icon
  • Black Instagram Icon
  • Black YouTube Icon

VIMIANZO

Edificio Servicios Múltiples.

Rúa A Torre, s/n

15129 - Vimianzo

T. 678 648 065

MALPICA DE BERGANTIÑOS

Centro Comarcal de Bergantiños.

A Camposa, s/n

15111 - Buño

T. 608 633 222

xunta.jpg
MAPA.Gob.Web.gif
bottom of page