CaixaBank e o GDR Costa da Morte impulsan o empredemento rural cunha nova edición do programa “Tierra de Oportunidades”
- hace 6 horas
- 2 Min. de lectura
Vimianzo 14 de maio de 2026
CaixaBank, en colaboración coa Asociación Costa da Morte - GDR, pon en marcha na Costa da Morte unha nova edición do programa Tierra de Oportunidades 2026, unha iniciativa coa que apoia e impulsa o emprendemento rural no ámbito de actuación do Grupo.
A entidade financeira asinou un acordo co Grupo de Desenvolvemento Rural “Asociación Costa da Morte – GDR” co obxectivo de impulsar a creación de emprego a través de dúas liñas de actuación: axudas directas a emprendedores rurais, que tamén se incorporarán a unha comunidade de emprendedores e programas de formación e acompañamento para detectar as súas necesidades e impulsar os seus proxectos.
A convocatoria diríxese a proxectos de emprendemento cun modelo de negocio sostible e que se establecesen ou introducisen algunha novidade ou liña de negocio nos últimos dous anos, a través da venda de bens ou a prestación de servizos. Estes proxectos deberán ter actividade en localidades do ámbito de actuación do GDR cunha poboación inferior a 10.000 habitantes (aínda que se priorizarán os proxectos de poboacións de menos de 5.000 habitantes) e facturar menos de 300.000 euros.
O convenio de colaboración, dotado con 10.000 euros, contempla o lanzamento dunha convocatoria a emprendedores da comarca, entre os que se elixirán os proxectos cun maior potencial de crecemento e de creación de emprego rural, capacidade de innovación e viabilidade económica e técnica, dos cales serán premiadas as 4 mellores iniciativas cunha dotación económica de 1.000 € a cada unha.
As iniciativas seleccionadas incorporaranse a "El reto de Tierra de Oportunidades", un concurso formativo realizado en colaboración con Rural Talent e no que concurrirán máis de 220 proxectos de todo o país. Na fase nacional, os emprendedores traballarán en diferentes retos que lles axudarán a redeseñar as súas estratexias e visibilizar a súa iniciativa, ademáis de ter a posibilidade de acceder a novos premios, mentorizacións persoalizadas e outra serie de oportunidades para dar a coñecer o seu negocio.
Esta convocatoria establece un prazo de presentación de candidaturas dende o 14 de maio (11:00 horas) ata o 4 de xuño (17:00 horas).
Información e acceso á convocatoria: Tierra de Oportunidades – CaixaBank
Rexistro de candidaturas: Plataforma de inscrición
Vídeo promocional do programa: Ver vídeo promocional
Máis información en:
Presenta a túa candidatura!!
ENLACES DE INTERESE
































Comentarios