O GDR Costa da Morte aprobou o cadro financeiro das axudas LEADER para a convocatoria 2023-2024
Vimianzo, 16 de xaneiro de 2023
A Xunta Directiva da Asociación Costa da Morte GDR -presidida por Manuel Muíño- na reunión celebrada o pasado 10 de xaneiro, tomou entre outros o seguinte acordo:
Aprobouse o cadro financeiro da convocatoria 2023-2024.
O día 29 de decembro de 2022 AGADER publicou no DOG os fondos exactos que hai para cada GDR para a convocatoria Leader 2023-2024. Para os 24 GDRs de Galicia son 15.284.434,00€ (O 20% para a anualidade 2023 e o 80% para a anualidade 2024).
Ao GDR Costa da Morte correspóndenlle 631.600,31€; 126.320,06€ para a anualidade 2023 e 505.280,25€ para a 2024.
Por unanimidade dos presentes aprobouse o cadro financeiro para a convocatoria 2023-2024 coa seguinte distribución: 65% para proxectos produtivos (410.540,20€) e 35% para proxectos non produtivos (25% de Concellos (157.900,08€) e 10% de Asociacións (63.160,03€)).
O prazo para presentar solicitudes para esta convocatoria vai ata o 31/01/2023.
O máximo de axuda por proxecto produtivo é de 125.000,00€ (e ata o 40%).
O máximo de axuda para proxectos non produtivos é de 38.000,00€ por promotor e período Leader (Do 32% ata o 90%, dependendo da tipoloxía do proxecto).
A axuda dos proxectos repartirase entre as dúas anualidades.
Poden consultarse as bases, baremo, e demais documentación relacionada, nesta web (www.gdrcostadamorte.com) , ou acercarse ás nosas oficinas de Vimianzo ou Buño, ou ben chamar por teléfono.
> Departamento de comunicación do GDR Costa da Morte
Para máis información:
- 981 71 73 58 (Centraliña) - www.gdrcostadamorte.com -Twitter: @GDRCostadamorte - gdrcostadamorte.wordpress.com - Tamén podes visitar a nosa páxina en Facebook
Comments