GDR Costa da Morte
Quen é a Asociación Costa da Morte-GDR?
É unha asociación sen ánimo de lucro que se constituiu coa finalidade de ser o núcleo de integración e representación dos diferentes axentes territoriais, institucionais, sociais e económicos, tanto públicos como privados, interesados en promover o desenvolvemento do seu territorio de actuación.
Cal é o Territorio de Actuación da Asociación?
O dos concellos de: Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas.
Cando se creou ?
Houbo dúas asembleas constituíntes:
1ª.- O 19 de xullo de 2008, en Baio, nela acordouse o seguinte:
- Elexiuse o nome: “Asociación Costa da Morte-GDR”
- Aprobáronse as cotas de entrada e mantemento anual (20€ entidades privadas e 500€ concellos)
- Aprobouse o número de representantes por Mesas Sectoriais que forman parte da Xunta Directiva (máximo de 29 membros)
2ª.- O 8 de Agosto de 2008, en Vimianzo, nela acordouse o seguinte: - Elexíronse os representantes de cada Mesa Sectorial
- Elexíronse as persoas para ocupar os cargos de: Presidente/a, Vicepresidente/a, Tesoureiro/a e Secretario/a.
- Aprobáronse os Estatutos Sociais e quedou formalmente constituida a asociación.
Funcións do GDR
A Asociación foi creada no 2008 para concurrir á xestión do Programa “Leader Galicia 2007-2013”. Na actualidade somos un Grupo de Desenvolvemento Rural e levamos a xestión do Programa Leader no noso territorio de actuación. Este Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) ten como función principal executar o seu Programa de Desenvolvemento Rural LEADER 2007-2013. No marco desta función xenérica, corresponderalle:
- Informar e asesorar á poboación rural sobre o contido e alcance do programa de desenvolvemento rural e incentivar a participación activa no mesmo.
- Promover e captar iniciativas, así como acompañar aos promotores no proceso de maduración de proxectos.
- Avaliar e seleccionar proxectos promovidos polos promotores do territorio.
- Efectuar, por delegación de AGADER, o control e seguimento da execución dos proxectos.
O GDR axustará a súa actividade aos principios de colaboración, obxetividade, imparcialidade, eficacia, eficiencia, transparencia, publicidade e libre concurrencia.
Órganos da Asociación
Colexiados:
- Asemblea Xeral
- Xunta Directiva
- Mesas Sectoriais
Unipersoais: - Presidente/a: Manuel Muiño Espasandín
- Vicepresidente/a: Manuel Soto Pérez
- Secretario/a: Mª Olga Campos Sánchez
- Tesoureiro/a: Ramón Sestayo Lestón
Mesas Sectoriais e Número de Representantes
- Sector Agrario e Gandeiro (3)
- Sector Forestal (1)
- Asociacións de Mulleres (1)
- Asociacións Xuvenís (1)
- Asociacións Culturais, Recreativas e Medio Ambientais (3)
- Asociacións Deportivas (1)
- Asociacións de Veciños (2)
- Asociacións multisectoriais de empresarios, axentes sociais e sectores non adscritos noutras mesas (3)
- Sector Turismo, Hostalería e Artesanía (3)
- Sector Institucional (11)
Equipo Técnico
O GDR, para a xestión do Programa Leader Galicia 2007-2013, conta co seguinte equipo técnico:
Xerente: José Antonio Vila García
Administrativa: Mª Soledad Facal Ameijeiras
Listaxe de ligazóns
Listaxe de descargas