LIMITACIÓN

ORZAMENTARIA

O importe das axudas concedidas estarán condicionadas á existencia de orzamento suficiente en cada anualidade, segundo os fondos que ten aprobados o GDR e que están recollidos no plan financeiro do programa.

Neste período Leader a selección de proxectos faise en réxime de concorrencia competitiva.

Os proxectos ordenaranse en función da súa puntuación e tendo en conta o límite de orzamento máximo dispoñible, que vén reflectido na asignación de fondos que fixo agader a este GDR e que figura no Plan Financeiro de cada convocatoria.

E decir, os proxectos ordénanse pola puntuación acadad e indo primeiro os de maior puntuación. Distinguirase entre proxectos produtivos e non produtivos, e dentro destes diferenciando os das entidades públicas locais por un lado e o resto de entidades por outro.

Así mesmo, os non produtivos ordenaranse por prioridades, primeiro os de alta, logo os de media e logo os de baixa.

No caso de empate Terán prioridade os proxectos con solicitude de verificación de ICE á Agader máis antiga e se segue habendo empate; pola data e hora de solicitude de axuda.

Listaxe de descargas