top of page

PROXECTO DE COOPERACIÓN INTERRITMOS RAÍCES VIVAS: RESIDENCIA CREATIVA EN ESPAZO NATURE (RAZO)

  • Foto del escritor: Admin
    Admin
  • 2 feb
  • 1 Min. de lectura

Vimianzo 2 de febreiro de 2026




"Interritmos Raíces Vivas" é un proxecto de cooperación promovido polos Grupos de Desenvolvemento Rural: Asociación Deloa (entidade coordinadora), Ribeira Sacra-Courel, Costa da Morte, Miño-Ulla, Salnés Ulla Umia, Asdecomor, Comarca de Lugo, Adercou, Terra e Auga, Sil Bibei Navea e Pontevedra Norte, no marco da intervención Leader de Galicia – PAC 2023_2027. Colabora a Fundación Paideia Galiza e a Fundación Paco de Lucía.

Nesta ocasión o proxecto achégase á Costa da Morte e continúa a súa aposta pola capacitación e a detección de talento en músicos novos, coa apertura do prazo de inscricións para participar nesta 3ª Residencia Creativa Musical, que se celebrará do 2 ao 5 de marzo en Espazo Nature (Razo, A Coruña). A iniciativa, de participación gratuíta, está dirixida a artistas galegos e galegas interesados en explorar a súa identidade visual e sonora nun ambiente de creación colaborativa.


Durante catro días e tres noites, as persoas seleccionadas traballarán arredor da súa imaxe persoal, estética sonora e comunicación profesional, contando co acompañamento de profesionais do ámbito do estilismo, a fotografía, a dirección de arte e o branding cultural. A proposta concibe a imaxe como unha extensión natural da música e do discurso artístico de cada participante.


A residencia desenvolverase nun entorno natural que invita á inspiración e á conexión creativa, ofrecendo ademais aloxamento e manutención de balde. Hai dispoñibles 8 prazas, e o prazo de inscrición permanecerá aberto ata o domingo 15 de febreiro ás 23:59 h.


Máis información e descarga do programa completo a través da seguinte ligazón: Interritmos | Raíces Vivas.

DESCARGAS_

 
 
 

Comentarios


Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square

+ Info I 981 717 358

  • Black Facebook Icon
  • Black Instagram Icon
  • Black YouTube Icon

VIMIANZO

Edificio Servicios Múltiples.

Rúa A Torre, s/n

15129 - Vimianzo

T. 678 648 065

MALPICA DE BERGANTIÑOS

Centro Comarcal de Bergantiños.

A Camposa, s/n

15111 - Buño

T. 608 633 222

xunta.jpg
MAPA.Gob.Web.gif
bottom of page