top of page

INTERRITMOS RAÍCES VIVAS: REMATA A RESIDENCIA CREATIVA EN ESPAZO NATURE (RAZO)

  • hace 3 días
  • 1 Min. de lectura

Vimianzo 11 de marzo de 2026



A residencia creativa Interritmos Raíces Vivas pechou a súa terceira edición en Espazo Nature (Razo - Carballo) tras catro días de traballo intensivo nos que oito proxectos emerxentes exploraron novas conexións entre a música galega de raíz e o flamenco contemporáneo.


Durante a residencia, as persoas participantes desenvolveron un programa centrado na identidade artística, a estética escénica e a comunicación profesional, acompañadas por especialistas dos ámbitos da música, a escena, a imaxe e a xestión cultural. Ademais, realizaron sesións profesionais de fotografía e vídeo para a creación dos seus kits de prensa e traballaron a preparación do seu discurso de presentación ante programadores e entidades culturais.


O proxecto de cooperación "Interritmos - Raíces Vivas" está promovido polos Grupos: Asociación Deloa (entidade coordinadora), Ribeira Sacra-Courel, Costa da Morte, Miño-Ulla, Salnés - Ulla - Umia, Asdecomor, Comarca de Lugo, Adercou, Terra e Auga, Sil Bibei Navea e Pontevedra Norte, no marco do Leader Galicia 2023–2027, coa colaboración da Fundación Paideia Galiza e da Fundación Paco de Lucía. A iniciativa consolídase como un espazo de encontro que impulsa a creación artística, a innovación e a conexión entre tradición e vangarda.


> Departamento de comunicación do GDR Costa da Morte 

Para máis información:

 

- 981 71 73 58 (Centraliña)

-Twitter: @GDRCostadamorte

- Tamén podes visitar a nosa páxina en Facebook

 
 
 

Comentarios


Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square

+ Info I 981 717 358

  • Black Facebook Icon
  • Black Instagram Icon
  • Black YouTube Icon

VIMIANZO

Edificio Servicios Múltiples.

Rúa A Torre, s/n

15129 - Vimianzo

T. 678 648 065

MALPICA DE BERGANTIÑOS

Centro Comarcal de Bergantiños.

A Camposa, s/n

15111 - Buño

T. 608 633 222

xunta.jpg
MAPA.Gob.Web.gif
bottom of page