top of page

CAIXABANK E O GDR COSTA DA MORTE IMPULSAN O EMPRENDEMENTO RURAL NA COSTA DA MORTE

  • Foto del escritor: Admin
    Admin
  • 2 may
  • 2 Min. de lectura

Actualizado: 7 may

Vimianzo 2 de maio de 2025




CaixaBank, en colaboración coa Asociación Costa da Morte - GDR, pon en marcha na Costa da Morte (A Coruña) o programa Terra de Oportunidades, unha iniciativa coa que apoia e impulsa o emprendemento rural e a creación de emprego, ao mesmo tempo que contribúe a deter o crecente despoboamento dos núcleos rurais.

A entidade financeira asinou un acordo co Grupo de Desenvolvemento Rural “Asociación Costa da Morte – GDR” co obxectivo de impulsar a creación de emprego a través de dúas liñas de actuación: axudas directas a emprendedores rurais, que tamén se incorporarán a unha comunidade de emprendedores e programas de formación e acompañamento para detectar as súas necesidades e impulsar os seus proxectos.

O convenio de colaboración, dotado con 10.000 euros, contempla o lanzamento dunha convocatoria a emprendedores da comarca, entre os que se elixirán os proxectos cun maior potencial de crecemento e de creación de emprego rural, capacidade de innovación e viabilidade económica e técnica. Esta convocatoria establece un prazo de presentación de candidaturas dende o 2 de maio (0:00 horas) ata o 21 de maio (12:00 horas). As súas bases están publicadas na páxina web do GDR: www.gdrcostadamorte.com

As iniciativas seleccionadas incorporaranse a unha comunidade on-line de emprendedores con Rural Talent, Incubatio, lanzada co impulso de CaixaBank. O Grupo de Desenvolvemento Rural poñerá en marcha, ademais, un programa formativo co apoio de CaixaBank.


Sobre Terra de Oportunidades CaixaBank

Terra de Oportunidades é un programa de Acción Social CaixaBank que impulsa a creación de emprego, o emprendemento e a fixación de poboación na contorna rural co obxectivo de achegar solucións ao reto demográfico do país, xa que máis do 80 % dos 8.131 municipios teñen menos de 5.000 habitantes e a perda de poboación é continua.

O foco principal do programa é o emprendedor rural como vía de dinamización da contorna rural e como protagonista de proxectos con futuro, ben por ter unha idea a piques de lanzarse, ben por crear unha nova liña de negocio nunha pequena empresa que está en proceso de crecemento.

Para chegar a estas iniciativas de emprendemento, as direccións territoriais de CaixaBank buscaron unha alianza cos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR), coñecedores do tecido económico das comarcas, para axudar directamente ao emprendedor rural, detectar as súas necesidades e ofrecerlle formación e axudas económicas a través destes GDR.


Máis información en:


Presenta a túa candidatura!!


DESCARGAS

 
 
 

Comments


Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square

+ Info I 981 717 358

  • Black Facebook Icon
  • Black Instagram Icon
  • Black YouTube Icon

VIMIANZO

Edificio Servicios Múltiples.

Rúa A Torre, s/n

15129 - Vimianzo

T. 678 648 065

MALPICA DE BERGANTIÑOS

Centro Comarcal de Bergantiños.

A Camposa, s/n

15111 - Buño

T. 608 633 222

xunta.jpg
MAPA.Gob.Web.gif
bottom of page