
tierra de oportunidades 2025
o proxecto
Caixabank, en colaboración co GDR Costa da Morte pon en marcha o programa “Tierra de Oportunidades”, unha iniciativa coa que apoia e impulsa o emprendemento rural e a creación de emprego, ao mesmo tempo que contribúe a defender o crecente despoboamento dos núcleos rurais.
A entidade financeira asinou un acordo coa “Asociación Costa da Morte - GDR” co obxectivo de impulsar á creación de emprego a través de dúas liñas de actuación: premios a emprendedores rurais e programas de formación e acompañamento para detectar as súas necesidades e impulsar os seus proxectos.
O convenio de colaboración, dotado con 10.000 euros, contempla o lanzamento dunha convocatoria de premios para emprendedores do territorio do GDR, entre os que se elixirán os catro proxectos cun maior potencial de crecemento e de creación de emprego rural, capacidade de innovación e viabilidade técnica e económica.
As iniciativas seleccionadas incorporaranse a unha comunidade on-line de emprendedores lanzada co impulso de CaixaBank. O Grupo de Desenvolvemento Rural poñerá en marcha, ademáis, un programa formativo co apoio da entidade financeira.
información e descargas
Máis información:
Asociación Costa da Morte - GDR
Telf.: 981 717 358