

TERRA ATLÁNTICA CELEBRARÁ EN XULLO UN PROGRAMA PARA IMPULSAR O NETWORKING E SINERXÍAS ENTRE AS SÚAS
A marca territorio Costa da Morte Terra Atlántica celebrará durante o mes de xullo un programa para impulsar o networking e as sinexías entre as súas empresas asociadas. A primeira xornada terá lugar en Baio o 2 de xullo , na que se recollerán as inquedanzas e propostas das entidades para abrir vías de colaboración e tamén se fixarán datas e contidos para próximos encontros profesionais. A comunicación será outro dos eixes deste programa, que o 9 de xullo dedicará unha sesió


O GDR COSTA DA MORTE CELEBRARÁ O 7 DE XULLO EN VIMIANZO E EN BUÑO ENCONTROS CO SECTOR ARTESANAL.
A marca Costa da Morte Terra Atlántica celebrará o 7 de xullo encontros con profesionais e empresas do sector da artesanía, co obxectivo de sumar sinerxías dentro da marca e ver posibilidades de colaboración. Os encontros terán lugar en distintas localizacións, para desta forma chegar a un maior número de entidades e facilitar a súa presenza. Estas son as xornadas que están previstas para ese día: 12:00 horas. Encontro na sede do GDR Costa da Morte, en Vimianzo. 18:00 horas.


TERRA ATLÁNTICA LANZARÁ EN XULLO UN CONCURSO EN INSTAGRAM PARA CENTROS DE ENSINO.
A marca Costa da Morte Terra Atlántica lanzará o próximo 1 de xullo un concurso en redes sociais, no que poderá participar todo o alumnado matriculado durante o curso 2019-20 nos centros de ensino dos 17 concellos que forman parte do GDR Costa da Morte: Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas. O obxectivo desta iniciativa é poñer en
A Asociación Costa da Morte-GDR aprobou a proposta de selección de proxectos para as solicitudes de
Martes, 16 de xuño de 2020. A Xunta Directiva da Asociación Costa da Morte-GDR, presidida por Manuel Muíño, en sesión celebrada no día de onte, revisou as solicitudes de axuda presentadas ata o 31/01/2020 ao Programa Leader 2014-2020, e tomou os seguintes acordos: 1º PROPOSTA DE RESOLUCIÓN DE APROBACIÓN DE PROXECTOS Proxectos Non Produtivos Seleccionados: 1.- Recuperación e Consolidación do Muiño de Pedra Vixía, en Gomarís -Lamas (Zas). O orzamento admitido ascende a 15.967,5
A Asociación Costa da Morte GDR celebra o vindeiro luns unha nova Xunta Directiva
Vimianzo, 12 de Xuño de 2020.- A Asociación Costa da Morte GDR celebra o próximo luns, 15 de Xuño, unha nova Xunta Directiva. Esta terá lugar no CENTRO SOCIOCULTURAL DE BAIO, e dará comezo ás 19:30 horas en primeira convocatoria e ás 20:00 horas en segunda convocatoria. Na orde do día figuran os seguintes puntos: 1. Lectura e aprobación, se procede, das actas de sesións anteriores.
2. Aprobación, se procede, das contas anuais do ano 2019.
3. Aprobación, se proc


LANZAMENTO DE CAMPAÑA DE PROMOCIÓN DOS GDR DE GALICIA. O RURAL VIVE - VIVE O RURAL
No día de hoxe 11 de xuño de 2020 os 24 Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) de Galicia lanzamos a campaña "O rural vive, Vive o rural", coa que pretendemos seguir reivindicando o protagonismo do territorio rural galego, darlle un novo pulo á posta en valor da súa riqueza e dos seus atractivos e contribuír á súa reactivación económica e social tras a Covid-19. Nos vindeiros días, semanas e meses iremos compartindo nas redes moitas novidades, iniciativas e proxectos que demos