

Terra Atlántica suma seis novas empresas e amplía a súa promoción entre os Concellos da Costa da Mor
A marca territorio Costa da Morte Terra Atlántica vén de sumar seis novas adhesións de empresas, procedentes principalmente dos sectores da artesanía, froito dos encontros realizados o pasado 7 de xullo en Vimianzo e Buño. As empresas que se unen son: Obradoiro Cambón, Olería Aparicio e Cerviño. Tamén o fan outras tres empresas do eido da hostalaría e o turismo: Morada da Moa, Dakar & Rock e Casa de Trillo. Con estas, xa son 42 as empresas adheridas á marca, que continúa trab


Reunión na Costa da Morte sobre Actividades de Igualdade e Loita contra a Violencia de Xénero
Vimianzo, 30 de xullo de 2020. Hoxe celebrouse na Sala de Conferencias da Casa de Cultura de Vimianzo unha reunión á que foron convocados os/as ADLs, os/as traballadores/as dos CIM e os/as asistentes sociais ou a persoa ou persoas que se considerou mais oportuno por cada un dos 17 concellos da Costa da Morte, para ver a posibilidade de levar a cabo un proxecto en conxunto para toda a Costa da Morte, con actividades de igualdade e loita contra a violencia de xénero. Asistiron
Celebración de Asemblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria da Asociación Costa da Morte - GDR
O pasado sábado 18 de xullo celebráronse no Centro Socio-cultural de Baio sendas Asembleas (Ordinaria e Extraordinaria) do GDR Costa da Morte para tratar, por un lado os asuntos ordinarios en primeiro lugar (aprobación de contas e informe de xestión do ano 2019; orzamento de 2020 e resumo de actividades do exercicio); e a continuación na Asemblea Extraordinaria procedeuse á renovación de cargos da Directiva despois de transcorridos catro anos desde a designación de membros da


NOVAS BASES PARA A PARTICIPACIÓN NO CONCURSO DE INSTAGRAM DA MARCA "COSTA DA MORTE TERRA ATLÁNT
A marca "Costa da Morte - Terra Atlántica" organiza durante o mes de xullo un concurso en Instagram, para amosar, a través das imaxes e vídeos, a visión que teñen deste territorio as persoas participantes.O obxectivo desta iniciativa é poñer en valor a Costa da Morte, capturando a identidade, valores emocionais ou características desta terra a partir das imaxes e vídeos que suman as persoas usuarias. As bases publicadas a principios de xullo foron modificadas ampliando a part


XORNADA SOBRE COMUNICACIÓN E MARKETING DIXITAL PARA EMPRESAS DA MARCA "COSTA DA MORTE - TERRA A
No día de onte, 9 de xullo, o GDR Costa da Morte organizou unha xornada formativa sobre comunicación e marketing dixital dirixido a empresas que forman parte da marca Costa da Morte - Terra Atlántica. A sesión celebrouse no Centro Socio-cultural de Baio ás 20:00 horas. O obxectivo principal desta xornada formativa centrouse nas estratexias de uso das distintas redes sociais e os recursos dixitais propios para intentar mellorar a competitivade das empresas, á vez que se buscan


REUNIÓNS EN VIMIANZO E EN BUÑO CO SECTOR ARTESANAL EN RELACIÓN COA MARCA DE CALIDADE COSTA DA MORTE
A marca Costa da Morte - Terra Atlántica celebrou onte sendos encontros con profesionais e empresas do sector da artesanía, na sede do GDR en Vimianzo ás 12:00h da mañán e no Centro Comarcal en Buño ás 18:00h da tarde, co obxectivo de promocionar a marca entre os profesionais do sector e conseguir a adhesión de novos socios, intentar sumar sinerxías dentro da marca e ver posibilidades de colaboración entre sectores destacados do territorio. Os encontros discorreron con total


ENCONTRO PARA IMPULSAR O NETWORKING ENTRE AS EMPRESAS ASOCIADAS Á MARCA COSTA DA MORTE - TERRA ATLÁN
No día de onte o GDR celebrou unha xornada sobre Networking coas empresas asociadas á marca de calidade "Costa da Morte - Terra Atlántica". Nesta sesión recolléronse as principais inquedanzas e propostas das entidades para abrir vías de colaboración e tamén se fixaron estratexias de comunicación entre as propias empresas da marca. Tratouse de facer unha análise da situación actual da marca e de como mellorar o posicionamento da mesma e a utilidade para as empresas, sobre todo