top of page

Finalizan con boa acollida as sesións informativas sobre a nova convocatoria LEADER 2026-2028

  • hace 2 días
  • 1 Min. de lectura

Vimianzo, 26 de febreiro de 2026


O Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte vén de celebrar con éxito as tres sesións informativas organizadas para presentar a nova convocatoria de axudas LEADER correspondente ás anualidades 2026, 2027 e 2028.


As xornadas tiveron lugar no Centro Sociocultural de Baio (Zas), na Casa da Cultura da Laracha e na Casa da Cultura de Corcubión, contando coa participación de persoas emprendedoras, representantes de empresas, asociacións e entidades públicas interesadas en impulsar proxectos no ámbito rural.


Durante as sesións, o xerente do GDR explicou as principais características da convocatoria no marco do programa LEADER PEPAC 2023-2027, detallando os requisitos de acceso ás axudas, os criterios de valoración dos proxectos, os prazos establecidos e o procedemento de solicitude. Ademais, resolvéronse dúbidas concretas das persoas asistentes e analizáronse posibles iniciativas susceptibles de optar ao financiamento.


Estas accións informativas teñen como obxectivo achegar o programa LEADER ao tecido social e económico da Costa da Morte, fomentando proxectos que contribúan á diversificación da economía rural, á creación e consolidación de emprego, á mellora dos servizos á poboación e á valorización do patrimonio.


O GDR Costa da Morte anima a todas as persoas e entidades interesadas a solicitar asesoramento personalizado para a preparación dos seus proxectos, lembrando que poden consultar a información actualizada na súa páxina web oficial ou contactar directamente co equipo técnico da entidade.


> Departamento de comunicación do GDR Costa da Morte

Para máis información:

- 981 71 73 58 (Centraliña) - www.gdrcostadamorte.com -Twitter: @GDRCostadamorte - gdrcostadamorte.wordpress.com - Tamén podes visitar a nosa páxina en Facebook



 
 
 

Comentarios


Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square

+ Info I 981 717 358

  • Black Facebook Icon
  • Black Instagram Icon
  • Black YouTube Icon

VIMIANZO

Edificio Servicios Múltiples.

Rúa A Torre, s/n

15129 - Vimianzo

T. 678 648 065

MALPICA DE BERGANTIÑOS

Centro Comarcal de Bergantiños.

A Camposa, s/n

15111 - Buño

T. 608 633 222

xunta.jpg
MAPA.Gob.Web.gif
bottom of page