top of page

O GDR acolle un encontro informativo sobre o proxecto Bid4Tenders para facilitar o acceso das Pemes á contratación pública

  • hace 4 días
  • 2 Min. de lectura

Vimianzo, 6 de marzo de 2026


A Confederación de Empresarios de Galicia en colaboración co GDR Costa da Morte organiza un encontro informativo co obxectivo de presentar unha ferramenta destinada a facilitar e potenciar a participación das pequenas e medianas empresas na contratación pública.

O acto celebrarase no Centro Sociocultural de Baio o próximo mércores 18 de marzo ás 18:00 horas.


Durante a sesión darase a coñecer o proxecto Bid4Tenders, desenvolvido no marco do Programa Interreg España Portugal (POCTEP) 2021 2027 pola Confederación de Empresarios de Galicia xunto coa AEP, CEVAL, IAPMEI e IGAPE.


Trátase dun servizo gratuíto dirixido a profesionais e empresas usuarias que ofrece acompañamento especializado durante todo o proceso de licitación pública. Entre os servizos que se ofrecen destacan:


  • Preparación de ofertas: asesoramento técnico para a elaboración de propostas sólidas e competitivas.

  • Asistencia e seguimento: orientación ás empresas en cada fase do procedemento de contratación.

  • Fomento de redes colaborativas: impulso de alianzas con socios estratéxicos de España e Portugal para concorrer conxuntamente a licitacións de maior envergadura.

  • Capacitación: organización de talleres e xornadas formativas para dotar ás Pemes de coñecementos clave neste ámbito.

  • Identificación de oportunidades: acceso a información actualizada sobre licitacións públicas no espazo transfronteirizo.


O propósito deste encontro é dar a coñecer os servizos do proxecto, establecer unha primeira toma de contacto coas organizacións do territorio e explorar posibles vías de colaboración para difundir esta oportunidade entre o tecido empresarial.


Dende a organización animan ás entidades e empresas interesadas a participar nesta sesión informativa e agradecen a confirmación de asistencia a través dos seguintes medios:


• correo electrónico: gdrcostadamorte@gdrcostadamorte.com

• Telf.: 981 717 358


> Departamento de comunicación do GDR Costa da Morte

Para máis información:

- 981 71 73 58 (Centraliña) - www.gdrcostadamorte.com -Twitter: @GDRCostadamorte - gdrcostadamorte.wordpress.com - Tamén podes visitar a nosa páxina en Facebook


 
 
 

Comentarios


Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square

+ Info I 981 717 358

  • Black Facebook Icon
  • Black Instagram Icon
  • Black YouTube Icon

VIMIANZO

Edificio Servicios Múltiples.

Rúa A Torre, s/n

15129 - Vimianzo

T. 678 648 065

MALPICA DE BERGANTIÑOS

Centro Comarcal de Bergantiños.

A Camposa, s/n

15111 - Buño

T. 608 633 222

xunta.jpg
MAPA.Gob.Web.gif
bottom of page