top of page

Xornada menús de temporada calor para comedores saudables e sostibles


Vimianzo, 21 de outubro de 2021

No día de onte ás 17 horas, no Centro Sociocultural de Baio tivo lugar a primeira xornada presencial do ano no marco do proxecto de Ecocomedores Escolares da Costa da Morte. Proxecto que, a través do GDR, trata de poñer en común os produtores locais cos comedores escolares que aínda teñen cociña e non dependen de empresas externas para ofrecer comidas aos alumnos dos centros de ensino da zona.

Nani Moré, representante da Asociación “Menjadors Ecologics” foi a encargada de dirixir esta xornada na que tiveron presencia en torno a unha vintena de persoas entre representantes de centros de ensino e produtores do territorio.

A xornada centrouse principalmente, na presentación das propostas de menús escolares adaptados ao territorio, tentando que os centros de ensino adapten os seus menús á dispoñibilidade de produtos de proximidade e de temporada e sempre centrados en seguir un sistema que permita abaratar custos, mellorar o equilibrio nutricional e educar o padal dos escolares, así como a colaboración cos produtores máis próximos dando prioridade ás producións ecolóxicas e sustentables.

O proxecto pretende dar un paso máis nos seus obxectivos, pechando os compromisos de colaboración entre colexios e produtores para o vindeiro curso e poder así plasmar na realidade todo o que se estivo a traballar nestes últimos dous anos de percorrido da iniciativa na Costa da Morte.


 

> Departamento de comunicación do GDR Costa da Morte

Para máis información:

- 981 71 73 58 (Centraliña) - www.gdrcostadamorte.com -Twitter: @GDRCostadamorte - gdrcostadamorte.wordpress.com - Tamén podes visitar a nosa páxina en Facebook

 
Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square
bottom of page