top of page

Xa está en marcha o programa formativo do GDR Costa da Morte para o ano 2025

  • Foto del escritor: Admin
    Admin
  • hace 1 día
  • 1 Min. de lectura

Vimianzo, 16 de xuño de 2025


O GDR Costa da Morte continúa co seu plan formativo destinado a apoiar a profesionalización, modernización e sustentabilidade das explotacións agrarias na comarca.


Neste momento están en marcha tres cursos prácticos, que están a ter unha moi boa acollida:


  • Caderno Dixital Agrario — iniciado o 11 de xuño en Dumbría: destinado a formar nas últimas ferramentas de xestión, así como aclarar dúbidas na aplicación desta nova obriga legal nas explotacións.


  • Transición da Agricultura Convencional á Ecolóxica — iniciado o 5 de xuño na Laracha: formación centrada nas alternativas máis respectuosas co medio ambiente, aumentando así o valor engadido das producións.


  • Transición da Agricultura Convencional á Ecolóxica — iniciado o 10 de xuño en Muxía: asesoramento técnico para apoiar o paso hacia a certificación ecolóxica das explotacións.


Esta formación é de balde, con prazas limitadas, e forma parte do Programa LEADER PEPAC 2023-2027, que o GDR Costa da Morte leva a cabo para contribuír ao desenvolvemento económico, social e medioambiental do territorio.


Esta iniciativa enmárcase na estratexia do GDR Costa da Morte para promover a sustentabilidade, o emprendemento e a valorización do medio rural, dentro do programa LEADER PEPAC 2023-2027.




Máis información e inscricións:

> Departamento de comunicación do GDR Costa da Morte

Para máis información:

- 981 71 73 58 (Centraliña) - www.gdrcostadamorte.com -Twitter: @GDRCostadamorte - gdrcostadamorte.wordpress.com - Tamén podes visitar a nosa páxina en Facebook



 
 
 

Comments


Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square

+ Info I 981 717 358

  • Black Facebook Icon
  • Black Instagram Icon
  • Black YouTube Icon

VIMIANZO

Edificio Servicios Múltiples.

Rúa A Torre, s/n

15129 - Vimianzo

T. 678 648 065

MALPICA DE BERGANTIÑOS

Centro Comarcal de Bergantiños.

A Camposa, s/n

15111 - Buño

T. 608 633 222

xunta.jpg
MAPA.Gob.Web.gif
bottom of page