Visita institucional á empresa Savelo, S.L., beneficiaria dunha axuda do Programa Leader 2014-2020
- Admin
- 7 jul
- 1 Min. de lectura
Vimianzo, 7 de xullo de 2025
A empresa “Savelo, S.L.”, situada no polígono industrial de Bértoa (Carballo), recibiu o pasado venres 4 de xullo, a visita institucional da directora e da subdirectora da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), acompañadas polo alcalde e outros representantes do Concello de Carballo e do Presidente e Xerente do Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte.
Durante a visita, coñeceron de primeira man o proxecto empresarial levado a cabo coa axuda do Plan Leader 2014-2020, que supuxo un investimento total de 532.617,02 euros, cunha axuda pública de 125.000 euros. Grazas a esta actuación a empresa modernizou e ampliou as súas instalacións construíndo unha nova nave industrial destinada á fabricación de produtos de limpeza, perfumaría e droguería, contribuíndo ao fortalecemento do tecido empresarial do concello.
O proxecto permitiu a creación dun novo posto de traballo e o mantemento doutros oito, consolidando así o compromiso de Savelo, S.L. co desenvolvemento económico e social do territorio.
Esta visita institucional pon en valor a importancia do programa Leader como ferramenta clave para dinamizar o rural galego, apoiando iniciativas emprendedoras que xeran emprego e riqueza no medio rural.
> Departamento de comunicación do GDR Costa da Morte
Para máis información:
- 981 71 73 58 (Centraliña) - www.gdrcostadamorte.com -Twitter: @GDRCostadamorte - gdrcostadamorte.wordpress.com - Tamén podes visitar a nosa páxina en Facebook

































Comentarios