top of page

Presentación do proxecto de cooperación "Comedores Responsables km 0"

  • Foto del escritor: Admin
    Admin
  • 24 sept
  • 2 Min. de lectura

Vimianzo, 24 de setembro de 2025


ree

No día de onte, 23 de setembro de 2025, a sede do GDR Terras de Compostela acolleu a presentación oficial do proxecto de cooperación Comedores Responsables KM0, unha iniciativa pioneira que busca impulsar o consumo de produtos locais e de tempada nos comedores de colectividades de Galicia.

O proxecto está coordinado pola "Asociación Terras de Compostela" e financiado no marco do convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e os Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR). Desenvolverase ao longo dos anos 2025, 2026 e 2027.


Participantes institucionais

Na presentación participaron representantes da Xunta de Galicia e dos distintos GDRs participantes, entre os que destaca a presenza de: Dª. Paz Rodríguez Rivera, directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Consellería do Medio Rural); Dª. Sagrario Pérez Castellanos, subdirectora xeral de Estilos de Vida Saudables (Consellería de Sanidade); Dª. Francisca Gago Guillán, subdirectora de Relacións cos GDR (AGADER) e Dª. María Inés Monteagudo Romero, xefa da área de Seguimento e Control de Programas.


Aliñado coa normativa europea e estatal

O programa Comedores Responsables KM0 enmárcase na Estratexia Europea “Da Granxa á Mesa” e na nova normativa estatal que regula a introdución de alimentos frescos, locais e sostibles nos comedores colectivos.

O Real Decreto 315/2025, de 15 de abril, establece que, a partir de abril de 2026, os comedores escolares deberán incorporar unha porcentaxe significativa de froitas e verduras de tempada e de proximidade ou ecolóxicas.

Conscientes do impacto desta medida na xestión diaria dos centros, o proxecto nace co obxectivo de informar, formar e acompañar escolas, residencias e outros comedores colectivos na transición cara a un modelo alimentario máis sostible, saudable e respectuoso co medio rural galego.


Apoio ao medio rural e ao tecido produtivo

“Trátase dunha oportunidade para dinamizar o noso medio rural, reforzando o papel dos produtores locais, pequenos transformadores e empresas agroalimentarias, ao tempo que se promove unha alimentación máis saudable para a cidadanía”, subliñou a presidenta do GDR Terras de Compostela durante a presentación.


O programa estrutúrase en tres piares fundamentais:

1. Potenciar o consumo local fronte ao global.

2. Contribuír ao desenvolvemento económico e social do rural.

3. Promover un modelo de consumo sostible que favoreza unha sociedade máis sa.


Un proxecto colectivo para unha sociedade mellor

Os GDR implicados destacaron que se trata dun proxecto de cooperación, no que se suman esforzos para crear sinerxías entre administracións, centros educativos, produtores e familias, co obxectivo de construír un modelo alimentario máis xusto e equilibrado.


Ademais, ao longo do mes de outubro realizaranse presentacións do programa en cada un dos Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia, para dar a coñecer os detalles a todos os colectivos implicados.


> Departamento de comunicación do GDR Costa da Morte 

Para máis información:

- 981 71 73 58 (Centraliña)

-Twitter: @GDRCostadamorte

- Tamén podes visitar a nosa páxina en Facebook

 
 
 

Comentarios


Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square

+ Info I 981 717 358

  • Black Facebook Icon
  • Black Instagram Icon
  • Black YouTube Icon

VIMIANZO

Edificio Servicios Múltiples.

Rúa A Torre, s/n

15129 - Vimianzo

T. 678 648 065

MALPICA DE BERGANTIÑOS

Centro Comarcal de Bergantiños.

A Camposa, s/n

15111 - Buño

T. 608 633 222

xunta.jpg
MAPA.Gob.Web.gif
bottom of page