top of page

Paisaxes Intelixentes: Recuperación do Monte Veciñal de Montecelos




Vimianzo, 19 de abril de 2023


O GDR Costa da Morte, representado polo seu Presidente, Manuel Muíño Espasandín, asinou un convenio de colaboración no marco do proxecto de Cooperación “Paisaxes Intelixentes” coa “Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Montecelos”, co obxecto da recuperación dunha parte do Monte Veciñal de Montecelos (Vimianzo), levando a cabo unha plantación de herba para pastos (variedades “Ray Inglés” e “Dáctilo”) para un aproveitamento con gandería autóctona en extensivo.

No acto de sinatura o GDR entregou á Comunidade as sementes de ditas variedades de herba.

A recuperación levarase a cabo nunha extensión de entre 8 e 10 hectáreas de superficie do monte veciñal, que estaba cuberta de toxo e outras matogueiras. Os pastos servirán para o seu aproveitamento polo gando vacún de raza vienesa da Comunidade que tamén servirá para crear un cinto verde de protección e prevención de incendios nesta superficie do monte.


No proxecto “Paisaxes Intelixentes” participa o GDR Costa da Morte xunto con outros 4 GDRs galegos: Asociación de Desenvolvemento Ribeira Sacra - Courel; Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes; Asociación de Desenvolvemento Rural Terras de Compostela e Asociación de Desenvolvemento Local Deloa.


 

> Departamento de comunicación do GDR Costa da Morte

Para máis información:

- 981 71 73 58 (Centraliña) - www.gdrcostadamorte.com -Twitter: @GDRCostadamorte - gdrcostadamorte.wordpress.com - Tamén podes visitar a nosa páxina en Facebook


Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square
bottom of page