Paisaxes Intelixentes: Parcelas experimentais de faba e millo negro en Coristanco
Vimianzo, 05 de abril de 2023
No día de hoxe o GDR Costa da Morte, representado polo seu Presidente, Manuel Muíño Espasandín, asinou un convenio de colaboración no marco do proxecto de Cooperación “Paisaxes Intelixentes” coa empresa “La Despensa D´Lujo, SL”, co obxecto de poñer en marcha sendas parcelas experimentais de dúas variedades de faba coas denominacións “Faba do Marisco” e “Faba de Lourenzá Galaica” e dunha variedade de millo negro coa denominación “Millo Negro Oubiña”. No acto de sinatura o GDR entregou á empresa as sementes de ditas variedades.
Os campos de ensaio destes produtos levaranse a cabo na explotación da empresa localizada en O Ribeiro, no termo municipal de Coristanco e servirán para estudiar as aptitudes destas producións no territorio, as súas características organolépticas e a posibilidade de multiplicación para replicar noutras parcelas no marco do proxecto de cooperación.
No proxecto “Paisaxes Intelixentes” participa o GDR Costa da Morte xunto con outros 4 GDRs galegos: Asociación de Desenvolvemento Ribeira Sacra - Courel; Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes; Asociación de Desenvolvemento Rural Terras de Compostela e Asociación de Desenvolvemento Local Deloa.
> Departamento de comunicación do GDR Costa da Morte
Para máis información:
- 981 71 73 58 (Centraliña) - www.gdrcostadamorte.com -Twitter: @GDRCostadamorte - gdrcostadamorte.wordpress.com - Tamén podes visitar a nosa páxina en Facebook
Kommentare