top of page

Paisaxes Intelixentes: Parcelas experimentais de distintas variedades de tomate e pemento




Vimianzo, 26 de abril de 2023


O pasado venres 21 de abril de 2023 o GDR Costa da Morte, asinou sendos convenios de colaboración con varios produtores de horta do territorio no marco do proxecto de Cooperación “Paisaxes Intelixentes”, co obxecto de poñer en marcha parcelas experimentais das variedades de tomate “Negro de Santiago”, “Abuela de Osedo”, “Taller de Lubre” e de pemento “Entenza” e “Guláns”. No acto de sinatura celebrado nas instalacións do CPR EFA Fonteboa en Coristanco, o GDR entregou a cada produtor os plantóns das variedades solicitadas por cada un deles segundo o expresado en conversas previas a este acto e na xuntanza de presentación do proxecto do pasado 28 de marzo.


Os semilleiros para producir os plantóns foron realizados polos técnicos do CPR EFA Fonteboa, entidade coa cal os GDRs de Costa da Morte e Ordes manteñen un acordo de colaboración para o desenvolvemento e seguimento destas producións, no marco deste proxecto de cooperación.


Os campos de ensaio destes produtos levaranse a cabo nas explotacións de cada un dos produtores participantes, en parcelas debidamente identificadas.

Con estas plantacións preténdese estudiar as aptitudes destas producións no territorio e as súas características organolépticas en comparación con variedades comerciais utilizadas habitualmente e a posibilidade de multiplicación para replicar estas producións noutras parcelas do territorio ou dos territorios do resto de Grupos participantes no proxecto de cooperación.


No proxecto “Paisaxes Intelixentes” participa o GDR Costa da Morte xunto con outros 4 GDRs galegos: Asociación de Desenvolvemento Ribeira Sacra - Courel; Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes; Asociación de Desenvolvemento Rural Terras de Compostela e Asociación de Desenvolvemento Local Deloa.


 

> Departamento de comunicación do GDR Costa da Morte

Para máis información:

- 981 71 73 58 (Centraliña) - www.gdrcostadamorte.com -Twitter: @GDRCostadamorte - gdrcostadamorte.wordpress.com - Tamén podes visitar a nosa páxina en Facebook


Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square
bottom of page