Obradoiro de Conservas Vexetais en Coristanco
- Admin
- 5 sept
- 2 Min. de lectura
Vimianzo, 5 de setembro de 2025
Continuando coa programación formativa prevista para a presente anualidade, o GDR Costa da Morte organiza un novo curso práctico sobre Conservas Vexetais, que se iniciará o vindeiro xoves 18 de setembro e desenvolverase no Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa (Coristanco), en horario de tarde.
O obradorio está dirixido a persoas e/ou profesionais do sector agrario que desexen aprender os principios da elaboración de conservas vexetais; dominar os métodos de esterilización e envasado de alimentos; elaborar encurtidos, produtos deshidratados e fermentados; entre outras moitas cousas que se levarán a cabo durante a súa realización.
Esta acción formativa comezará o 18 de setembro e estenderanse ata o 16 de outubro en horario de tarde (16:00 h - 20:00 h) celebrándose unha xornada por semana coa seguinte distribución e programa:
Introdución e Bases: xoves 18/09/2025; horario de 16:00 a 20:00 horas
Técnicas de Conservación: xoves 25/09/2025; horario de 16:00 a 20:00 horas
Deshidratado: xoves 02/10/2025; horario de 16:00 a 20:00 horas
Fermentación e Marmelos: xoves 09/10/2025; horario de 16:00 a 20:00 horas
Aplicacións e peche do curso: xoves 16/10/2025; horario de 16:00 a 20:00 horas
O curso é gratuito, con prazas limitadas, e require INSCRICIÓN PREVIA.
Esta iniciativa enmárcase na estratexia do GDR Costa da Morte para promover a sustentabilidade, o emprendemento e a valorización do medio rural, dentro do programa LEADER PEPAC 2023-2027.
Máis información e inscricións:
> Departamento de comunicación do GDR Costa da Morte
Para máis información:
- 981 71 73 58 (Centraliña) - www.gdrcostadamorte.com -Twitter: @GDRCostadamorte - gdrcostadamorte.wordpress.com - Tamén podes visitar a nosa páxina en Facebook



































Comentarios