top of page

O próximo xoves, 3 de xuño, remata o prazo da convocatoria de axudas Leader 2021-2022

Vimianzo, 31 de maio de 2021


Quedan poucos días xa para o remate do prazo para a presentación de solicitudes de axudas da convocatoria de subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo) da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2021 e 2022, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.


Os interesados teñen de prazo ata o vindeiro 3 de xuño para presentar as solicitudes, que no noso ámbito de actuación (territorio Costa da Morte) deberán ser dirixidas ao Grupo "Asociación Costa da Morte - GDR". Así mesmo, deberán presentarse co formulario e coa documentación prevista nas bases reguladoras desta convocatoria e segundo os Criterios e Normas de xestión do GDR.


Proxectos subvencionables


Serán subvencionables proxectos de natureza produtiva que supoñan a realización dunha actividade económica con fins lucrativos e tamén proxectos de natureza non produtiva, consistentes na realización dunha actividade que sexa de interese público ou colectivo. A concesión das axudas tramitarase en réxime de concorrencia competitiva a través de cada GDR.

 

> Departamento de comunicación do GDR Costa da Morte

Para máis información:

- 981 71 73 58 (Centraliña) - www.gdrcostadamorte.com -Twitter: @GDRCostadamorte - gdrcostadamorte.wordpress.com - Tamén podes visitar a nosa páxina en Facebook

 
Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square
bottom of page