O GDR Costa da Morte presenta os vídeos do proxecto "Tierra de Oportunidades 2025" en Baio
- Admin
- 28 nov 2025
- 1 Min. de lectura
Vimianzo 27 de novembro de 2025
A Asociación Costa da Morte GDR, co financiamento de Caixabank, celebrará o próximo 2 de decembro, ás 19:00 h, no Centro Sociocultural de Baio (Zas), o acto de presentación dos vídeos do proxecto "Tierra de Oportunidades 2025 – Costa da Morte".
O evento abrirase coa intervención de Manuel Muíño Espasandín, presidente do GDR Costa da Morte, quen presentará o acto e dará a benvida ás persoas asistentes. A continuación terá lugar unha mesa redonda sobre axudas públicas, moderada por Dolores Pena Pena (representante de Afiprodel), na que participarán:
• Rosa Sánchez Martínez, ADL do Concello de Vimianzo
• Guillermo González Díez, xerente do GALP Costa da Morte
• José Antonio Vila García, xerente do GDR Costa da Morte
Tras o coloquio, o público poderá ver en primicia os vídeos elaborados no marco do proxecto, acompañados dunha conversa cos seus protagonistas: Ana Trasariz, Casa da Marola, Despensa D’Lujo, Espazo Nature e Lar de Canedo.
O peche institucional correrá a cargo de Rafael Suárez Pais, en representación de CaixaBank. O encontro rematará cun tempo de conversa informal e un pequeno aperitivo.
A participación é gratuíta, mais cómpre confirmar asistencia antes do 28 de novembro a través do correo gdrcostadamorte@gdrcostadamorte.com ou nos teléfonos 981 717 358 e 678 648 065.
O GDR Costa da Morte anima á cidadanía a asistir a esta xornada que pon en valor o talento emprendedor e as oportunidades de futuro do territorio.
Máis información en:




































Comentarios