top of page

O GDR Costa da Morte pon en marcha un programa de cursos formativos gratuítos ao longo de 2025

  • Foto del escritor: Admin
    Admin
  • 16 may
  • 1 Min. de lectura

Vimianzo, 16 de maio de 2025


O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Costa da Morte lanza unha nova programación de formacións prácticas dirixidas a persoas emprendedoras, produtoras e profesionais do medio rural, que se desenvolverán ao longo de todo o ano 2025 en distintos concellos do territorio.


A oferta formativa abrangue tres áreas clave:


Caderno Dixital Agrario: cursos orientados a ensinar o manexo do caderno de campo dixital, ferramenta xa obrigatoria para moitas explotacións agrarias.

Elaboración de Conservas Vexetais: obradoiros prácticos sobre técnicas de conservación, seguridade alimentaria e etiquetado de produtos vexetais elaborados artesanalmente.

Transición da Agricultura Convencional á Ecolóxica: formación técnica centrada nos procesos, requisitos normativos e oportunidades que ofrece a agricultura ecolóxica.


As accións formativas comezarán en xuño e estenderanse ata outubro. Os cursos son de balde, con prazas limitadas, e requiren inscrición previa. Xa están abertas as inscricións para os primeiros talleres, que terán lugar en:


Esta iniciativa enmárcase na estratexia do GDR Costa da Morte para promover a sustentabilidade, o emprendemento e a valorización do medio rural, dentro do programa LEADER PEPAC 2023-2027.




Máis información e inscricións:

> Departamento de comunicación do GDR Costa da Morte

Para máis información:

- 981 71 73 58 (Centraliña) - www.gdrcostadamorte.com -Twitter: @GDRCostadamorte - gdrcostadamorte.wordpress.com - Tamén podes visitar a nosa páxina en Facebook



 
 
 

Comments


Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square

+ Info I 981 717 358

  • Black Facebook Icon
  • Black Instagram Icon
  • Black YouTube Icon

VIMIANZO

Edificio Servicios Múltiples.

Rúa A Torre, s/n

15129 - Vimianzo

T. 678 648 065

MALPICA DE BERGANTIÑOS

Centro Comarcal de Bergantiños.

A Camposa, s/n

15111 - Buño

T. 608 633 222

xunta.jpg
MAPA.Gob.Web.gif
bottom of page