top of page

O GDR Costa da Morte aprobou a proposta de selección de proxectos para a convocatoria Leader 2021-22

Vimianzo, 21 de xullo de 2021. A Xunta Directiva da Asociación Costa da Morte - GDR, presidida por Manuel Muíño, celebrada o 20 de xullo de 2021, revisou as solicitudes de axuda presentadas ata o 03/06/2021 ao abeiro do Programa Leader 2014-2020 para a convocatoria 2021-2022, e tomou os seguintes acordos:

1.- Proxectos Non Produtivos Seleccionados:

1.- “Suministro de material informático para Aula Informática do Edificio de Servizos Múltiples”, en San Roque (Coristanco). O orzamento admitido ascende a 13.697,15€, e o importe da axuda sitúase nos 11.615,18€.

2.- “Elaboración da numeración dixital do concello de Ponteceso”, en Ponteceso. O orzamento admitido ascende a 56.019,31€, e o importe da axuda sitúase nos 38.000,00€.

3.- “Dotación equipamento para aulas de formación e punto de acceso a internet” en Cee. O orzamento admitido ascende a 17.667,58€, e o importe da axuda sitúase nos 13.356,69€.

4.- “Intervención arqueolóxica no Camiño de Pedra do Altar en Brandomil”, en Brandomil (Zas). O orzamento admitido ascende a 7.980,16€, e o importe da axuda sitúase nos 5.234,98€.


2.- Proxectos Produtivos Seleccionados:

1.- “Ampliación Centro Canino en Brandomil”, en Brandomil (Zas). O orzamento admitido ascende a 422.100,00€, e o importe da axuda sitúase nos 125.000,00€.

2.- “Ampliación Comercio de Maquinaria e Ferretería”, en San Roque (Coristanco). O orzamento admitido ascende a 159.670,25€, e o importe da axuda sitúase nos 55.565,25€.

3.- “Creación Pensión de 3 estrelas”, en Os Muíños (Muxía). O orzamento admitido ascende a 218.950,00€, e o importe da axuda sitúase nos 74.443,00€.

4.- “Casa de Turismo Rural en Cillobre”, (A Laracha). O orzamento admitido ascende a 370.436,25€, e o importe da axuda sitúase nos 121.503,09€.

5.-“Construción de planta de tratamento de residuos no Polígono Industrial de Cee”. O orzamento admitido ascende a 204.067,82€, e o importe da axuda sitúase nos 65.301,70€.


O montante de investimento aceptado destes 5 proxectos produtivos ascende a 1.375.224,32€, a axuda concedida 441.813,04€, o emprego a consolidar 16,01 UTAs e o emprego a crear 6,5 UTAs.


3.- Proxectos Produtivos en Lista de Agarda:

Quedaron en lista de agarda outros 6 Proxectos:

1.- “Campamento de Turismo Air-Fervenza” (Dumbría)

2.- “O Calamar Xigante Casa Rural Eco-Sostible en Galicia” (Carnota)

3.- “Creación de empresa auxiliar de servizos de instalación de tubería” (Corcubión)

4.-“Proxecto de melloras tecnolóxicas en planta de pensos compostos” (Vimianzo)

5.-“Lavandería Autoservizo” (Ponteceso)

6.- “Spa Hotel Áncora” (Fisterra)


4.- Proxectos Excluídos:

Excluíronse 5 proxectos:

- 2 por desistencia dos promotores

- 1 por non presentar a documentación requirida

- 1 por non ser elixible ao abeiro das fichas de elixibilidade das bases

- 1 porque os gastos propostos no orzamento do proxecto non son subvencionables


5.- Proxectos que desistiron expresamente para esta convocatoria:

Houbo 2 proxectos que non aceptaron a axuda proposta e desistiron expresamente para esta convocatoria.


Enviouse a AGADER a proposta de selección/non selección dos proxectos para que emita as resolucións correspondentes a esta convocatoria e llas enviase aos promotores.


 

> Departamento de comunicación do GDR Costa da Morte

Para máis información:

- 981 71 73 58 (Centraliña) - www.gdrcostadamorte.com -Twitter: @GDRCostadamorte - gdrcostadamorte.wordpress.com - Tamén podes visitar a nosa páxina en Facebook

 
Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square
bottom of page