O GDR Costa da Morte aprobou a proposta de selección de proxectos non produtivos da convocatoria Leader PEPAC 2025-2026
- Admin
- 1 ago
- 2 Min. de lectura
Vimianzo, 1 de agosto de 2025
A Xunta Directiva da Asociación Costa da Morte - GDR, presidida por Manuel Muíño, na sesión celebrada o pasado 30 de xullo de 2025, revisou as solicitudes de axuda presentadas na convocatoria 2025-2026 ao abeiro do Programa Leader PEPAC 2023-2027 e tomou, entre outros, os seguintes acordos:
1.- Proposta de Aprobación dos Proxectos Non Produtivos Públicos seleccionados:
TÍTULO PROXECTO | PROMOTOR | INVESTIMENTO | AXUDA PROPOSTA |
Deseño e desenvolvemento de nova web do Concello de Coristanco | Concello de Coristanco | 10.587,50 € | 8.512,35 € |
Nova web do Concello de Zas | Concello de Zas | 15.004,00 € | 10.000,00 € |
Aula Audiovisual Dixital en Olveira | Concello de Dumbría | 17.908,00 € | 14.254,77 € |
Centro de Envellecemento Activo e saudable en Orbellido | Concello de Vimianzo | 25.842,45 € | 19.847,00 € |
Obras de acondicionamento interior para aula de formación en Corcoesto | Concello de Cabana de Bergantiños | 27.723,23 € | 20.736,98 € |
Portal web do Concello de Cee | Concello de Cee | 12.100,00 € | 8.857,20 € |
Adaptación do salón de actos da Casa da Cultura para a realización de congresos e actividades | Concello de Corcubión | 18.016,90 € | 13.116,30 € |
Proxecto de desenvolvemento da aplicación informática para a inscrición nos servizos e nas actividades culturais e deportivas municipais | Concello da Laracha | 23.232,00 € | 10.000,00 € |
Rehabilitación e Recuperación das Fontes e Lavadoiro do Bieiteiro, no Concello de Laxe | Concello de Laxe | 15.606,24 € | 7.483,24 € |
TOTAL | 166.020,32 € | 112.807,84 € |
2.- Proposta de Aprobación dos Proxectos Non Produtivos Privados Seleccionados:
TÍTULO PROXECTO | PROMOTOR | INVESTIMENTO | AXUDA PROPOSTA |
Acondicionamento de local do teleclub de Buño como centro de inclusión para combater a soidade non desexada no medio rural (programa acompáña-te no rural) | Asociación Cultural Progreso | 73.948,79 € | 38.000,00 € |
3.- Proxectos Non Produtivos en Lista de Agarda:
Por falta de fondos para proxectos non produtivos de carácter público, quedaron en lista de agarda outros 2 proxectos:
1.- “Rehabilitación de muro medianero na Casa do Concello” (Concello de Fisterra)
2.- “Pan de Carballo, produto artesán” (Concello de Carballo)
Enviouse a AGADER a proposta de selección/non selección dos proxectos detallados anteriormente para que emita as resolucións correspondentes a esta convocatoria e llas envíe a cada unha das entidades promotoras.
4.- Proxectos Produtivos.
Por outra parte, presentouse nesta xuntanza a relación de proxectos de carácter produtivo presentados á convocatoria LEADER PEPAC 2025-2026, proxectos que xa están revisados polo equipo técnico do GDR e remitidos a AGADER para a verificación dos correspondentes informes de elixibilidade. Estes expedientes serán sometidos a aprobación pola Xunta Directiva unha vez que a Axencia remita as verificacións dos proxectos ao GDR.
> Departamento de comunicación do GDR Costa da Morte
Para máis información:
- 981 71 73 58 (Centraliña) - www.gdrcostadamorte.com -Twitter: @GDRCostadamorte - gdrcostadamorte.wordpress.com - Tamén podes visitar a nosa páxina en Facebook
































Comentarios