top of page

O GDR aprobou a modificación do cadro financeiro das axudas LEADER convocatoria 2023-2024

Vimianzo, 3 de marzo de 2023


A Xunta Directiva da Asociación Costa da Morte GDR -presidida por Manuel Muíño- na reunión celebrada no día de onte, xoves 2 de marzo, adoptou o acordo de modificar o cadro financeiro da convocatoria 2023-2024. Segundo a comunicación recibida de AGADER con data 24 de febreiro de 2023, os Grupos teñen a posibilidade de modificar os cadros financeiros unha vez pechado o prazo para as solicitudes desta convocatoria 2023-2024, no sentido de adaptalo para cubrir a necesidade de fondos segundo as distintas tipoloxías de proxectos presentados.

Unha vez vistos os expedientes presentados á Asociación Costa da Morte – GDR (GDR 22) na convocatoria 2023-2024 obsérvase que existe un exceso de fondos en Proxectos Non Produtivos de Entidades Públicas Locais xa que non se presentaron suficientes solicitudes de axuda para proxectos nesta tipoloxía. De esta forma, para poder optimizar o aproveitamento dos fondos do programa acordouse traspasar eses fondos sobrantes de proxectos Non Produtivos de Entidades Públicas (106.700,28 €) para proxectos Non Produtivos de Entidades Privadas e para Proxectos Produtivos, quedando a distribución de fondos como segue:


Proxectos produtivos: 514.405,73 €

Proxectos non produtivos Entidades Públicas: 51.199,80 €

Proxectos non produtivos Entidades Privadas: 65.994,78 €


A axuda dos proxectos repartirase entre as dúas anualidades da convocatoria 2023-2024 mantendo a distribución orixinal establecida no convenio coa Axencia Galega de Desenvolvemento Rural: 126.320,06 € para a anualidade 2023 e 505.280,25 € para a anualidade 2024.

 

> Departamento de comunicación do GDR Costa da Morte

Para máis información:

- 981 71 73 58 (Centraliña) - www.gdrcostadamorte.com -Twitter: @GDRCostadamorte - gdrcostadamorte.wordpress.com - Tamén podes visitar a nosa páxina en Facebook

 
Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square
bottom of page