Novo curso sobre o Caderno Dixital Agrario en Cabana de Bergantiños
- Admin
- 6 jun
- 1 Min. de lectura
Vimianzo, 6 de xuño de 2025
O GDR Costa da Morte continúa coa súa programación formativa para este 2025 cun novo curso práctico sobre o Caderno Dixital Agrario, que se iniciará o mércores 2 de xullo no Local Social de A Mata en Cabana de Bergantiños, en horario de tarde.
A sesión está dirixida a persoas agricultoras e gandeiras que desexen aprender a utilizar esta ferramenta obrigatoria para a xestión das explotacións, coñecer os requisitos normativos actuais e resolver dúbidas prácticas sobre a súa aplicación.
Esta acción formativa comezará o 2 de xullo e estenderanse ata o 23 de xullo en horario de tarde (15:00 h - 19:00 h) celebrándose unha xornada por semana coa seguinte distribución e programa:
Introdución e Fundamentos: mércores 02/07/2025; horario de 15:00 a 19:00 horas
Uso de Software e Ferramentas: mércores 09/07/2025; horario de 15:00 a 19:00 horas
Uso de Software e Ferramentas: mércores 16/07/2025; horario de 15:00 a 19:00 horas
Análise e Optimización: mércores 23/07/2025; horario de 15:00 a 18:00 horas
O curso é gratuito, con prazas limitadas, e require INSCRICIÓN PREVIA.
Esta iniciativa enmárcase na estratexia do GDR Costa da Morte para promover a sustentabilidade, o emprendemento e a valorización do medio rural, dentro do programa LEADER PEPAC 2023-2027.
Máis información e inscricións:
> Departamento de comunicación do GDR Costa da Morte
Para máis información:
- 981 71 73 58 (Centraliña) - www.gdrcostadamorte.com -Twitter: @GDRCostadamorte - gdrcostadamorte.wordpress.com - Tamén podes visitar a nosa páxina en Facebook



































Comentarios