top of page

FALADOIRO SOBRE XESTIÓN FORESTAL SOSTIBLE

Vimianzo, 25 de agosto de 2023


Dentro das accións enmarcadas no proxecto de Cooperación "Paisaxes Intelixentes" no que o GDR Costa da Morte participa xunto con outros 4 GDRs (Asociación de Desenvolvemento Ribeira Sacra - Courel; Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes; Asociación de Desenvolvemento Rural Terras de Compostela e Asociación de Desenvolvemento Local Deloa), levarase a cabo o primeiro dos faladoiros previstos para o vindeiro mes de setembro. Este primer faladoiro - "Xestión Forestal Sostible" - celebrarase o vindeiro xoves 7 de setembro ás 19:00 horas no Centro Social de Baio e centrarase en dar unha visión xeral sobre diversas estratexias para a administración e uso dos bosques e terreos forestais dunha maneira que manteñan a súa biodiversidade e o seu potencial para cumprir coas funcións pertinentes en materia social, económica e ecolóxica a nivel global sen causar danos a outros ecosistemas. As temáticas centrais deste faladoiro serán as seguintes:

  • Mercados de carbono para a xestión forestal. Poñente: Alba M. Devesa Fernández.

  • Certificación PEFC de xestión forestal e cadea de custodia de produtos forestais. Poñente: Elsa Grille Lorenzo. Xerente PEFC Galicia.

  • Os modelos silvícolas como ferramenta de xestión. Poñente: Érika Martínez Carreira. Directora Xeral da empresa FORESIN.

  • Exemplos de xestión forestal. Poñencias: CMVMV Baroña, Porto do Son (A Coruña); SOFOR Monte de Olveira, Dumbría (A Coruña).


Ao remate do acto ofrecerase un aperitivo aos asistentes.


INSCRICIÓNS EN: gdrcostadamorte@gdrcostadamorte.com / Telf: 981 71 73 58 / 678 64 80 65


DOCUMENTACIÓN:


 

> Departamento de comunicación do GDR Costa da Morte

Para máis información:

- 981 71 73 58 (Centraliña) - www.gdrcostadamorte.com -Twitter: @GDRCostadamorte - gdrcostadamorte.wordpress.com - Tamén podes visitar a nosa páxina en Facebook



Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square
bottom of page