Encontro Local "Comedores Responsables km 0"
- Admin
- 7 oct
- 1 Min. de lectura
Vimianzo, 7 de outubro de 2025

No marco do proxecto de cooperación "Comedores Responsables KM0" o GDR Costa da Morte organiza o vindeiro martes, 21 de outubro, ás 18:00 h, no Centro Sociocultural de Baio (Zas), un encontro dirixido a persoas e entidades vinculadas coa produción, transformación e consumo de alimentos locais.
Esta iniciativa busca promover unha alimentación máis saudable, responsable e baseada en produtos de proximidade, creando un espazo de diálogo entre o sector produtivo, os centros de ensino e outros actores do territorio.
O encontro está especialmente pensado para produtores/as agrarios e gandeiros/as, elaboradores/as e comercializadores/as de produtos locais, así como para centros educativos ou de colectividades con cociña propia interesados en incorporar criterios de sustentabilidade e calidade nos seus comedores.
Durante a sesión falarase de:
Alimentación saudable e de proximidade
Nova normativa de seguridade alimentaria e nutrición (Real Decreto 31/2025)
Futuro sostible dos comedores de colectividades
Será un espazo para compartir experiencias, aprender e construír xuntos un modelo alimentario máis próximo, responsable e sostible.
Data: Martes, 21 de outubro – 18:00 h
Lugar: Centro Sociocultural de Baio (Zas)
Confirma a túa asistencia en gdrcostadamorte@gdrcostadamorte.com ou chamando ao teléfono 981 717 358.
> Departamento de comunicación do GDR Costa da Morte
Para máis información:
- 981 71 73 58 (Centraliña)
-Twitter: @GDRCostadamorte
- Tamén podes visitar a nosa páxina en Facebook
































Comentarios